"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Corda moi grosa coa que se atan as patas dalgúns animais que están a pastar para que non poidan escapar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instalación ferroviaria onde os trens efectúan paradas discrecionais para recoller ou deixar pasaxeiros. Os apeadeiros non ofrecen servicios de venda de billetes, nin contan con persoal á disposición dos usuarios, limitándose a súa infraestrutura a unha exigua plataforma e, en ocasións, unha marquesiña onde abeirarse os viaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Panca empregada para deter ou poñer en marcha o funcionamento do muíño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obrigar ou facer que se baixe dun medio de transporte.

    2. Descender dun animal no que se monta.

    3. Atar as cabalerías para que non poidan escapar.

    4. Medir unha terreo e poñer os seus lindes.

    5. Deterse o movemento do rodicio do muíño de fariña por estar chea de auga a súa cavidade.

    6. Disuadir a alguén da súa opinión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Correa de coiro que se amarra á punta da canga do xugo para logo pasala por debaixo do pescozo do boi ou da vaca e así poder xunguilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Individuo da famila das apiáceas.

    2. Familia de plantas da orde das arilais á que pertencen 300 xéneros e 3.000 especies. Son principalmente herbáceas anuais ou perennes e rara vez lianas ou arbustos. As follas son alternas e, xeralmente, compostas e divididas. As flores son hermafroditas, pentámeras e case sempre actinomorfas, presentan un nectarífero e están dispostas en umbelas. Algunhas especies desta familia empréganse como alimento, como especias ou como plantas medicinais. En Galicia están presentes os xéneros Angelica, Anthriscus, Apium, Carum, Conopodium, Chaerophyllum, Chrithmum, Daucas, Eryngium, Foeniculum, Heracleum, Hydrocotile, Laserpitium, Oenanthe, Peucedanum, Physospermum, Pimpinela, Sanicula, Scandix, Seseli, Smyrnium, Thapsia, Tordylium e Torilis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adquirir condición plebea.

    2. Perder os nobres os seus hábitos ou linguaxe refinados para adquirir os propios de plebeos.

    3. Facer ou facerse tosco, ordinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Suspensión máis ou menos prolongada da respiración. A súa causa máis común é a hipocapnia, producida pola hiperventilación forzada que segue a un exercicio violento.

    2. Feito de mergullarse na auga contendo a respiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou o Novo ( Ladiocea 313? - 329?) Bispo de Laodicea. Opúxose insistentemente ao Arrianismo afirmando a divindade de Xesucristo. Admitida a tricotomía antropolóxica (corpo, alma, espírito), ensinou que no Cristo este terceiro elemento estaba substituído polo logos divino, do que se segue que en Xesús non había natureza humana completa. A súa doutrina cristolóxica foi condenada polo Concilio de Constantinopla (381).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta da familia das aponoxenotáceas.

    2. Familia de herbáceas da orde das helobiais á que pertence o único xénero Aponogeton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONFEDERACIONS

    Confederación de doce cidades da Acaia, estruturada definitivamente contra o ano 280 a C. Adquiriu importancia a partir do ingreso nela de varias cidades da Argólida e a Arcadia. Desenvolvía unha política exterior única decidida por un sínodo común; comandábaa un estratega, e un dos máis importante foi Arato de Sicione (271-213). Aliada con Macedonia, derrotou a Esparta en Selasia (221). Coa axuda de Roma, xa no s II a C, procurou o dominio total da Grecia continental, ao que se opoñían Macedonia e Esparta. A mediados de século Roma tomou partido por Esparta e a Liga foi vencida e disolta no 146 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • herba das cortadelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome asignado á parte noroccidental da Península Arábiga, comprendendo a península do Sinaí e a zona transxordana ata Siria meridional. O Emperador romano Traxano fíxoa provincia romana no 106 d C. Entre os ss IV e V foi dividida en dúas provincias: Arabia, ao N, con capital en Bostra, e Palestina Salutaris, ao S, con capital en Petra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou o filósofo aragonés (Pedrola, Aragón 1525 - Zaragoza 1581) Nobre e erudito. Conde de Ribagorza, duque de Luna e de Vilafermosa, casado con Luísa de Borja e de Aragón (1541). Foi educado en Santiago de Compostela e na corte como meniño da Emperatriz Isabel e do Príncipe Filipe, a quen acompañou a Flandres, onde tomou parte na Batalla de San Quintín (1557). Escribiu: Memorias Históricas de los Condes de Aragón, Historias de los reyes, condes y obispos de Ribagorza, Gistau, Pallás..., Vida del conde de Luna don Lope y de su hermano el arzobispo e Diálogos de medallas antiguas y de otros monumentos raros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, no val de Almanzora (1.550 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave duns 34 cms, grosa, co pescozo curto, cabeza grande e peteiro longo, de punta móbil e sensible, co que detecta e captura miñocas e larvas de insecto do humus nos bosques caducifolios. Os ollos grandes, propios da súa actividade nocturna, teñen unha disposición especialmente alta e atrasada ofrecéndolle á ave un campo de visión de 360°. A plumaxe é mimética de tons castaños como a follaxe seca do solo das fragas onde vive e aniña. Os pitos, nidífugos, son alimentados directamente polos pais e son transportados en caso de perigo, mesmo en voo, suxeitos coas patas e o peteiro. O voo é errático cun bater intermitente de ás. De distribución paleártica, está ausente na área mediterránea. Na Península Ibérica a súa presencia está limitada ao extremo norte como aniñadora restrinxida a Galicia e os sistemas montanos orientais. Ás aves sedentarias ibéricas súmanse en inverno importantes continxentes do resto do continente.

    2. Ave moi apreciada en gastronomía. A súa preparación esixe o desplumado, pero é cociñada coa cabeza (sen os ollos) e con todos os órganos internos, menos a moega. O soufflé de arcea á Nasselrode, que inventou un conde ruso, mestura a carne de arcea, xamón, trufas e champaña. En Galicia, cocíñase igual ca o resto da caza de pluma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista deportiva bilingüe aparecida en Xubia (Ferrol) en xuño de 1986, editada pola Sociedad de Caza y Pesca de Jubia. Informa sobre pesca fluvial, concursos e técnicas, acuicultura, piscicultura e publicidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos ardeidos ao que pertencen algunhas garzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marqués de Ivrea. Cabeza da oposición antiimperial de Italia, á morte de Otón III foi elixido Rei de Italia e coroado en Pavía (1002). No 1003 derrotou ao Emperador Enrique II, pero foi vencido ao ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO