"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título pontificio concedido polo Papa Benedito XV en 1917 a Segunda Pais Gutiérrez (1876-1957), casada con Xosé Varela de Limia e Menéndez. Trae por armas, en campo de ouro, cinco varas de sinople (Varela), ao timbre, coroa vizcondal.
-
GALICIA
Concello da comarca do Carballiño situado no NO da provincia de Ourense e no centro-sur da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 22’ 30’’ de latitude N e 8° 04’ 07’’ de lonxitude O. Limita ao N cos concellos do Carballiño e Maside (os dous da comarca do Carballiño), ao S co de Cenlle (comarca do Ribeiro), ao L co de Punxín (comarca do Carballiño) e ao O cos de Cenlle e Leiro (comarca do Ribeiro). Abrangue unha superficie de 28,9 km 2 cunha poboación de 1.355 h (2007), distribuída entre as parroquias de Anllo, O Barón, Beariz, Eiras, Grixoa, Las, Navío e Salamonde. A súa capital é o núcleo de San Amaro (parroquia de Beariz) localizado a 30 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial do Carballiño.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello sitúase nunha área de transición entre as superficies de aplanamento residuais da parte central da comarca e os vales dos pequenos tributarios do Miño e do Avia. Predominan... -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León, Castela e León, situado ao SO da capital provincial e delimitado ao L polo río Bernesga (26.054 h [2001]). Destaca como núcleo residencial.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado no NL da illa de La Palma (5.351 h [2001]). A súa economía baséase no cultivo de plátanos e no turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento insular de Colombia (44 km2; 73.465 h [estim 2000]). A súa capital é San Andrés (49.154 h [1999]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de Perdecanai, capital do concello de Barro.
-
CIDADES
Cidade do estado de Texas, EE UU, situada na beira do río homónimo, a 240 km da fronteira con México (1.144.646 h [2000]). Cidade de función militar, comercial e industrial, ten fundicións, construcións mecánicas e industria editorial, da confección e alimentaria. Boa parte da poboación é bilingüe inglés-castelán.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (3.042 h [2001]). Situado en Camp del Turia a 12 km de València, na súa economía destaca o sector terciario.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado na illa de Lanzarote (13.030 h [2001]). Destaca a agricultura, a gandaría de camelos e a elaboración de viños.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado en Tierra Llana, a 29 km da capital (3.012 h [2001]). A economía baséase na agricultura, con cultivos de oliveiras, laranxeiras e amorodos, e na gandaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado no sector meridional da illa de Gran Canaria (34.515 h [2001]). A economía baséase no turismo. No termo atópase a estación de seguimento espacial (Maspalomas) e o xacemento arqueolóxico de Arteara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral cantábrico, situada entre a enseada do Rego de Foz e a praia de San Cosme, na parroquia de San Cosme de Barreiros (Barreiros).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de san Bartolomeu.
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do río Oitavén, que nace e desemboca na parroquia de Oitavén (Fornelos de Montes).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
orde de Avís.
-
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Penarrubia e San Martín de Neira de Rei (Baralla). O seu cumio acada os 810 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Pradolongo (A Veiga). O seu cumio acada os 1.228 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Bibei, que nace na parroquia de Pradolongo (A Veiga) e desemboca na de Santa Cruz (O Bolo).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do S do estado de California, EE UU, situada ao pé das montañas homónimas (185.401 h [2000]). É a cidade central da área metropolitana de San Bernardino-Riverside-Ontario. Ao seu redor esténdense os cultivos de laranxeiras, limoeiros e vides. Ten industrias aeroespaciais, siderúrxicas e talleres ferroviarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da rexión metropolitana de Santiago, Chile, situada a 20 km ao S de Santiago (238.794 h [1999]).
VER O DETALLE DO TERMO