"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Relixiosa. Ingresou no convento das mercedarias de Santiago de Compostela e, por orde do seu confesor, Luís de Salcedo, escribiu a súa Autobiografía, que se conserva manuscrita, e numerosas cartas entre 1698 e 1701.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. De orixe galega, foi colexial en San Gregorio de Valladolid e exerceu como prelado nos conventos de Villalpando, Astorga, Pontevedra, Lugo, Santiago, Ribadavia, Tui e A Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mineraloxista e cristalógrafo francés. Enunciou a lei da constancia dos ángulos, que xa fora descuberta anteriormente por Stenon e outros. Publicou Essai de cristallograhie (1772) e diversas obras de mineraloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Chegou á Coruña en 1906, onde se relacionou coas diversas escolas racionalistas alentadas pola Antorcha Galaica del Librepensamiento e coa Escuela Integral para Niñas, que promoveu en 1913 xunto coa súa muller, Luisa Elizalde. Participou intensamente na defensa do laicismo na sociedade civil intervindo en numerosos actos públicos, como o Congreso de la Paz celebrado en Ferrol (1915), onde se aprobou a súa proposta de crear un comité permanente para darlle pulo á loita antimilitarista. Como publicista, colaborou na Revista Blanca, onde publicou o ensaio “La escuela: su pasado, su presente y su porvenir” (1925), no semanario coruñés La Voz del Obrero e deixou impreso o folleto “Disertación Científico Social” (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi catedrático de Anatomía Descriptiva e reitor en tres ocasións da Universidade de Santiago de Compostela, á que representou como senador en 1896. Colaborou en El Eco de Santiago e Fin de siglo, e escribiu Tratado de angioneurología o sistema vascular y nervioso, considerados paralelamente en su parte anatómico-filosófica (1869), Ensayo de angilogía anormal: casos de notable anomalía del sistema vascular (1875) e Programa de Anatomía humana: normal y fisiológica, general y descriptiva (1884). Académico da Real Academia Nacional de Medicina, foi académico fundador da Real Academia Galega (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Fundador e director de Blason Gallery European Lecturer (1990), foi o creador do primeiro movemento internacional de universidades en Europa e director artístico de Bruton Street Gallery. Evolucionou desde o estilo figurativo á abstracción e da súa produción destacan O Zapateiro (1986?), Reflejos en verde (1986?) e Silencio (1987?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Notario e escritor. Formado con Marcelo Macías e Losada Diéguez en Ourense, e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi socio fundador do Seminario de Estudos Galegos e académico correspondente da Real Academia Galega. Colaborador de Nós, Lar e Lareira, escribiu a novela curta O Karma de Farruco Filgueira (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e escritor. Cofundador do Seminario de Estudos Galegos (1923), escribiu La lengua de Cristóbal Colón (1969), onde tentaba demostrar a orixe galega do descubridor e, postumamente, Vocabulario de Soneira (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e compositor. Compuxo o tema musical para a canción “Ondiñas da nosa ría”, popularizada como “A Rianxeira”, que foi estreada en Bos Aires en 1950 con letra de Xesús Frieiro e que acadou un grande éxito en América e Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueóloga. Foi secretaria da Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento e dirixiu as escavacións do castro de Borneiro. Publicou El hábitat castreño: asentamientos y arquitectura de los castros del N. O. peninsular (1976); Castro de Borneiro: 1983-1984 (1987); Dicionario de termos de arqueoloxía e prehistoria (1995), en colaboración; A fábrica de tabacos da Palloza: produción e vida laboral na decana das fábricas coruñesas (1997) e Nomes, héroes e mitos: fundadores lendarios e toponimia da cidade coruñesa (1997), en colaboración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Catedrático de Patoloxía Cirúrxica (1910) pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en otorrinolaringoloxía e oftalmoloxía. Publicou numerosos traballos sobre a súa especialidade, como Hematomas del tabique de las fosas nasales como complicación de los traumatismos de la nariz, estudiados a partir del conocimiento de varias observaciones prácticas (1913), Nociones de terapeútica de las enfermedades de la nariz, garganta y oídos: para uso del médico práctico (1913) e Estudio crítico de los medios de tratamiento de la disfagia consecutiva a la tuberculosis laríngea (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño. Participou como capitán de fragata nas campañas de África (1860) e nas de Santo Domingo (1870). Foi axudante de campo de Amadeo I de España e dirixiu a Escuela Naval. Ascendeu a xeneral (1872) e a vicealmirante (1886), e en 1890 converteuse en ministro de Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Tivo que refuxiarse en Portugal polas súas ideas republicanas e socialistas anárquicas e, a súa volta, tomou parte na Revolución de 1854. Ingresou na Unión Liberal e foi deputado en dez lexislaturas pola provincia da Coruña (1854-1856), polo distrito de Noia (1858-1864 e 1871-1884) e polo distrito de Santiago de Compostela (1865-1871). Foi ministro de Graza e Xustiza (1868-1869) e de Ultramar (1874) e gobernador do Banco de España (1881). Colaborou en El Huracán, El Porvenir e La Nación e escribiu La literatura portuguesa en el siglo XIX: estudo literario (1869). Pertenceu á Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado pola Unión Liberal (1856), participou na Revolución de 1868. Foi ministro de Fomento (1872) e de Gobernación (1874-1875, 1879-1881 e 1884). Colaborou cos conservadores na Restauración, pero en 1885 rompeu con eles e fundou o Partido Reformista, situado entre conservadores e liberais. Fracasado o intento de 1888, volveu ao Partido Conservador e ocupou os ministerios de Ultramar (1891-1892) e de Graza e Xustiza (1895). En 1902 foi elixido presidente do Congreso de los Diputados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso dominicano. Fundou as revistas Hoja del Rosario, Hoja Puntana e Hoja Santiagueña, e cultivou a poesía. Publicou A mis hermanos ausentes (1939), Páginas históricas de la villa de Muros (1940) e El obispo de Mondoñedo y de Oviedo D. Diego de Muros (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal de campo alemán. Durante a Segunda Guerra Mundial comandou as tropas do Afrikakorps (1941), coas que acadou numerosas vitorias ata que topou con Montgomery en El-’Alamein (1942). Ao volver a Europa encomendóuselle a defensa atlántica desde a costa holandesa ata o Loira. Retirado a Baviera despois do Desembarco de Normandie, relacionouse cos conxurados do 20 de xullo de 1944, e foi cominado ao suicidio por A. Hitler.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e escritor. Membro do colectivo poético Rompente, participou na obra conxunta deste colectivo titulada Galletas Kokoschka non (1979), coa que pretendían experimentar con novas formas. No apartado audiovisual colaborou co grupo musical Siniestro Total e realizou diversos traballos para a TVG. Escribiu Anaí, o conto (1983), en que incluíu unha partitura de Enrique Macías; o poemario Miniaturas (1987), formado por composicións moi breves nas que introduce unha trama amorosa, acompañadas de pequenas prosas con algún monólogo interior e textos de carácter cinematográfico; e Et finira le jour de son commencement (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Ao redor de 970 fíxose monxe beneditino no mosteiro de San Apollinare in Classe (Ravenna), de onde foi elixido abade en 998, pero ao ano seguinte retirouse á vida eremítica. Fundou diversas casas, que en 1012 se uniron na orde camaldulense. Iconográficamente representouse vestido con hábito branco (camaldulense) e báculo (abade). Como atributos persoais leva unha casiña rodeada de árbores sobre o brazo (alusión á vida cenobítica) e, ás veces, unha escada (en alusión a unha visión súa, na que subían os monxes da súa orde ao ceo). A súa festividade celébrase o 19 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoán XXIII.

    VER O DETALLE DO TERMO