"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Erudito e político, I marqués de Molíns, vizconde de Rocamora e Grande de España. En 1836 deuse a coñecer como dramaturgo con Dona María de Molina (1836). Foi director da Real Academia Española desde 1865, membro do Partido Moderado, ministro de Comercio, Instrución e Obras Públicas (1847), de Mariña (1847-1849, 1849-1851, 1874-1875), de Estado (1879) e deputado polo distrito de Ferrol (1850-1851 e 1853-1854) e por outros distritos e provincias españolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, III marqués de Molíns, I marqués de Rocamora, III vizconde de Rocamora, fillo de Mariano Roca de Togores Carrasco. Pertenceu ao corpo diplomático e careceu de distrito electoral propio polo que representou a diversas provincias. En Galicia foi deputado polo distrito de Ponte Caldelas en dúas ocasións entre 1905 e 1910.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Rocas. A súa construción pode datar de 573 segundo consta nunha lápida conmemorativa atopada no lugar. Estivo abandonado durante séculos, e non foi redescuberto e rehabitado ata o s X. En 1007 o Rei Afonso V confirmou a posesión dos bens do mosteiro que doara Afonso III e neste documento constátase a restauración da vida monástica por parte do abade Gemondo. O s XII foi a época de máximo esplendor, a mediados do s XII sufriu varias reformas e nos ss XIV e XV iniciouse a súa decadencia. Pouco habitado e con escasas rendas, no s XV os Reis Católicos redactaron un documento para frear os abusos dos nobres, que ansiaban as terras do mosteiro, e finalmente incorporouse ao priorado de San Salvador de Celanova. Foi destruído por varios incendios, ardeu en 1641 pero foi restaurado, e en 1928 queimouse a igrexa do mosteiro, que non se restaurou. Escavado na rocha, na súa orixe, constaba dunha dobre nave aberta á rocha e posteriormente abríronse tres naves, realizadas durante...
-
PERSOEIRO
Nobre francesa, marquesa de Montespan. Foi favorita do Rei Luís XIV (1667-1679), con quen tivo oito fillos que foron lexitimados polo monarca. En 1691 deixou Versailles e retirouse a un convento que ela mesma fundara en París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Reflectiu o mundo da muller e os costumes contemporáneos nas súas novelas, moitas delas adaptadas ao cine. Destacan Le repos du guerrier (1958), Les petits enfants du siècle (1961), Quand tu vas chez les femmes (1982) e Le monde es comme deux chevaux (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Foi alumno de Boulanger e de J. Lefebvre. Influído polos simbolistas, foi o pintor de moda entre 1880 e 1900. Colaborou como debuxante en diversas revistas. Pintou Andrómaca e A loucura do rei Nabucodonosor.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado no val inferior do río Tinto (6.229 h [2001]). É un municipio vinícola, onde teñen especial sona os seus viños brancos de mesa. Destaca a ermida do Socorro, de estilo neoclásico.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Modalidade de música lixeira que xurdiu a mediados da década de 1950 en EE UU, de ritmo 4/4, fortemente acentuado nos tempos segundo e cuarto. Orixinariamente era unha versión branca do rythm and blues, propio dos negros estadounidenses. Coa aparición de intérpretes brancos, como Bill Haley e, sobre todo, Elvis Presley, acadou unha audiencia masiva. A finais desa década xa eran numerosos os intérpretes e os compositores, e estendeuse a Reino Unido, onde tivo unha grande implantación grazas aos grupos The Beatles, The Rolling Stones ou The Who. Impúxose como un dos sinais de identidade máis característicos da mocidade da época en Europa e noutros países do mundo.
