"ERS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • PERSOEIRO

    Director de orquestra, compositor e pianista de jazz estadounidense. En 1932 formou a primeira grande orquestra, na que colaboraron músicos de sona como L. Armstrong e R. Eldridge. A metade da década de 1930 traballou como compositor para outros directores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que expresa a variación do valor do pH nun proceso de neutralización en función da constante de acidez K<J>A</J> e da relación C<J>S</J> /C<J>A</J> entre as concentracións de sal e ácido, segundo a fórmula pH = pK<J>A</J> + log (C<J>S</J> /C<J>A</J>). Esta ecuación é só aplicable para os valores de pH entre 4 e 10.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico estadounidense. Doutorouse en Química-Física pola Universidade de Harvard. Estudiou os fenómenos que interveñen nunha reacción química e aclarou a dinámica dos procesos químicos elementais. Recibiu o Premio Nobel de Química en 1986, que compartiu con Yuan Tseh. Lee e John Charles. Polanyi, polo desenvolvemento dunha nova rama da química, a dinámica das reaccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e químico alemán. Os seus estudios sobre lentes e a acción da luz contribuíron ao avance na fotografía. En 1819 descubriu a propiedade de fixación do hiposulfito de sosa. En 1839 obtivo unha imaxe sobre unha emulsión ao carbonato de prata, un procedemento que recomendou a Talbot, Daguerre e Bayard. Creador do cianotipo e inventor das palabras ‘negativo’, ‘positivo’ e ‘emulsión’, traballou tamén no campo da microfotografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo alemán. En 1757 trasladouse a Inglaterra, onde construíu un telescopio de reflexión (1773-1774) e en 1781 descubriu o planeta Urano. Estudiou as nebulosas, as estrelas dobres, os cometas e dous satélites de Saturno, e detectou os raios infravermellos no espectro solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico estadounidense. Os seus principais estudios foron sobre os bacteriófagos. Compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina de 1969 con M. Delbrück e S.E. Luria, polos seus descubrimentos sobre o mecanismo de reprodución dos virus bacteriófagos e a súa estrutura xenética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo estadounidense. Realizou investigacións en Surinam, Haití, Trinidad, Brasil e en distintos lugares de África e interesouse polos procesos de cambio cultural e aculturación na liña de F. Boas. Das súas obras destacan The Economic Life of Primitive Peoples (1940), Man and His Works (1948) e The Human Factor in Changing Africa (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Poitiers (350?-367?). Defendeu o catolicismo fronte aos arianos nos concilios de Nicea (325) e Seleucia (359). Desterrado polo sínodo ariano de Besiers a Frixia (356-360), trala súa volta á Galia convocou o Concilio de París contra o arianismo. Escritor polemista, eséxeta e poeta, redactou os tratados De trinitate e De mysteriis. A Lenda dourada atribúelle moitos milagres. Na iconografía viste de pontifical, con casula ancha e sagrado palio, mitra e báculo; e leva como atributos unha pluma e un libro ou aparece xunto a un neno ou cunha serpe enrolada na parte inferior dun báculo. A súa festividade celébrase o 13 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Holanda Setentrional, Países Baixos, situada 30 km ao SL de Amsterdam (84.674 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento da secreción dunha glándula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de hipersensible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento que se dá a unha emulsión fotográfica para aumentar a súa sensibilidade intrínseca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é extremadamente sensible.

    2. Que presenta unha modificación do estado reaccional dun organismo inducida por sensibilización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno do mecanismo do sono que se caracteriza por episodios de somnolencia excesiva durante o día.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao réxime de voo dunha aeronave ou do movemento dun fluído cando o número de Mach é superior a 5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de magnesio e ferro, de fórmula (MgFe)SiO3. Pertence ao grupo dos piroxenos e cristaliza no sistema rómbico. É de cor verdosa ou marrón, e ás veces, negro. Ten unha dureza de 6 e unha densidade de 3,4-3,9.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de puntos dun espazo n-dimensional tales que as súas coordenadas satisfan unha ecuación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está afectado de hipersuprarrenalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hiperepinefrismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sustentación superior á normal, que se obtén por medio dun hipersustentador.

    VER O DETALLE DO TERMO