"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
GALICIA
Xurista. Licenciado en Dereito, foi maxistrado na Audiencia Provincial de Pontevedra e presidente da Audiencia Provincial de Salamanca (1985-1990). Presidiu o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (1990-1999) e foi maxistrado emérito do Tribunal Supremo (2001-2002). En 2002 converteuse en valedor do pobo de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla Castelao (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concertista e profesor de piano. Formado en Madrid con J. Forns e Conrado del Campo, ampliou os seus estudos en diversos países europeos e EE UU con recoñecidos pianistas, como A. Cortot, Schnabel e Backhaus. A partir de aí iniciou unha ampla xira de concertos que o levou a todo o mundo. Creador e director da serie La aventura de la música, para TVE, foi profesor do Conservatorio de Madrid e director do Liceo Musical de Alcalá de Henares. Recibiu o I Premio de Virtuosismo de Piano do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e escritor. Foi un dos fundadores do Museo Provincial de Lugo, que tamén dirixiu, ademais de secretario da Comisión Provincial de Monumentos. Escribiu Lugo bajo el Imperio Romano (1939), Fortalezas de Lugo y su provincia (1955-1973) e El lenguaje de las piedras (1971). Foi académico da Real Academia Galega e correspondente da Real Academia de la Historia e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e pintor. Coñecido como Luís Trabazo, ata 1936 exerceu como avogado, profesión que abandonou tras a Guerra Civil para dedicarse a pintar e a escribir. Redactor xefe da revista Misión, colaborou en diversas publicacións como Índice, Pueblo, Informaciones e La Región. Instalado en Ourense (1968), foi director do Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo. Publicou Violencia o razón (1969), Faílde (1972), Colmeiro (1974), o poemario Canción sobre el abismo (1975) e Piedra, barro, bronce (1978). Pintou paisaxes de cromatismo sobrio cun estilo postimpresionista e publicou monografías de arte.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Xuíz de Vigo, foi elixido alcalde días antes da ocupación francesa da cidade (1809). Organizou a resistencia interna de Vigo, sobre todo no referido aos recursos alimentarios, e artellou a resistencia dos concellos dos arredores. Mantívose como alcalde ata decembro de 1810. Foi oidor na Audiencia de Galicia e conselleiro do Real e Supremo Tribunal de Facenda.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Prehistoriador. Doutor en Historia e catedrático de Prehistoria e Etnoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, invetigou temas etnográficos e etnoarqueolóxicos, e as culturas prehistóricas do NO peninsular. Membro fundador do Grupo Galego de Traballo do Cuaternario e do Museo do Pobo Galego, pertence ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do SEG e do Grupo de Estudos Prehistóricos Padre Carballo. Confundador de Gallaecia, das súas numerosas obras destacan Os petroglifos de Galicia (1979), La cerámica campaniforme en Galicia (1982), Antepasados, guerreros y visiones: análisis antropológico del arte prehistórico en Galicia (1995), Etnoarqueología: conocer el pasado por medio del presente (2000) e Prehistoria de Galicia (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito, ingresou no corpo de inspectores de traballo en 1974. Integrouse no PSOE e en UGT en 1975 e no Congreso Constituínte do PSOE en Galicia (1977) foi elixido secretario xeral, cargo que ocupou en tres ocasións. Candidato á presidencia da Xunta de Galicia en 1981, foi deputado no Congreso (1977-2000) e senador pola Coruña desde 2000. Alcalde da Coruña (1983-2006), presidiu a Federación Española de Municipios y Provincias (1991-1995 e 2003-2006) e foi membro do Comité de Rexións da UE (1991-1995 e 2003). Foi nomeado embaixador na Cidade do Vaticano en 2006. Recibiu, entre outros galardóns, a Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica e foi nomeado cabaleiro da Orde do Imperio Británico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Vilaseco, realizou cadros costumistas, moitos deles doados ao Museo Municipal de Rodeiro. Fundador e expresidente da Asociación Artístico-Cultural de Pontevedra, foi cofundador e directivo da revista Contrastes. Cabaleiro da Real e Militar Orde de San Hermenexildo e da Serenísima Orde de Cabaleiros e Damas do Camiño de Santiago, recibiu a Medalla de Bronce de Galicia (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora e poeta. Colaborou en diversas revistas e xornais, baixo o nome de Chuny, e publicou os poemarios Las palabras se gastaron (1983), Poéticos mensajes (1985), El canto del sentimiento (1987), Estrella de fuego (1989), De un tiempo ya vivido (1989), Madre, quiero ser tu hija (1993) e Reflexiones (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Activo en Sevilla, colaborou na construción do catafalco de Filipe II (1598). Das súas obras destacan Resurrección, Muerte de Santo Hermenegildo e Escenas da vida de san Pedro Nolasco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gravador e prateiro. Realizou estampas de cores de temática relixiosa, das que destacan La Virgen de la Silla ou La Virgen de la Rosa. Gravou tamén obras de pintores coñecidos como El niño de Vallecas de Velázquez ou Pastorcita de Zurbarán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dorinda Remedios Vázquez Iglesias.