-
Estilo de danza de 4 ou 6 tempos que se baila ao son da música homónima. Ten unha modalidade acrobática.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Comunidad Autónoma de Andalucía (4.212 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Europa Occidental, o máis longo de Francia. Nace ao pé do glaciar homónimo, a 1.750 m de altitude, nos Alpes suízos, e desemboca en delta, no Mediterráneo, entre Marsella e Sète. Ten un percorrido de 812 km e unha conca de 98 885 km2. Tras deixar os Alpes, atravesa as serras do Jura, en Lyon recolle as augas do Franco Condado e toma unha dirección meridiana, encaixándose entre os Alpes e o Macizo Central. Segue por Valais e pasa por Xenebra. Entra en Francia e en Génissiat move unha poderosa central eléctrica. Ata a confluencia co Ain mantén o réxime glacial de transición e en Lyon recibe o Saona. Desde este punto xa é o río máis poderoso de Francia. No seu traxecto meridiano recibe pola súa esquerda o Isère e Durance. Ao chegar ao comezo do delta, en Bellcaire, con 400 m de anchura, leva 1.710 m3/s moi equilibrados ao longo do ano, o que representa a integración dos réximes glaciaro, glaciaro de transición, nivo-glaciaro, pluvio-nival, pluvial oceánico e pluvial...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político alemán. Foi o primeiro representante alemán do socialismo teórico. Partindo da concepción ricardiana do valor traballo, introduciu a consideración de que se os salarios non aumentan proporcionalmente á produción, e poden orixinarse crises xerais do sistema a causa dunha superprodución.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e fotógrafo ruso. Participou no movemento non obxectivo dos construtivistas con K. Malevič e V. Tatlin. Creou unha serie de construcións para organizar ritmicamente o espazo a base de formas dinámicas. En 1921 incorporouse ao produtivismo (1921), onde experimentou coa fotografía subxectiva, os escorzos e as fotomontaxes (1923). Abandonou a fotografía en 1942.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Discípulo de Bertomeu Fernández, realizou fundamentalmente imaxinaría relixiosa. Das súas obras destacan Santa Filomena e a Virxe do Carme de San Xoán de Ortoño, as imaxes de Santa Bárbara e San Brais para o santuario da Nosa Señora dos Milagres de Amil (1850), posteriormente trasladadas á igrexa parroquial de San Mamede de Amil, e a Crucifixión da sancristía de Sigrás en Cambre (1866), onde introduciu o modelo iconográfico dos catro cravos na cruz. O seu obradoiro continuouno a súa filla Dolores Rodeiro Boado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Rhodesia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Rhodesia.
-
-
GALICIA
Xornalista. Foi colaboradora de Radiocadena Española, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, A Nosa Terra, Diario 16, Leer, El Europeo, El Independente, a CNN e a BBC. En 1988 ingresou en TVE e foi correspondente no centro e leste de Europa e en Oriente Medio. Escribiu La guerra sin frentes. De Bagdad a Sarajevo: memorias de una enviada especial (1998) e Acabar con el personaje (2005). Recibiu o Premio Galicia en Feminino á difusión da imaxe non discriminatoria das mulleres (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Discípulo de Jean-Baptiste Carpeaux, Bayre e Carrier-Belleuse, residiu en Bruxelas (1871-1875) como axudante de Carrier e como socio de Antoine-Joseph Van Rasbourg, con quen realizou o monumento ao burgomestre Loos do parque de Anveres. Posteriormente viaxou a Italia (1875), onde o impresionou a obra de Miguel Anxo. No Salon de 1877 a súa L’âge de bronze causou polémica, e no de 1879 o seu Jean-Baptiste foi premiado. En 1880 un encargo oficial permitiulle iniciar La porte de l’enfer, onde incorporou réplicas doutras obras que xa realizara pensando nela, como Penseur (1880), Baiser (1889) ou L’enfant prodigue (1889). Realizou os polémicos Monument à Victor Hugo (1897) e Monument à Balzac (1897) e o famoso grupo Monument aux bourgeois de Calais (1884-1886). Foi tamén un extraordinario retratista (Falguière, 1897) e da súa extensa produción destacan La fontaine (1885), onde prefigurou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo empresarial nacido en Vigo en 1974 co nome de Rodman Construciones Navales SA, que se dedica á construción de barcos de recreo e profesionais. O grupo está integrado por Rodman Polyships, SAU, Metalships & Docks, SAU, con sede en Vigo, e Conafi SA e Rodman Lusitania SA, con sede en Portugal. A súa actividade céntrase na construción naval en poliéster reforzado en fibra de vidro, que se realiza nas factorías de Meira (Moaña), Vila Real de Santo António (Portugal) e Valença do Miño (Portugal), e na construción e reparación de buques de aceiro, que se realiza nos estaleiros do grupo en Vigo.
-
PERSOEIRO
Patinadora. Entre 1969 e 1980 ocupou o primeiro lugar da patinaxe sobre xeo mundial. Primeiro formou parella con Alexei Ulanov co que foi campioa de Europa e do mundo de parellas entre 1969 e 1972, ademais de gañar o título olímpico en Sapporo (1972), e despois con Alexander Zaicev co que obtivo os títulos continentais e mundiais entre 1973 e 1980, e os olímpicos de Innsbruck (1976) e Lake Placid (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Arcebispo de Bourges (840), presidiu os concilios de Meaux (845) e Maguncia (848). Nicolao I concedeulle os títulos de primado e patriarca segundo unha carta apócrifa. A súa festividade celébrase o 21 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO