"Obre" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 296.

  • Desaxuste na circulación económica motivado por un exceso de produción que fai que o volume da oferta dun mercado sexa superior á capacidade efectiva da demanda. As crises de sobreprodución, que son contrarias ás leis de Jean Baptiste Say sostidas polos clásicos, foron tratadas analiticamente dunha maneira equivalente ás de subconsumo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte ou sistema dun xerador de vapor que, por intercambio calorífico, eleva a temperatura do vapor saturado procedente da caldeira sen aumentar a presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quentamento dun vapor por riba da súa temperatura de ebulición. Algunhas máquinas térmicas traballan con vapor de auga a unha temperatura bastante superior a 100°C, é dicir, con vapor de auga sobrequentada.

    2. Quentamento excesivo dun metal que produce unha alteración da súa resistencia mecánica e, no caso do aceiro, aumenta a fraxilidade a causa do desenvolvemento de determinantes grans por absorción dos grans contiguos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • iga de madeira ou perfil de ferro ou de aceiro, en forma de T ou de dobre T, disposta de proa a popa sobre a quilla, á que está unida polo interior do buque dunha embarcación. A sobrequilla dá á embarcación resistencia lonxitudinal e soporta as varengas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico italiano. Estudou con Berzelius e Liebig e foi profesor en Turín. Dedicouse ao estudo dos explosivos e en 1847 descubriu a nitroglicerina e as súas propiedades explosivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de ferro semicircular fixada na parte da roda do carro en que se unen as cambas e o mión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sobresae.

    2. Máxima cualificación que se pode obter nun exame ou proba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ser unha persoa ou cousa máis alta ca as que ten ao seu lado.

    2. Resaltar unha cousa ou parte dela ao estar nunha posición máis avultada ca o resto.

    3. Superar alguén aos demais nunha calidade ou don.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • sobresaínte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer sentir medo ou desasosego a alguén.

    2. Sentir medo ou angustia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración do ánimo que pode provocar movementos reflexos inconscientes producida por unha sensación súbita de perigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Situación instantánea dun vapor en que as condicións termodinámicas son as axeitadas para a súa transformación en líquido, pero que aínda non tivo lugar. No caso de vapor de auga, pódese conseguir esta situación baixando bruscamente a temperatura do aire húmido.

    2. Condición que existe nunha solución cando esta contén unha cantidade de soluto superior á necesaria para saturala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á sobresaturación.

    2. Que presenta sobresaturación.

    3. Solución que, a unha temperatura determinada, contén unha cantidade de soluto superior á que pode estar en equilibrio co soluto non disolto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Producir unha sobresaturación.

    2. Exceder unha solución a concentración de saturación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escribir algo sobre unha cousa.

    2. Pór o sobrescrito ou enderezo, nunha carta, paquete ou documento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de sobrescribir.

    2. Nome e dirección do destinatario dunha carta ou paquete.

    3. Sobre ou envoltorio que leva escrito o enderezo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á palabra que leva o acento prosódico na sílaba anterior á antepenúltima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acto do tribunal competente para o coñecemento dunha causa, unha vez concluído o sumario, dándoa por rematada antes do xuízo final. Denomínase sobresemento libre cando se demostra que non houbo delito ou que os procesados están exentos de penalidade, e sobresemento provisional, cando non hai probas suficientes para demostrar a comisión dun delito ou a culpabilidade dos procesados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teito do forno.

    VER O DETALLE DO TERMO