"PLA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 722.

    1. Acción e efecto de implantar ou implantarse.

      1. Inserción dun implante.

      2. Anastomose cirúrxica terminolateral.

      3. Introdución subcutánea dun medicamento sólido coa finalidade principal de conseguir unha absorción metabólica lenta.

      4. implantación coclear

        Técnica cirúrxica empregada para o tratamento da xordeira bilateral profunda, baseada na implantación dunha prótese que, mediante unha estimulación eléctrica directa sobre o nervio auditivo, produce no paciente unha sensación de audición. Mediante un proceso de rehabilitación chégase, en moitos casos, á discriminación de todos os sons e as palabras do idioma, o que permite a reincorporación a unha vida social normal.

    2. Fixación na mucosa uterina do ovo fecundado.

    3. Procedemento que consiste en bombardear un material con átomos ionizados de suficiente enerxía para penetrar máis aló da capa superficial do material. A introdución destes ións permite cambiar as propiedades do material implantado; esta técnica é amplamente utilizada en electrónica e en metalurxia. Permite controlar de maneira precisa a cantidade de átomos introducida e a profundidade de penetración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecer algo nun lugar, especialmente un costume, uso ou norma.

    2. Realizar unha implantación.

    3. Establecerse algo nun lugar, especialmente un costume, uso ou norma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia ou estrutura metálica ou sintética ou ben composto, elemento, tecido ou órgano introducido cirurxicamente no tecido celular subcutáneo para dar soporte a unha prótese, conseguir unha liberación lenta do principio activo (implante medicamentoso), ou mellorar ou rexenerar a función dun órgano danado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo pedagóxico creado en París en 1963 e dependente da UNESCO. Ten como finalidade promover a formación e a investigación na planificación da educación en relación co desenvolvemento socioeconómico. Os seus propósitos principais son formar os reponsables da planificación da educación, investigar aspectos importantes da planificación da educación e difundir os novos conceptos, métodos e técnicas na materia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao que está situado entre os planetas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema educativo que ideou Peter Petersen e puxo en práctica en 1924 nun centro experimental anexo á facultade de Pedagoxía da Universidade de Jena (Alemaña). Segundo este sistema, a escola estaba concibida como unha escola-familia integrada por tres grupos de persoas (mestres, pais e alumnos) e organizada en réxime de autogoberno. O seu obxectivo era a educación segundo o método de traballo escolar por grupos de alumnos, que se formaban libremente atendendo ás afinidades extraescolares. Fúndase en dous principios básicos: a) a escola concibida como comunidade de traballo e vida; e b) sistema coeducacional durante un período escolar de dez anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro mecánico austríaco. Especializado en turbinas hidráulicas, perfeccionou as de hélice a fin de obter velocidades de rotación altas. Inventou a turbina hidráulica que leva o seu nome, a turbina Kaplan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación diferencial en derivadas parciais que se expresa pola fórmula Äf=0, onde Ä é o laplaciano. As funcións que son solución da ecuación de Laplace denomínanse funcións harmónicas, e teñen unha especial aplicación na teoría do potencial. No caso de que f sexa unha función da variable complexa z=x+iy, a ecuación de Laplace expresa a condición necesaria e suficiente para que f sexa derivable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Leis que establecen as relacións entre os campos magnéticos e as correntes que circulan por condutores situados baixo a súa influencia. A primeira lei establece que a forza exercida por un campo magnético B sobre un elemento lineal diferencial de d l dun circuíto por onde circula a corrente I, vale d F =Id l Ä B . A segunda lei, formulada tamén por Ampère e derivada da lei de Biot-Savart, establece que a indución magnética d B creada por un elemento d l dun condutor percorrido por unha corrente I está nun punto do espazo situado nunha posición r respecto do elemento,

    FORMULA

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: laplaciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo, matemático e físico, marqués de Laplace. En astronomía destaca por unha teoría sobre a orixe do sistema solar, que se basea na teoría de Kant, e é coñecida como hipótese de Kant-Laplace. Investigou a traxectoria dos planetas e a estabilidade do sistema solar. Desenvolveu o cálculo de probabilidades e unha teoría da capilaridade e formulou dúas leis do electromagnetismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dada unha función real f tal que f(t) = 0 para t<0, función F (s) definida pola expresión F(s) = c∞0 f(t)e-stdt, sendo s un número complexo. Desígnase a miúdo por L(f) ou ben por Lf Permite transformar ecuacións diferenciais en ecuacións alxébricas e emprégase na análise de circuítos eléctricos e de servosistemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás teorías de P. S. Laplace.

    2. Operador diferencial representado polos símbolos K, 62 que, ao ser aplicado sobre unha función real de varias variables reais, f (x1....xn), dá lugar á función


      FORMULA


      OBS: Tamén se coñece como operador de Laplace.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro, economista e sociólogo francés. Estudiou sobre o terreo a vida dos campesiños e defendeu a necesidade de salvar a familia, que consideraba a célula social básica, punto de partida e fin de toda reforma política. Publicou La réforme sociale (1855) e Les ouvriers des deux mondes (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela (1170-1214), filla de Enrique II de Inglaterra e de Leonor de Aquitania. Casou en 1170 con Afonso VIII de Castela, co que o Ducado de Gascoña quedou anexionado á coroa. Fundou en Burgos o mosteiro de Las Huelgas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección das mucosas, principalmente da bucal, que consiste na aparición de placas brancas ou opalinas resultantes do engrosamento e a queratinización do epitelio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á leucoplasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orgánulo incoloro da célula vexetal incapaz de fotosintetizar, que ten a función de almacenar substancias de reserva. Así, os amiloplastos almacenan amidón; os oleoplastos, aceites e os proteinoplastos, proteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plancto de auga doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disco fonográfico de longa duración.

    VER O DETALLE DO TERMO