"Ise" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 454.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glándula de secreción interna, en forma de faba, situada na base do cerebro polo talo pituitario. Esta glándula, relacionada co hipotálamo, regula a maior parte de funcións do organismo entre as que se atopan o desenvolvemento, a sexualidade e o metabolismo. Consta dun lóbulo anterior ou adenohipófise, e un lóbulo posterior ou neurohipófise, que segregan no sangue numerosas hormonas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ablación cirúrxica da hipófise.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desintegración ou descomposición dos tecidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso que se deriva duha reacción homolítica.
-
RIOS
Río de Asia, na Siberia Central, Rusia. Nace no Saián Oriental (Mongolia) e atravesa Siberia de S a N ata a súa desembocadura no mar de Kara, despois de percorrer 4.092 km e drenar unha conca de 2.580.000 km2. Polo seu caudal medio (17.000 m3/s) é o principal río de Rusia e o segundo da zona temperada, despois do Mississippi. Navegable na maior parte do seu percorrido (ata 3.000 km ao interior) o seu réxime é pluvionival, de xeito que rexistra o maior caudal entre maio e xullo e o menor entre decembro e marzo, a causa das xeadas invernais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao Ienisei, ás rexións do seu contorno e aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante das rexións do contorno do Ienisei.
-
Grupo de linguas paleosiberianas do oeste. Comprende o kot, o assan e o arin, extinguidas, e o ket e o guiliak.
-
-
CIDADES
Cidade do ken de Mie, Xapón (105.000 h [estim 2000]). Ten santuarios dedicados á deusa Amaterasu (685? a C), que representan unha das formas máis antigas da arquitectura xaponesa prebudista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Discípulo de Gérard David, foi autor do Díptico da Virxe das Dores, A misa de san Gregorio e o Tríptico do Nadal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao proceso termodinámico no que a entalpía non cambia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao proceso termodinámico no que a entropía non cambia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Isolda.
-
PERSOEIRO
Orador grego. Discípulo de Isócrates e mestre de Demóstenes. Consérvanse once dos seus discursos, moi útiles para o coñecemento da lexislación ática.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Francia, afluente pola esquerda do Ródano. Nace nos Alpes e desemboca despois dun curso de 290 km de lonxitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Francia, situado na , rexión de Rhône-Alpes (7.431 km2; 1.094.006 h [1999]). A súa capital é Grenoble.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade situada no land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (95.700 h [1990]). É un núcleo industrial donde predomina a maquinaria, a electrónica, a industria téxtil e a do papel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Isorna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da rexión de Molise, Italia (1.529 km2; 89.458 h [2001]). A súa capital é Isernia (20.884 h [2001]).
-
CIDADES
Cidade situada no ken de Gumman, na illa de Honshū, Xapón (117.525 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Oyo, Nixeria (217.300 h [1996]). Situada ao NO de Ibadan, é un núcleo da industria téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ienisei.