-
PERSOEIRO
Escultor. Coñecido como o Vello, estivo activo en Castela e, a partir de 1557, en Sevilla. A súa obra, influída pola de Miguel Anxo, a través de Alonso Berruguete, incidiu no manierismo. Destacan as súas esculturas para a catedral de Toledo (1552-1553), o retablo maior da catedral de Sevilla (1562) e a portada do Hospital de la Sangre (1564).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Activo fundamentalmente en Guadalajara, introduciu o primeiro Renacemento italiano en Castela. Destacan a fachada do Colegio Mayor de Santa Cruz, en Valladolid (1491), o palacio Medinaceli de Cogolludo (1492-1495) e o palacio Mendoza de Guadalajara (1507?).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e poeta. Colaborou en varias publicacións de Mondoñedo e Bos Aires e formou parte da comisión para a fundación do Centro Gallego (1912). Fundou (1905) e dirixiu a revista Galicia, revista regional de ciencia, información, literatura, arte e protección e publicou Memorias de Mondoñedo (1904), en que se mesturan descricións da vila con poesía. Os seus poemas foron editados postumamente co título Do noso Lar (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano e actriz. Debutou facendo revistas musicais en Madrid, da autoría de J. J. Cadenas e J. Campúa. Co tempo orientou a súa carreira cara á zarzuela e converteuse nunha das voces de referencia do xénero en España. Participou nos espectáculos Los claveles (1920), Luisa Fernanda (1932), Alhambra (1940) e La Caramba (1942), entre outros. No eido cinematográfico participou nos filmes Prim (1930), Doña Francisquita (1934), La última falla (1940), Todo por ellas (1942) e Con los ojos del alma (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carmen Pura Vázquez Iglesias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé Manuel Vázquez Martínez.
-
GALICIA
Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1896). En 1899 gañou o concurso do balneario da Toxa, hoxe desaparecido, cuxa construción se realizou en 1905. En 1907 iniciou a construción do Centro Galego da Habana. Foi arquitecto municipal e do bispado de Ourense. Realizou unha obra de características modernistas e eclécticas, da que destacan, entre outros, o desaparecido edificio do Garaxe Hispanoamericano no Paseo; a vivenda de M. Feijoo en Ceano Rivas; o palco da música da Alameda, o quiosco da Sociedad Recreativa La Peña, o Asilo Santamarina-Temes do Santo Anxo, a Caixa de Aforros Provincial e a delegación de Defensa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e escritor. Catedrático de Lingua e Literatura Galegas, foi o impulsor do Arquivo Sonoro de Galicia, onde coordinou edicións de arquivos sonoros de Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Celso E. Ferreiro ou Xoaquín Lorenzo, entre outros proxectos, e participou nas actividades do grupo Marcelo Macías do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e na Fundación Otero Pedrayo. Publicou diversos artigos sobre arqueoloxía, historia local e emigración en Boletín Auriense e Raigame, e traduciu ao galego O marabilloso mago de Oz (1994), de L. Frank Baum. É autor da biografía Xoaquín Lorenzo Fernández “Xocas” (2004).
VER O DETALLE DO TERMO