"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Relativo ou pertencente ao Retiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao retorrománico.

    2. Lingua románica constituída por tres bloques dialectais (occidental, central e oriental), de área descontinua. Esténdese desde San Gottardo ata o Mar Adriático e son, de O a L: o retorrománico occidental ou rético; o ladino ou dolomítico, falado na rexión dos Dolomitas e no Trentino-Alto Adige; e o friulano, falado en Friuli. A pesar da gran fragmentación dialectal, os tres bloques dialectais comparten algunhas características fonéticas: a conservación do -S final latino (lat MURU/MUROS > retorrománico occidental mī/mīrs, retorrománico central mur/mures e retorrománico oriental mūr/mūres); a conservación do -L- dos grupos KL-, GL-, BL-, PL-, FL- iniciais (CLAVEM > occidental klaf, central kle e oriental klaf); e a palatalización de K, G, ante A (CABALLU > occidental chavals, central tšavál e oriental chavál; GALLINA > occidental dylínya, central dyalina ou yarina, e oriental dyalína. En 1885 fundouse a Societad Retoromontscha, que publicou uns Annalas e promoveu...

    3. Literatura cultivada nalgún dos dialectos retorrománicos. Dos occidentais, os que teñen máis tradición de cultivo literario son o sobresilvano e o ladino; dos orientais, o friulano. A primeira manifestación escrita é La Chanzun de la guerra dal Chastè d’Müsch (1527), de Gian Travers. O estoupido da Reforma, co enfrontamento contra o latín da Igrexa Católica, foi o estímulo dunha abundante produción literaria de carácter relixioso e apoloxético, con testamentos, catecismos e himnarios recompilados na Consolaziun dell’olma devotiusa (1690). Esta literatura, alternada con crónicas, lendas populares e algún tema clásico, dominou toda a produción literaria ata ben entrado o s XVIII. Durante os ss XVII e XVIII, sobresaen os nomes de Jon Martin, Johan Jüst Ander e o da poeta Mengia Wielanda, xunto coa edición da Biblia de Cuera (1717-19), La Passiun de sumvitg, La Passiun de Lumbrein e a Dertgira nauscha. Na fin do s XVIII, mingua a produción relixiosa...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresión que se di con segundas intencións.

    2. Habilidade para dicir o que un quere con dobre sentido e graza na expresión.

    3. Correa que se coloca por debaixo do rabo do cabalo para amarrar a sela.

    4. Xugo que se coloca na parte traseira do carro para frear nas costas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que unha moldura ou o conxunto de molduras que compoñen unha cornixa interrompan a súa dirección.

    2. Meter para dentro o muro que constitúe a fachada dun edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten ou implica retranca.

    2. Que ou quen actúa ou fala con retranca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Retirada do plano de fachada dun edificio respecto á aliñación oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de retransmitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen retransmite.

    2. repetidor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Volver transmitir.

    2. Emitir, sen gravacción previa, unha emisión que chega á emisora desde outro punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista sueco. Profesor en Lund e Estocolmo, ideou o concepto de índice cefálico ou cranial para poder clasificar as razas. Describiu o ganglio ciliar e a cavidade peritoneal que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista alemán. En Italia entrou en contacto con Lorenzo de Medici, mentres se perfeccionaba no estudo do grego e do hebreo. De volta en Heidelberg (1496), foi preceptor dos fillos do elector palatino e triunviro da Liga Sueca (1502). Estableceu para o grego a pronuncia reuchliniana, e escribiu Rudimenta linguae hebraicae (1518) e o tratado De accentibus et orthographia linguae hebraicae (1518). Ocupouse tamén das doutrinas místicas do xudaísmo en De arte cabbalistica (1517).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a J. Reuchlin.

    2. Pronuncia do grego antigo, defendida por J. Reuchlin, que coincide substancialmente coa pronuncia bizantina e moderna do grego. OBS: Tamén se denomina itacismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Circo de Artesanos Asociación fundada na Coruña en 1847 baixo a presidencia de Xurxo Yáñez. Desenvolveu a actividade cultural e política da cidade e constituíu un centro de reunión básico para o pulo dos acontecementos sociais. Destaca a súa biblioteca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Expoñente da bohemia estudantil de Leipzig, escribiu comedias satíricas ao estilo de Molière. Tamén é autor dunha divertida parodia das narracións de viaxes, titulada Schelmuffsky (1696-1697) e das obras Graf Ehrenfried (1700), Die frohlockende Spree (1703) e Letzter Zuruf (1705).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Director de produción de Tele 5. Licenciado en Ciencias da Información, completou a súa formación con estudos de xestión de empresas radiofónicas, xornalismo electrónico e produción de video e televisión. Comezou en Radio Lugo (SER) para logo pasar á CRTVG, onde ocupou diversos cargos, e a RNE, onde foi delegado territorial en Galicia. Subdirector de produción en Tele 5 (1992), traballou sucesivamente en Sogecable e Antena 3 TV (2001) para logo voltar a Tele 5 (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desquitar ou desquitarse.

    2. Oportunidade que se lle dá a alguén para resarcirse dunha ofensa ou dano recibido, especialmente en xogos ou deportes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coa súa primeira novela, De Avonden (As tardes, 1947) describiu o ambiente pechado da súa infancia. Cualificado de inmoral, trasladouse a Inglaterra e escribiu en inglés o libro de contos The Acrobat (1958). Destacan tamén as súas novelas Op weg naar het einde (Cara ao final, 1963) e Nader tot U (Máis preto de ti, 1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que reverbera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do latín reverianus ‘que é respectuoso’, de revereor ‘reverenciar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Foi bispo de Autun e morreu martirizado con dez compañeiros durante o mandato do Emperador Aureliano. A súa festividade celébrase o 1 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO