"ONG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 454.
-
PUNTA
Punta do litoral atlántico situada entre a punta Xarrido e cabo Prior, na parroquia de Covas (Ferrol).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Episodio da Revolución Chinesa en que as tropas comunistas, para evitar o cerco e a destrución polas forzas de Guomindang, se retiraron desde Kiang-si, en China Meridional, a Shen-si, ao N de China, e fixeron case 10.000 km, de outubro de 1934 a outubro de 1935. Os xefes políticos e militares desta retirada, crucial na guerra civil e na Revolución Chinesa, foron Mao Zedong, Zhue Te e Zhu Enlai.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie de foguetes chineses destinados a poñer satélites en órbita. O primeiro da serie (CZ-1) entrou en servizo en 1970 e podía poñer en órbita baixa un satélite de 400 kg. O CZ-2 tiña unha capacidade de 1.200 kg e o CZ-3 podía situar en órbita 2,5t.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poemario de Celso Emilio Ferreiro publicado en 1962 pola editorial Salnés, en Vigo. É, sen dúbida, o libro co que este autor se consolidou publicamente como poeta e o que maior fortuna tivo, xa que se converteu nun auténtico emblema da liña poética social-realista. O éxito acadado por esta obra explícase por ser un libro de poemas de reivindicación social nun tempo en que resultaba necesario e que o propio poeta entendía como manifestación solidaria co pobo e consonte cun proceso de denuncia e un desexo de xustiza que sempre o animou no acto da escrita. Celso Emilio, pois, tende a solidarizarse cun plural colectivo, abeirándose conscientemente á queixa amarga dunha Rosalía ou dun Curros, e mesmo á obra de autores que, desde unhas perspectivas distintas, perseguen cantar desde ou para unha realidade allea e castigada historicamente, concretada nunhas referencias temáticas moi precisas como serían, no seu caso, as que atinxen á Guerra Civil Española, ao relato da represión fascista, á expresión...
-
MONTES
Monte que forma parte da serra de San Mamede e que pertence á parroquia de Gabín (Montederrano). O seu cumio acada os 1.224 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Embutido que se elabora enchendo unha tripa longa e delgada con carne magra de porco picada e adubada con pementa e outras especias. Consérvase crúa e déixase secar durante certo tempo, aínda que nalgúns lugares se conserva en aceite ou pingo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é máis longo ca ancho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Película cinematográfica que ten unha duración, polo menos, superior a unha hora.
-
-
Que atura con resignación e paciencia as adversidades e ofensas.
-
Que é xeneroso e magnánimo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de longánime.
-
VER O DETALLE DO TERMO
longaínza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
langaño.
-
-
Viga que sostén o taboleiro dunha ponte.
-
iga que sostén as travesas dos carrís de ferro.
-
-
PERSOEIRO
Político e eclesiástico inglés. Apoiou a Ricardo Corazón de León e Xoán I de Inglaterra na sublevación contra o seu pai Enrique II de Inglaterra. Nomeado bispo de Ely, chanceler e xusticeiro de Ricardo Corazón de León (1189), gobernou Inglaterra trala marcha do rei ás cruzadas (1190). A dureza da súa administración provocou o rexeitamento da nobreza, que, encabezada por Xoán sen Terra, o desposuíu en 1191.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Na súa obra conxugou elementos autobiográficos e influencias directas do romanticismo alemán. É autor de Outremer: a Pilgrimage Beyong the Sea (1834), Hyperion (1839), Voices of the Night (1839) e Ballads and Other Poems (1842). Tamén destacan os poemas “Evangelina” (1847) e “The Song of Hiawatha” (1855) e a tradución da Divina Commedia (1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e economista irlandés. Foi o primeiro titular da cátedra de Economía Política do Trinity College de Dublín (1832-1836). Precursor de Böhm Bawerk, na obra Lectures on Political Economy (1834) destacou a importancia do concepto de custo de produción e aproximouse ao de utilidade marxinal.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Leinster, Irlanda (1.091 km2; 30.166 h [1996]). A súa capital é An-Longfort (6.510 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Nas súas obras mantivo sempre visibles as liñas estruturais a pesar da ornamentación barroca. Proxectou en Venecia a igrexa de Santa Maria della Salute (1631), a escaleira do convento de San Giorgio Maggiore (1645) e rematou a igrexa de Santa Maria di Scalzi (1646). Posteriormente, traballou nos palacios de Pesaro e Rezzonico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiadora da arte e novelista. Coñecida como Anna Banti, a súa narrativa reflicte a problemática da condición feminina e da súa emancipación. É autora de Itinerario di Paolina (1937), Artemisia (1947), Le donne muoiono (1952), La monaca di Sciangai (1957) e Campi Elisi (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alessandro Falca.