"Martínez" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 251.

  • PERSOEIRO

    Economista. Promotor da facultade de Ciencias Económicas, Sociais e Políticas de Madrid (1944), foi catedrático de Teoría Económica (1945) e decano, e intentou unha certa racionalización da política económica de España. Atraído nunha primeira época polo nacionalismo económico, inclinouse gradualmente cara ao neoliberalismo e o neocapitalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Doutor en Dereito, foi membro do corpo xurídico da Armada (1974-1983) e letrado do Consello de Estado desde 1979. Coordinador xeral da refundación do PP (1989-1990) e deputado desde 1989, foi vicepresidente (1989-1996) e presidente (1996-2000) do Congreso de los Diputados e ministro de Defensa (2000-2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e profesor auxiliar de paleografía e diplomática na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborador en diversas publicacións, da súa obra destacan Biografía de Don Mauricio Troncoso y Sotomayor: abad de Villar de Crecente e del Couto: guerrillero gallego de la Independencia: 1771-1817 (1941), Documentos pontificios de Galicia: 1088-1341 (1941) e Cartas de Felipe II al Licenciado Antolínez: 1579-1586 (1975). Foi correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Formouse no taller de Mariano Tito Vázquez, onde coñeceu ao tamén pintor Manuel López Garabal, e en 1930 realizou a súa primeira exposición. A súa obra partiu do primitivismo característico da pintura española e galega da primeira metade do s XX e orientouse cara ao naturalismo e ao realismo. Fuxiu dos temas complexos e representou maternidades, nenos, xoguetes e os tipos femininos galegos. De carácter realistas, mostrou máis os efectos escultóricos que pitóricos, sen abandonar nunca o primitivismo. Da súa obra destacan Manoliño (1948), Naiciña (1950), Lavandeiras (1956), Familia mariñeira (1956), Pepiño (1958), Autorretrato (1959), Rapazas de Paredes (1963), Rapazas do mercado (1970) e Curruncho do neno (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presentador e actor. Presentou diversos programas de televisión, como La 5ª Marcha, Hablando se entiende la basca, Popstar, Gran Hemano, Hotel Glamour e Operación Triunfo. Participou no filme El que no corre vuela (1999), na obra de teatro La importancia de llamarse Ernesto (1995) e gravou o disco A dos milímetros escasos de tu boca (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director de dobraxe e actor teatral. Coñecido como Tuto Vázquez, estudou declamación no Conservatorio da Coruña e licenciouse en Arte Dramática no Institut del Teatre de Barcelona. Participou en máis de 50 espectáculos, dos que destacan O señor Bonhome e os incendiarios (1966), co Grupo Teatral O Facho; Macbeth (1975) con Teatro Circo; e A noite vai coma un río (1979), coa Escola Dramática Galega, da que foi un dos cofundadores. Participou no espazo radofónico Preescolar na casa, e nas series de televisión Pratos Combinados, Mareas Vivas e Avenida de América. No cine destacan as súas interpretacións en Blanca Madison (1998) e O lapis do carpinteiro (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1896). En 1899 gañou o concurso do balneario da Toxa, hoxe desaparecido, cuxa construción se realizou en 1905. En 1907 iniciou a construción do Centro Galego da Habana. Foi arquitecto municipal e do bispado de Ourense. Realizou unha obra de características modernistas e eclécticas, da que destacan, entre outros, o desaparecido edificio do Garaxe Hispanoamericano no Paseo; a vivenda de M. Feijoo en Ceano Rivas; o palco da música da Alameda, o quiosco da Sociedad Recreativa La Peña, o Asilo Santamarina-Temes do Santo Anxo, a Caixa de Aforros Provincial e a delegación de Defensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora, condesa de Espoz y Mina. Acolleu nos salóns da súa casa da ; Coruña aos liberais que conspiraban contra Ramón María Narváez. Con Concepción Arenal, cofundou un padroado de señoras para a visita e o ensino dos presos e foi unha das organizadoras dos Xogos Florais de Galicia celebrados na Coruña. Publicou Memorias del general Espoz y Mina (1850-1852), en cinco volumes; e Historia interior del Palacio (1841-1843), que deixou manuscrito e que se publicou en 1910.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e mestra, irmá de Xoán Vidal Martínez. Colaborou no Teatro Experimental de Arte, co que representou varias das súas obras. Dos seus libros destacan a obra teatral Camiño de Belén (1946) e o poemario Poemas de nenos e paxariños (2000). Foi membro correspondente da Real Academia Galega (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e mestre, irmán de Aurora Vidal Martínez. Membro da escola hilozoísta da Xeración do 22, relacionouse con L. Amado Carballo, co que fundou a revista Alborada. Posteriormente cofundou Cristal e colaborou en Nós. Na súa obra   diferéncianse tres etapas, unha primeira de mocidade, outra marcada pola influencia do hilozoísmo e unha terceira e última en que se aproximou ao dadaísmo ultraísta. Publicou Mágoas (1922), con prólogo de A. Carballo; Alcor (1927) e a antoloxía poética Voz y memoria (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Porteiro de fútbol. Xogou no Universitari, no Español (1916-1919), no FC Barcelona (1919-1922) e, de novo, no Español (1922-1931). Acabou a súa carreira xogando no Real Madrid (1931-1936). Foi 46 veces internacional. Exerceu como adestrador, seleccionador nacional (1952) e secretario técnico do Español (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO