"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao S da capital e regado polo río Jarama (11.635 h [2001]). Na súa economía destaca a agricultura, a gandaría e a industria de materiais da construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Afonso XII en 1884 a María Manuela Vázquez de Quiroga Queipo de Llano e Prado (?-1910), filla dos marqueses de Torre Novaes de Quiroga. O II conde de San Martín de Quiroga foi o seu neto Xosé Quiroga Velarde (Viloira, O Barco de Valdeorras 1873 -? 1935?), deputado polo distrito de Valdeorras (1907-1908) e gobernador civil de Ávila (1908). Os seus sucesores foron Rafael Quiroga de Abarca (Santander 1907 -?), III conde de San Martín de Quiroga, e Rafael Quiroga Seguí , IV conde de San Martín de Quiroga desde 1992. Trae por armas, en campo de goles, cinco paus de prata, recortados e aguzados en punta. No timbre, coroa condal.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de san Martín.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao O da serra de Gredos, no límite con Castela e León (6.256 h [2001]). Destaca o castelo La Coracera, que serviu de aloxamento a Isabel I a Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade do municipio de Santa Marina del Rey, provincia de León, Castela e León, situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Asturias (20.247 h [2001]). É un destacado centro mineiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. En 1960 integrouse na empresa familiar Casa Claudio, fundada en 1889, que converteu na cadea de Supermercados Claudio, accionista do Grupo IFA SA, da que foi conselleiro e vicepresidente (1983-1988). Foi un dos fundadores do polígono de Pocomaco (1967) e ocupou diversos cargos na Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, entre eles o de vicepresidente primeiro desde 1982. En 1981 accedeu á presidencia do consello de administración da Caixa de Aforros da Coruña e Lugo e promoveu a fusión das caixas que deu lugar a Caixa Galicia, que tamén presidiu. Foi presidente de Superficies Comerciales Coruñesas SA (Superco SA) e conselleiro de Sodiga (1978-1982). Morreu asasinado polo GRAPO. Recibiu, a título póstumo, a Medalla al Mérito do Consejo Superior de las Cámaras de Comercio de España e a Gran Cruz da Real Orde de recoñecemento civil ás vítimas do terrorismo (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Dedicado especialmente á novela por entregas, das súas obras teatrais destacan La Paloma e Tres cofrades de San Marcos, o poemario Lamentos del corazón (1861) e novelas como La corte del rey bandido (1873), Vírgenes y mártires (1876), La Reina impura y el paje maldito (1877), El suicidio de Perico (1883) e Las traviatas de Madrid (1883).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Independentista arxentino. En 1813 substituíu a Manuel Belgrano no mando do exército no norte do país e foi gobernador de Cuyo (1814). Co apoio de Juan Martín de Pueyrredón, ditador supremo de Bos Aires en 1817 recibiu a orde de liberar Chile e Perú desde Mendoza, e en 1817 venceu os realistas e liberou Santiago. En Maipú (1818) venceu os realistas chilenos e en 1821 ocupou Lima e proclamou a independencia de Perú.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
novembro.
-
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Bra e Trasmonte (Friol). O seu cumio acada os 520 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da illa de San Martiño, situada entre a punta do mesmo nome e a de Boceiro, nas Illas Cíes (Vigo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da costa N da illa de San Martiño, situada entre a de Pau de Bandeira e a praia de San Martiño, nas Illas Cíes (Vigo).
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do río Umia, que nace na parroquia de San Martiño de Meis (Meis) e desemboca na de Barrantes (Ribadumia).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -