"OCR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 295.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de procrear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen procrea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Producir os homes ou os animais novos individuos da súa especie por medio da reprodución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Erro cronolóxico que consiste en presentar un feito nunha época ou data anterior á que ocorreu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da física do estado sólido que estuda a estrutura cristalina dos corpos sólidos, e que emprega técnicas de difracción de radiacións electromagnéticas (raios X) ou técnicas de difracción de partículas (electróns e neutróns). Foi usada por primeira vez por M. von Laue en 1912.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade dos corpos de deixar penetrar ou atravesar, máis ou menos, os raios X.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de análise cualitativa e cuantitativa baseado na cromatografía sobre papel. A sensibilidade de detección foi aumentada pola utilización de substancias marcadas (marcaxe radioactiva) ou pola irradiación do papel con neutróns. Empregouna M. Calvin no estudo da fotosíntese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento para establecer unha cronoloxía por medio da radioactividade dunha mostra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político africano fundado en 1946 por Félix Houphouët-Boingy, Daniel Quezzin Coulibaly e Sekou Touré. O seu obxectivo era conseguir a independencia dos territorios baixo a administración francesa do norte do golfo de Guinea. Ao acceder os estados africanos á independencia dividiuse en diversos partidos independentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política de Sáhara Occidental proclamada en febreiro de 1976 baixo o impulso do Frente Polisario e que pretende o seu recoñecemento como estado polos outros países do mundo. Recoñecida por máis de sesenta países, é membro de pleno dereito da OUA pero non da ONU. Ante a vontade de Marrocos de anexionarse o territorio e a resistencia da poboación saharauí, esta organización proxectou en 1988 un referendo para decidir a súa lexitimidade, consulta aínda pendente de celebrarse. Co apoio de Alxeria, posúe un exército de liberación, dirixido polo Frente Polisario, que combate as forzas ocupantes marroquís, controla diversas formas do territorio saharauí e administra os campos de refuxiados establecidos na rexión alxeriana de Tindouf.
-
VER O DETALLE DO TERMO
República Democrática Alemana [Alemá].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate librado entre as forzas francesas e as españolas ante a cidade de Rocroi nas Ardenas o 19 de maio de 1643. As tropas españolas integradas polos terzos e comandadas polo militar portugués Francisco de Melo, gobernador de Flandres, asediaron Rocroi a causa do seu interese estratéxico e das poucas tropas de que dispoñía. A derrota representou o fin do espírito da ofensiva española en Europa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato de manganeso, de fórmula MnCO3 que cristaliza no sistema romboédrico, en cristais pequenos. É exfoliable e fráxil e presenta unha cor rosada de tons diversos, cun brillo vítreo. Ten unha dureza de 4 e un peso específico de 3,4 a 3,6. É un importante mineral de manganeso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título do Imperio Bizantino, creado en 1081 por Aleixo I Comneno a favor do seu irmán Isaac. Na xerarquía bizantina ocupou o primeiro grao, ata que, en 1163, Manuel I creou o título de déspota.
-
-
Relativo ou pertencente a Serbia e a Croacia.
-
-
Relativo ou pertencente ao serbocroata.
-
Lingua eslava do phylum indoeuropeo que se fala en Croacia, Bosnia-Herzagovina, Serbia e Montenegro. É a lingua nativa de catro grupos étnicos: os serbios, os croatas, os montenegrinos e os musulmáns bosnios. Ten variantes dialectais que responden a circunstancias histórico-culturais diferentes e escríbese con alfabetos diferentes: o cirílico, empregado polos serbios, e o latino, empregado polos croatas. Entre o serbio e o croata existen notables diferenzas léxicas e sintácticas, aínda que a súa fonética e morfoloxía resultan menos diferenciadas. O serbocroata presenta os trazos característicos da maioría das linguas eslavas: flexión nominal morfolóxica (declinación con sete casos: nominativo, xenitivo, dativo, acusativo, locativo, instrumental, vocativo), existencia do xénero neutro, sistema verbal cos dous aspectos básicos (imperfectivo e perfectivo) e multitude de formas persoais e temporais, léxico esencialmente eslavo (ao que se lle engadiu un certo número de préstamos do...
