"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Caldas de Reis. De orixe románica, ten unha soa nave e ábsida de época posterior. A portada principal está formada por dúas arquivoltas tóricas apoiadas en dúas columnas e un arco semicircular sobre mochetas amodo de tímpano; e a portada sur ten unha arquivolta tórica apoiada en columnas, no tímpano está esculpido o Agnus dei coa cruz arcebispal.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado de Hertfordshire, Inglaterra, Reino Unido, situada ao N de Londres (129.005 h [2001]). A súa economía baséase na fabricación de cronómetros e de instrumentos musicais. Ten unha catedral normanda do ss XI-XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
División administrativa de Xamaica (431 km2; 555.828h [2001). A súa capital é Half Way Tree.
-
CIDADES
Cidade de Escocia, Reino Unido, situada na rexión de Fife, na costa oriental (14.201 h [2001]). Ten a universidade máis antiga de Escocia, a University of Saint Andrews, fundada en 1411. Destacan tamén as ruínas da catedral vella (1318).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
División administrativa de Xamaica (1.213 km2; 166.762 h [2001]). A súa capital é Saint Ann’s Bay.
-
-
LOCALIDADES
Localidade do departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania, Francia, situada na desembocadura do río Nive, no SO do golfo de Bizkaia (13.247 h [1999]). É un importante porto pesqueiro e centro turístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade do departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania, Francia (1.417 h [1999]). Situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago, destaca a igrexa de Notre Dame e a ponte medieval sobre o río Nive. É un dos puntos de partida do Camiño Francés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta francés, señor de Saint-Amant. De nome Marc-Antoine Girard, escribiu, entre outros, os poemas Les “goinfre” e “Le melon”, con influencias de Rabelais, e o poema satírico “Rome ridicule” (1643).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Teólogo francés. De nome Jean Duvergier de Hauranne, ordenouse sacerdote en 1618, foi abade comendatario de Saint-Cyran (1620) e asumiu a dirección espiritual de Port-Royal (1633). Seguidor de Baius e de Jansen, a súa personalidade e a súa doctrina influíu, entre outros, en san Vicente de Paúl. Das súas obras destacan Apologie pour la Rocheposay (1625) e Lettres chrétiennes et spirituelles (1645).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e piloto francés. Piloto civil da sociedade Latécoére (1926), levou a cabo diversas misións, algunhas das cales lle inspiraron as primeiras novelas. Sufriu un grave accidente en 1937. Mobilizado durante a Segunda Guerra Mundial, en 1943 foi destinado a Sardeña. Trasladado a Córsega (1944), saíu en misión, onde morreu. Das súas obras destacan Vol de nuit (1931) e Le petit prince (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Partidario de M. de Robespierre, formou parte do Comité de Salvación Pública (1793-1794). Entregado á Revolución Francesa, reorganizou os exércitos do Rin e do norte e iniciou unha política de reformas sociais. Morreu guillotinado tras a Revolución Termidoriana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao conde de Saint- Simon ou ao saint-simonismo.
-
Seguidor do saint-simonismo.
-
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro francés. Realizou investigacións sobre hidráulica e sobre a elasticidade e a resistencia de materiais. Estudou o equilibrio dos corpos elásticos (problema de Saint-Venant) e estableceu a fórmula que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador e adestrador de baloncesto. Coñecido como Lolo Sainz, foi xogador do Real Madrid (1960-1968), co que conseguiu 7 títulos de Liga, 5 de Copa e 4 Copas de Europa, e internacional en 68 ocasións. Adestrou ao Real Madrid (1975-1989), e gañou 8 títulos de Liga, 5 de Copa, 2 Copas de Europa e 1 Copa Korac, e ao Joventut de Badalona (1990-1992) co que acadou 2 Ligas. Como seleccionador nacional (1993-2000) gañou a medalla de prata nos Campionatos Europeos de París (1999). posteriormente dirixiu a sección de baloncesto do Real Madrid (2003-2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital das illas Marianas, situada na illa de Saipan (3.904 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo, pai de Vítor Said Armesto. Estudou maxisterio na Escuela Central de Madrid e foi profesor na Escola Normal de Pontevedra. Dirixiu a Escola Normal de Mestras da que dimitiu en 1869. Participou activamente no movemento revolucionario que levou ao derrocamento de Isabel II en setembro de 1868. En Pontevedra colaborou coas empresas periodísticas de Indalecio Armesto e formou parte da redacción dos periódicos El Derecho, La Reforma, La Crónica, La República e La Voz del Pueblo, da que chegou a ser director. Colaborou coa ILE e promoveu os novos métodos pedagóxicos en Galicia. Os seus discípulos, Enrique García e Manuel Martínez, puxeron en marcha unha escola Fröbel en Pontevedra, na Casa do Barón. Participou no Congreso Nacional Pedagógico de 1882 e escribiu numerosos e innovadores programas educativos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Montes Sayan.
-
PERSOEIRO
Físico. Fixo investigacións sobre física teórica e propuxo con Igor E. Tamm un método para obter reaccións termonucleares controladas mediante descargas eléctricas. Participou na construción da primeira bomba de hidróxeno soviética, pero posteriormente destacou polas súas protestas contra as probas nucleares e pola defensa dos dereitos humanos, ao mesmo tempo que fixo declaracións sobre a situación política e das liberdades na URSS. A causa da súa actitude disidente, foi detido en 1978 e en 1980, e deportado a Gor’kij, onde permaneceu ata 1986. En 1989 foi elixido deputado. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico alemán. Ligado ao Instituto Max Planck, foi director do departamento de fisioloxía celular. En 1991 recibiu o Premio Nobel de Medicina, compartido con Erwin Nehher, polos seus traballos sobre canais iónicos.
VER O DETALLE DO TERMO