"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Construción situada en Meaño. Trátase dun edificio barroco con remodelacións posteriores, onde destacan as garitas defensivas dispostas nos dous extremos da fachada principal. Ten pedras de armas da fachada e no portón de liña neoclásica e coroado cun frontón, que dá acceso ao patio. A planta, que descansa sobre unha cornixa, remata en arco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Meaño. De construción románica, consta dunha soa nave de planta rectangular que presenta decoración de canzorros nos muros exteriores, baixo a cornixa. Destacan o cruceiro e o altar, situados no atrio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo reino irlandés (s II), situado na parte setentrional do actual Leinster, que tiña a súa capital en Tara.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conduto, canle ou abertura natural nun individuo.

      2. meato auditivo externo

        conduto auditivo externo.

      3. meato nasal

        Cada un dos tres espacios ou canles, superior, media e inferior, que se situan na parede externa das fosas nasais, entre os cornetos correspondentes.

      4. meato urinario

        Orificio externo da uretra.

    1. Espacio intercelular das células contiguas dos tecidos vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión que se practica nun meato, especialmente no meato urinario, coa finalidade de anchealo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no departamento de Seine-et-Marne, Francia (48.305 h [1990]). Cidade galorromana (pagus Meldensis) e sé episcopal desde o s IV, foi capital do Condado de Meaux, propiedade dos condes de Blois e de Troyes e da casa de Blois-Champagne. No s XIV pasou, con Champagne, á coroa francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Forcarei baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroína da mitoloxía grega, filla de Eetes, rei de Cólquida, e, segundo algunhas versións, de Hécate. Constitúe o prototipo da feiticeira da mitoloxía clásica e a súa lenda está vinculada á dos argonautas, aos que axuda a conseguir o vélaro de ouro para obrigar a Xasón a casar con ela. Foi traizoada polo seu esposo e asasinou os seus fillos como vinganza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Reacción de arilación dunha olefina por acción dun sal de diazonio, en presenza de cobre II como catalizador, segundo a ecuación:

    FORMULA

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Reacción de redución de aldehidos e cetonas a alcohois primarios ou secundarios pola acción dun alcóxido de aluminio, a miúdo o isopropóxido, segundo a reacción:

    FORMULA

    A reacción inversa é coñecida como oxidación de Oppenauer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga colonia grega de Sicilia, fundada por colonos dóricos de Megara cara ao 728 a C, preto da actual Augusta. No s VII a C tivo un período de esplendor e fundou Selinunt (628 a C). Posteriormente foi conquistada por Xelón (s V a C) e entrou en decadencia ata que Marcelo a destruíu (214 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo. Profesor de educación ambiental da Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en Filosofía e Ciencias da Educación. Foi presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental, e publicou, entre outras obras, Novas metodologias em Educação (1995), Habilidades básicas da poboación. Alfabetización funcional en Galicia (1997), Educación Ambiental nos Espacios Naturais Galegos (1999) e Educación Ambiental y desarrollo humano (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e escultor francés. Cultivou o tema histórico e de xénero, de factura minuciosa e de pequeno formato, que impuxo como moda. En 1834 deuse a coñecer coa obra Le visite chez le bourgmestre. Pintou a epopea napoleónica en Campagne de France, 1814 (1864) e destaca Le siège de Paris (1870). Foi o primeiro pintor galardoado coa Légion d’Honneur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chuvia miúda que se desprende da néboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos meleagrídidos.

    2. Ave da antiga familia dos meleagrídidos.

    3. Antiga familia de paxaros, da orde dos fasianiformes, incluída na familia dos fasiánidos. Contén só as especies Meleagris gallopavo e Agriocharis ocellata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves galiformes, da familia dos fasiánidos, coa plumaxe parda verdosa e cabeza e pescozo con carúnculas vermellas. A este xénero pertence a especie M. gallopavo (pavo común).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe etolio, fillo de Eneo, rei de Calidón, e Altea, irmá de Leda. Abateu o porco bravo que Ártemis enviara a Calidón pero na cazaría matou tamén os seus tíos. A súa nai, ofendida, provocou a súa morte e despois aforcouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Home de estudos e coidadoso coas formas, a súa poesía era predominantemente erótica, homosexual e heterosexual. Escribiu As grazas, onde combinou prosa e verso, e A coroa, unha antoloxía de poetas epigramáticos, que foi a base das súas Antoloxías, da que só se conserva a Palatina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desprender a néboa unha chuvia miúda.

    VER O DETALLE DO TERMO