"Aso" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 411.

  • Organismo constituído en Pontevedra a finais de 1953 co obxectivo de coordinar e impulsar as actividades de centros culturais e ateneos de carácter libertario. Contou con entidades adheridas en Vigo e nos seus arredores (Lavadores, Beade, Bembrive, Candeán, Sárdoma), Porriño, A Guarda, Cangas, Moaña, Vilagarcía e Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ourive e escultor italiano. G. Vasari atribúelle a introdución do gravado en cobre en Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de fracasar.

    2. Cousa que dá un resultado desastroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que se creou oficialmente en 1984 coa intención de promover o uso do galego nas administracións públicas. Os seus membros fundacionais foron Xosé González Martínez, Xoaquín Monteagudo Romero, Xermán García Cancela e Carlos Díaz Abraira. En 1984 a AFNLG propúxolle a Xerardo Estévez, a convocatoria dunha xuntanza de rexedores municipais galegos para orientar a política lingüística nos concellos galegos. Posteriormente a AFNLG asinou con colectivos pertencentes ao ámbito do dereito convenios de colaboración para normalizar e estender o uso do galego. Coa Dirección Xeral de Política Lingüística editáronse por primeira vez textos xurídicos en lingua galega e creáronse gabinetes de asesoramento lingüístico nas audiencias provincias e no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Como consecuencia disto, maxistrados como Daniel García Ramos, Pablo Sande, Orencio Pérez González, Benito Montero, Carlos Varela, Xosé Xoán Barreiro Prado e Fernando Leiceaga, moitos xulgados e tribunais de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación de carácter cultural creada en 1964 por universitarios en Santiago de Compostela co obxectivo de potenciar a cultura galega, e no caso do teatro a creación dramática e a realización teatral. Foi responsable da convocatoria do Concurso Castelao de Teatro Galego en 1964, 1965 e 1966, e doutras iniciativas como a Agrupación Dramática Galega, que dirixía Rodolfo López-Veiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Garcilaso de la Vega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condución metálica de gran diámetro que se emprega para transportar os gases naturais ou de destilación dende os xacementos ou lugares de produción ata os centros de consumo ou de embarque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combustible que contén un 10% de alcohol etílico e un 90% de gasolina sen chumbo. É un composto que aumenta o índice de octanos e que é altamente tóxico. O emprego de alcohol na gasolina representa unha gran mellora para o motor; a baixa calor de combustión do alcohol en fronte dun combustible supercarburante fai que o rendemento dunha caloría de alcohol sexa máis grande ca o de 1,08 calorías daquel combustible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de baloncesto. Comezou a xogar ao baloncesto no equipo do seu colexio de onde máis tarde sería fichado polo Cornellà. Na temporada 1997/98, ingresou no F.C. Barcelona, co que debutou na liga española de baloncesto (liga ACB) en 1999 e co que gañou dúas Ligas e unha Copa do Rei. A súa carreira nos Estados Unidos comezou cos Atlanta Hawks no ano 2001 pero axiña foi transferido aos Memphis Grizzlies, onde gañou o premio ao Rookie (novato) do ano. No ano 2006 converteuse no único xogador dos Grizzlies e no único español en xogar o partido das estrelas, o All-Star Game de Houston, no que participan os 24 mellores xogadores do ano da NBA. Dende o 2008 xoga no equipo Los Angeles Lakers, cos cales en xuño de 2009 venceu na final da NBA ante os Magic e converteuse no primeiro español en gañar o anel de campión. Gasol xoga coa selección española dende 1998 e debutou na absoluta no 2001. Con esta selección conseguiu títulos en case todas as categorías, incluíndo o campionato de mundo no 2006....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido inflamable, incoloro ou lixeiramente amarelo, menos denso ca a auga, que se obtén na destilación do petróleo, entre 220°C e 360°C. Está formado por unha mestura de hidrocarburos de 14 a 20 átomos de carbono e emprégase como carburante nos motores diesel rápidos. A súa propiedade máis importante é a de autoinflamarse en presenza de aire cando se comprime no cilindro do motor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Líquido facilmente inflamable, incoloro, non tan denso como a auga (densidade relativa: 0,70-0,75), que se obtén do petróleo por destilación directa entre os 60° e os 200°C, ou ben por cracking das fraccións pesadas. Quimicamente é unha mestura de alcanos, cicloalcanos e compostos aromáticos de 4 a 12 átomos de carbono e, ás veces, de alquenos. Emprégase principalmente como carburante nos motores de combustión interna.

    2. Combustible especialmente preparado para o seu emprego nos motores de combustión interna dos avións. Presenta un índice de octanos superior a 100 (fortemente etilada), e o seu punto de conxelación ten que ser inferior a -60°C. O consumo desta gasolina reduciuse polo feito de que o motor de pistóns foi desprazado totalmente polo turborreactor.

    3. Gasolina que emprega como aditivos antidetonantes compostos osixenados, como alcois ou éteres, co que se evita o uso do tetraetilplomo Pb(CH 2 CH 3 ) 4 e se reducen os problemas medioambientais que ocasiona a súa liberación polo tubo de escape dos automóbiles en forma de óxidos e de haluros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar dedicado á venda de gasolina e doutros combustibles, especialmente para vehículos automóbiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de métodos que se empregan para a análise cualitativa e cuantitativa dos gases.

    2. Conxunto de análises e medidas que comprende o estudo do osíxeno e da saturación hemoglobínica do sangue arterial e da determinación da súa presión parcial, ademais do estudo do anhídrico carbónico e da concentración de ións H + (pH).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato para medir o volume dun gas.

    2. Depósito que se emprega para almecenar gas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida refrescante, transparente e inodora preparada con auga, dióxido de carbono e a adición eventual de ácido cítrico, tartárico ou láctico, aromas de froitas cítricas e edulcorantes naturais ou artificiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para detectar a presenza de gases, que se emprega especialmente nas minas para detectar gases perigosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a natureza dun gas.

    2. Aplícase á bebida con gas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato ou instalación que se emprega para producir un gas combustible. Existen dous tipos: os que se destinan á produción de acetileno por reacción do carburo de calcio con auga e os que se empregan na gasificación de combustibles sólidos.

    VER O DETALLE DO TERMO