"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Filla de Eolo e muller de Cexo, Rei de Tracia, fillo da estrela da alba. Cexo, movido por malos augurios e despois de consultar o oráculo de Apolo, decidiu embarcar a pesar da desesperación de Alciona. Despois de varios meses sen ver o seu esposo, consultou a deusa Xuno sobre a súa sorte; a través do sono, Xuno reveloulle que Cexo morrera afogado. Alciona triste e desesperada botouse ao mar dende o mesmo lugar de onde partira o seu home. Compadecida ante un amor tan profundo, Tetis metarfoseounos en alcións e os deuses decidiron para protexelos que o vento e as ondas se calmasen nos días máis curtos do ano, época na que estes paxaros incuban os ovos. A súa fidelidade foi, segundo Ovidio e Virxilio, modelo de amor conxugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á orde dos alcionáceos.

    2. Pólipo da orde dos alcionáceos.

    3. Orde de alcionarios que comprende pólipos de consistencia branda, co esqueleto pouco desenvolvido, que viven en fondos de areas litorais, e forman colonias xeralmente eréctiles; algunhas especies son abisais. Os principais representantes deste grupo pertencen ao xénero Alcyonium.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á orde dos alcionarios.

    2. Pólipo da subclase dos alcionarios.

    3. Subclase de antozoos, formada por pólipos que se caracterizan por teren oito septos que dividen a cavidade gastrular e oito tentáculos dispostos nunha coroa plumosa. A coloración varía: poden ser brancos ou de cores vivas. Os pólipos viven solitarios ou ben forman colonias, que presentan formas moi diversas. As cavidades gástricas dos individuos da colonia están en comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de alcoholificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alcoholizar ou alcoholizarse.

    2. Inxección de alcohol de 90° con fins terapéuticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriota mexicano. Participou nas xuntas de Querétaro e San Miguel e no 1810 uniuse a Hidalgo. No 1811, Hidalgo noméao embaixador nos EE UU. Feito prisioneiro e fusilado por Zambrano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor vasco en castelán. Autor de poesía (Libro de las algas, 1949), contos (Vísperas del silencio,1955) e novelas (a triloxía inconclusa La España inmóvil 1954-1956, das que destacan as obras El fulgor y la sangre e Con el viento solano). A súa obra caracterízase polo rigor da estrutura formal e por unha frialdade que lembra á reportaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condensación aldólica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia metálica composta por máis dun elemento. Os constituíntes das aliaxes son solucións sólidas, combinacións ou mesturas íntimas heteroxéneas de dous ou máis metais, e combinacións dun ou máis metais con elementos non metálicos, que manifestan propiedades metálicas. Exemplos de aliaxes correntes son o aceiro, o latón, o bronce, o cuproníquel e o duraluminio. Case que todos os metais son empregados principalmente en forma de aliaxes. O número de compoñentes dunha aliaxe é moi variable; as aliaxes de dous e tres compoñentes denomínanse, respectivamente, binarias e ternarias. Entre os compoñentes hai que distinguir os principais, que determinan as características básicas da aliaxe, e os modificadores, que as modifican no sentido desexado. As aliaxes correntes divídense, segundo a súa composición, en dúas grandes categorías: aliaxes férricas e aliaxes non férricas; e estas últimas subdivídense en aliaxes lixeiras e aliaxes pesadas. As aliaxes de mercurio...

    2. aliaxe antifrición antifrición.

    3. aliaxe dura Aliaxe de dureza moi elevada utilizada especialmente para o corte de metais, para matrices e para pezas que requiren gran resistencia á abrasión. As aliaxes duras comprenden entre outras, os aceiros rápidos, as aliaxes “Stellite” a base de cobalto, cromo e tungsteno, e os carburos aglomerados (por exemplo, os metais “Kenna” e widia), constituídos esencialmente por carburo de tungsteno (con adición de carburo de titanio, de tántalo e de niobio) aglomerado con cobalto.

    4. aliaxe eutéctica Aliaxe formada exclusivamente ou case por un eutéctico.

    5. aliaxe férrica Aliaxe na que o elemento fundamental é o ferro. Son as aliaxes máis empregadas e superan con moito a todas as outras en tonelaxe. Os dous tipos máis importantes son o ferro coado en todas as súas variedades, produto dos altos fornos, e o aceiro produto do afinamento do ferro coado coa adición eventual doutros elementos.

    6. aliaxe fusible Aliaxe de punto de fusión moi baixo, constituído xeralmente por un eutéctico de 2 a 5 compoñentes. A denominación adoita ser aplicada especialmente ás aliaxes que funden por debaixo de 230°C. As súas principais aplicacións son os fusibles de extintores automáticos de incendios, as válvulas e os cortacircuítos fusibles, a fixación de eixos e chumaceiras, os baños de temple e revestimento, a protección de modelos de fontanería, os modelos dentais, a soldadura, o selamento de vidro con metal e certos moldeamentos delicados. Os seus principais compoñentes son: o bismuto, o chumbo, o estaño e o cadmio. Utilízanse tamén o indio, o metal de Rose e o metal de Wood.