-
literatura serbocroata
Literatura cultivada en serbocroata. A literatura popular constitúe, en xeral, un patrimonio cultural común aos pobos serbio e croata e, á vez, unha fonte importante de inspiración para a literatura culta. Particularmente valiosa é a poesía épica. En canto á literatura culta, e coa excepción dalgunhas manifestacións esporádicas, cómpre falar dunha literatura serbia e unha literatura croata, desenvolvidas en condicións históricas distintas. Na Idade Media (e máis tarde, ata finais do s XVIII), a literatura culta serbia consistiu, esencialmente, en escritos de carácter relixioso, iniciados polos discípulos dos xermanos Cirilio e Metodio, evanxelizadores dos pobos eslavos. A lingua destes escritos é o eslavón, cunha transición gradual cara ao serbocroata, e de grafía cirílica (glagolítico). A partir do s XIV, en Croacia, rexión católica, o eslavón foi substituído polo latín. Unha evolución á parte ten a cidade croata de Ragusa (actual Dubrovnik), como tamén outras cidades de Dalmacia (posesión...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político británico xurdido en 1981 a raíz dunha escisión do Labour Party protagonizada por Roy Jenkins, David Owen, William Rodgers e Shirley Williams. Mantivo unha alianza electoral co Liberal Party que fracasou no intento de romper o sistema bipartidista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento socialista caracterizado pola renuncia ao marxismo, a aceptación das institucións liberal-democráticas e unha práctica política de tipo moderado. Desde finais do s XIX ata a Primeira Guerra Mundial fai referencia aos partidos políticos de inspiración marxista, sobre todo en Alemaña, países escandinavos e Rusia. A primeira tendencia revisionista do marxismo, protagonizada por E. Bernstein, rexeitaba a ditadura do proletariado e preconizaba unha transformación lenta do sistema capitalista, que se convertería en socialista mediante un proceso de reformas graduais e sucesivas, conseguidas a través da loita parlamentaria, en que os socialistas habían de buscar a alianza dos partidos burgueses da esquerda. As tendencias revisionistas penetraron profundamente na práctica política de diversos partidos socialistas, como o Sozialdemokratische Partei Deutschlands, o Partido Socialdemócrata Danés, o Partido do Traballo de Noruega e o Partido Socialdemócrata Sueco. O Labour Party británico...
-
-
Relativo ou pertencente á socialdemocracia.
-
Partidario da socialdemocracia.
-
-
PERSOEIRO
Filósofo. A súa figura é coñecida por testemuños, a miúdo contrapostos. Despois de morto proliferou a literatura dos diálogos socráticos (Diálogos de Platón, Ditos memorables, a Apoloxía e o Simposio de Xenofonte e os Diálogos de Fedón). Sen aspiracións políticas, non puido evitar ser membro da bulé ateniense e participar noutros órganos de decisión. Baixo a democracia, foi acusado de irrelixioso e de corruptor da xuventude, e foi condenado a morte. Opuxo ao relativismo dos sofistas a convicción de que existe sempre unha verdade absoluta sobre as cousas, enraizada no seu ser esencial e á cal o home ha de procurar acceder por medio da razón. Opúxose tamén aos físicos, rexeitando a prioridade dada ao problema da natureza e o camiño empregado para conquistar a verdade. Promoveu un diálogo estritamente humano, fecundo na medida en que os diversos interlocutores, sometidos polo mestre a un hábil interrogatorio, van aproximándose, desde as súas respectivas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. A súa Historia da Igrexa, continuación da de Eusebio de Cesarea, comprende o período que vai desde 305 a 439.
VER O DETALLE DO TERMO