"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Ulla, que nace na parroquia de Ribeira e desemboca na de Berres (A Estrada).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Marco fixo no que se encaixa unha porta ou ventá.

    2. Armazón de cantería dos hórreos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Delimitar un terreo con marcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, escudo terciado en pal: primeiro, de sinople, cun cisne de prata, sostido de ondas de prata e azul, cara á sinistra; segundo, de ouro, cunha chave de azul, co ollo no alto e o paletón cara á destra; terceiro, de sinople, cun cisne de prata, sostido de ondas de prata e azul, cara á destra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Gobernador dun territorio fronteirizo ou marca na Idade Media.

      2. Persoa que ten ao seu cargo o goberno dun marquesado.

      1. Título nobiliario superior en rango ao de conde e inferior ao de duque. No Reino de Castela os primeiros títulos de marqués foron os de Villena (1366 e 1445) e de Astorga (1465); en Reino Unido, os de Dublín (1385), os de Dorset e os de Somerset (1397), e, en Italia, os de Ivrea (876), Monferrato (954) e Saluzzo (1125). En Francia este título foi suprimido en 1789 e restablecido por Luís XVIII.

      2. Persoa que posúe o título nobiliario de marqués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Foi conselleiro de Radio Televisión de Galicia, e membro do Consello da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra (1992-2000). Foi concelleiro de Vigo (1983-1987) e vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1983-1987). Deputado nas Cortes (1986-1989) e senador (1996-2000) polo PP.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e cantante. Coñecida como Raquel Meller, fixo unha brillante carreira na modalidade de café-concerto. En 1919 debutou en París, e logo deu o salto ao cine, en filmes como La gitana blanca (1919) ou Carmen (1926). Participou en revistas como La violetera (1940-1941) e Campanas de Viena (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico urólogo. Xefe da sección de Urodinámica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e xefe do Servicio de Uroloxía do Policlínico A Rosaleda de Santiago de Compostela. Foi profesor da facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e presidente da Sociedade Galega de Uroloxía. Publicou Incontinencia urinaria, Urodinámica aplicada e El esfínter artificial. Recibiu a Medalla de Ouro da Sociedade Galega de Uroloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Título ou diginidade dun marqués.

    2. Circunscrición sometida á xurisdición dun marqués.

    3. Territorio e dignidade que se correspondía co margraviato, no Sacro Imperio Romano-xermánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illas da Polinesia Francesa, no Océano Pacífico (1.274 km2; 8.064 h [1996]). Está formada por doce illas volcánicas, con altitudes que superan os 1.000 m. As máis importantes son Nuku-Hiva e Hilva-Oa. Destaca o traballo da madeira, seguido do cultivo de árbores froiteiras, cocos e tabaco. En 1791 o militar francés J. B. Marchand tomou posesión do territorio en nome do seu país e en 1842 proclamárono protectorado francés. Desde 1958 forman parte da Polinesia Francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Bóveda. Ten planta rectangular e construíuse cara a 1772, con marcada influencia italianizante. Conserva catro escudos na fachada e solaina sobre arcos de medio punto e cuberta. Destaca o arquivo que garda a evolución da historia da casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuberta de tea que se apoia sobre unha tenda de campaña para gardala da choiva ou do sol.

    2. Cuberta lixeira, xeralmente de vidro e ferro, madeira ou formigón, colocada na fachada dun edificio, nas paradas de transporte público, nunha porta, escalinata ou plataforma, destinada a resgardar da choiva ou do sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Formouse en París (1890), na École des Arts Décoratifs e no taller de Gustave Moreau (1897), onde contactou cos futuros fauves. Foi un dos principais paisaxistas franceses e pintou sobre todo o río Sena. Destaca o seu Portrait d’André Rouveyre (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Decoración plana nos mobles, que consiste na incrustación na madeira de pezas metálicas ou doutras madeiras que forman debuxos. Nos ss XVI e XVII, os motivos eran composicións pitóricas feitas con combinacións de madeiras ou materiais de cores e vetas diversas. Na época isabelina alternábanse metais e madeiras.

    2. Obra feita segundo esta arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido galego que tivo a súa orixe en Luaces, Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e militar. Foi administrador das Rendas Reais e comisario de Guerra durante a Guerra da Independencia (1808-1814), momento no que creou a Xunta de Lobeira. Participou no asedio de Tui (1809) e na toma de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Coñecido polo pseudónimo de Milo de Lug, inicialmente dedicouse ao ensino, labor que abandonou pola avogacía. Colaborador de El Progreso, escribiu diversos artigos sobre asuntos legais e relativos a Galicia. Publicou O campaneiro das Mariñas e outras narracións (1987) e, en colaboración con Carlos de Blas, o ensaio A galeguidade no mundo (1991). Recibiu o Premio Internacional Vieira de Humor (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Interventor da Aduana de Vigo e xefe do negociado de Facenda. Realizou análises estatísticas das balanzas comerciais dos países que consideraba esenciais para a economía española. Escribiu Ligeros apuntes sobre el impuesto de Aduanas (1875), Estudios acerca de las relaciones mercantiles entre España y Portugal (1880), Nuestras relaciones comerciales aduaneras con el Imperio de Marruecos (1883), Nuestras relaciones comerciales con las Islas de Cuba, Puerto Rico y Filipinas (1893) e El progreso comercial de Vigo (1893). Recibiu a orde de Carlos III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Remeiro. Nomeado dúas veces mellor deportista provincial e finalista no premio ao mellor deportista galego, foi sete veces campión de España en diferentes modalidades. Logrou o sexto lugar no campionato do mundo (1983) e foi unha vez campión de Europa (1988). Participou nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Capitán do exército en Galicia, foi fusilado en Carral pola súa participación no Levantamento de 1846.

    VER O DETALLE DO TERMO