    7. aliaxe lixeira Aliaxe onde o elemento principal é o aluminio ou o magnesio (e tamén, por extensión, modernamente, o titanio). As aliaxes a base de aluminio son as máis importantes e as máis empregadas, e son utilizadas correntemente nas industrias automobilísticas, aeronáuticas e na astronáutica. As aliaxes que conteñen cando menos un 90% de magnesio, con densidade por debaixo de 1,9, chámanse, ás veces, ultralixeiras.

    8. aliaxe non férrica Aliaxe que non contén ferro ou onde o ferro non é ningún compoñente principal.

    9. aliaxe pesada Aliaxe non férrica formada por metais de densidade superior á do titanio (4,5). As aliaxes pesadas comprenden, en xeral, as aliaxes de cobre, níquel, zinc, chumbo e outros metais.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica para obter a dirección dunha información a partir da clave por medio dun algarismo que a trata segundo criterios preestablecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alegar.

    2. Cousa alegada.

    3. alegación de dereito

    4. alegación de feito

    5. escrito de alegacións

    6. período de alegacións

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de alegorizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Bizancio (1081-1118). Fillo do Comandante en Xefe da garda palatina, Xoán Comneno I, e neto do Emperador Isaac I. Cos seus irmáns, opostos aos Ducados, impúxose na revolta do 1081, que levou a Aleixo ao trono. Bo militar e diplomático, conseguiu remontar o Imperio. Acadou a submisión de Bitinia (1081). Loitou tamén contra o normando da Apulia Robert Giscard, que invadira o Epiro; a Tracia, contra os tártaros (1091), e Asia Menor, contra os turcos seliúcidas. Pactou con Venecia e Pisa, feito que iniciou a prosperidade das repúblicas italianas no Oriente Medio. Atacou os herexes bogomís e cargou a Igrexa de impostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Bizancio (1180-1183). Fillo de Manuel I e de María de Poitiers-Antioquía. No 1180 casa con Agnes (ou Ana) de Francia, filla de Luís VII. Á morte de seu pai no 1180, foille encargada a rexencia á súa nai. Andrónico, igual que Manuel I, entrou en Constantinopla, asasinou a rexente e Aleixo foi proclamado Emperador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Bizancio (1195-1203). Irmán e sucesor de Isaac II, ao que destronou coa axuda da nobreza e do exército. No 1203 foi destronado polo fillo de Isaac II, Aleixo (que gobernou como Aleixo IV Anxo), quen se unira cos cabaleiros da cuarta cruzada e cos venecianos na toma de Constantinopla. Aleixo III partiu para Tracia e pasou a Asia Menor, pero inimizouse co Emperador de Nicea, Teodoro I Lascaris, que o fixo prisioneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Coemperador bizantino (1203-1204), fillo do Emperador Isaac II. Á caída do seu pai (1195) foi apresado polo seu tío, Aleixo III. No 1203 aliouse cos xefes da cuarta cruzada para que lle axudasen a restaurar a Isaac II no trono. Os cruzados tomaron Constantinopla (1203), repuxeron a Isaac II e nomearon Coemperador a Aleixo. Foi derrocado por Alexandre V Ducas, o Murzufle. Morreu afogado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Murzufle (? - ? 1204) Emperador de Bizancio (febreiro-abril 1204). Alto funcionario de palacio, casado con Eudosia, filla do emperador Aleixo III Comneno. Foi proclamado a raíz da revolta de Constantinopla contra os cruzados e os emperadores Isaac II e Aleixo IV Anxo. Cando os cruzados tomaron Constantinopla refuxiouse en Tracia, protexido polo seu sogro. Morreu a mans dos latinos, que o tiraron dende o alto da estatua de Teodosio en Constantinopla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada o 3 de abril de 1992 e declarada de interese cultural galego. Está presidida por Fernando Quintela Novoa e actúa como secretario Xosé Castro Ratón. Entre os seus obxectivos destacan o seu interese pola promoción e defensa da cultura e da lingua galega, e do galeguismo. Para iso organizan conferencias, seminarios e actos de homenaxe a políticos e intelectuais galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alfabetizar.

    2. Ordenación das cédulas dun catálogo, dun índice ou dun cedulario segundo a orde do alfabeto.

    3. Proceso, orientado a un grupo cunha compoñente cultural e social (adultos) determinada, polo que un individuo adquire a capacidade de escribir o propio nome, ler textos sinxelos e realizar operacións aritméticas elementais. Debido ás necesidades das sociedades tecnoloxicamente modernas, esta definición está a ser revisada para integrar os analfabetos funcionais e os de segunda xeración. Todo proceso alfabetizador precisa dunha continuidade, tanto cultural como pedagóxica, que permita conservar os coñecementos a través da práctica cotiá. Este aspecto implica a imposibilidade de poñer en práctica aquilo que se ten aprendido, o que constitúe unha fonte continua de problemas que non permite determinar a evolución, aumento ou diminución dos alfabetizados, inclusive o que significa ser analfabeto. O proceso de alfabetización, dende o punto de vista tradicional, é o primeiro paso da educación de adultos e remite á escolarización. O caso galego, considerado na súa globalidade (observando factores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clasificación na que a orde das palabras está establecida pola fonética, prescindindo dos signos mudos (h) e establecendo a equivalencia entre os signos de igual pronuncia (c + a,o,u / k; c + e, i / z).

    VER O DETALLE DO TERMO