"Rel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 842.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘velliño’.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (180-192), fillo de Marco Aurelio. En 176-177 foi proclamado imperator e augusto, e converteuse desde este momento en correxente. Adoptou o nome imperial de Marco Aurelio Comodo e comezou o seu goberno asinando un acordo de paz, pouco favorable para os romanos, cos pobos dos marcomanos, os cuados e os buros. Exerceu o poder dun xeito despótico, sen contar co Senado e cos colaboradores do seu pai, e apoiouse no exército e na plebe. Atacou a nobreza senatorial, que tramou varias conspiracións na súa contra e tivo que someter dous levantamentos en África e Britania. Durante o seu goberno tentou equilibrar a situación económica con escasos resultados, preludio da situación de postración económica do Imperio no s III. Morreu asasinado a instancias da súa amante, Marcia, e dos seus servidores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
peneira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano consultivo da Comunidade Autónoma de Galicia adscrito á consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Creado pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, está integrado por representantes das organizacións sindicais de traballadores e do empresariado e ten competencias en materia de dereito laboral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Querela presentada polo querelado contra o querelante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das dúas pezas que reforzan a roda do carro, xunto coa camba e o mión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba deportiva consistente en percorrer un traxecto no menor tempo posible e na que os competidores non toman a saída simultaneamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parellas de electróns unidos polo intercambio de fonóns virtuais ou imaxinarios que, segundo a teoría BCS, explican o efecto da supercondutividade. Para que os dous electróns estean ligados, a enerxía total da parella ten que estar por debaixo do nivel de Fermi nunha cantidade determinada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía canadense que produce aplicacións de autoedición e retoque fotográfico como o Corel Draw, programa de deseño por ordenador, e o Corel WordPerfect, procesador de textos. Ambos contan cun dicionario de galego co que é posible efectuar revisións ortográficas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte alta dun suco que se forma cando se fai un rego.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Foral de Navarra, drenado polo río Alhama, situado no val do río Ebro (6.329 h [1996]). A base da súa economía é a industria, que ocupa o 52% da poboación, sobre todo o sector vitivinícola -nunha superficie cultivada que supera as 1.500 ha-, e a fabricación de materiais de construción. Tamén destaca a produción de hortalizas e árbores froiteiras. Do seu patrimonio arquitectónico cómpre salientar as igrexas do Rosario e de San Miguel, a casa dos Escuredo e a Casa-Museo de Arrese. Do antigo castelo de Corella, de principios do s XII, non quedan restos. No antigo convento das monxas beneditinas está o Museo de la Encarnación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e violinista italiano. En 1666 marchou a Boloña e alí realizou estudios musicais con Giovanni Benvenuti e Leonardo Brugnoli. Posteriormente, ingresou na Accademia Filarmonica. Xa en Roma, foi primeiro violinista e músico de cámara da Raíña Cristina de Suecia, estivo ao servizo do cardeal Pamphili e, a continuación, do cardeal Pietro Ottoboni. Así mesmo, foi mestre da capela de San Liugi dei Francesi, en Roma, director de ópera no Teatro Tor di Nona e en 1706 admitírono na Accademia Arcadiana. Retirado da vida pública en 1708, contribuíu ao establecemento da sonata e, xunto con Torelli, foi un dos grandes creadores do concerto grosso. Da súa produción destacan os Concerti grossi op 6 (1714) e as súas sonatas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenor. Coñecido como Franco Corelli, cantou regularmente na Scala de Milán dende 1954 e a miúdo no Metropolitan Opera House de Nova Yok. Gravou óperas completas e diversos recitais de arias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dario Corelli.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pano enroscado ou cousa similar que se adoita colocar na cabeza para levar cargas.
-
-
Relación recíproca ou mutua entre dúas ou máis cousas ou unhas con outras.
-
Grao de interdependencia entre diversas variables, isto é, entre diferentes conxuntos de números. Se os valores das diferentes variables satisfán exactamente unha ecuación, dise que hai unha correlación perfecta entre elas. Fálase de correlación simple e de correlación múltiple dependendo de se o número de variables é igual ou superior a dous. Os valores das variables represéntanse no chamado diagrama de dispersión. Se todos os puntos do diagrama parecen encontrarse aproximadamente sobre unha recta, dise que a correlación é lineal; cando os puntos describen unha certa aproximación a unha curva, fálase de correlación non lineal. Dadas dúas variables aleatorias X e Y, dise que hai unha correlación directa ou positiva se Y tende a aumentar ou a diminuír conxuntamente con X; pola contra, se Y tende a diminuír cando X se incrementa, ou á inversa, hai unha correlación inversa...
-
-
Fenómeno fonolóxico segundo o que se vinculan dúas ou máis entidades fonemáticas en relación cun determinado trazo pertinente. Trátase, pois, dunha relación xeneralizada, na que os seus membros se coñecen como correlativos. Entre as correlacións máis frecuentes hai que mencionar a melódica, onde cada fonema ocupa un lugar, segundo os valores dos seus trazos tonais, que cambian ao longo da súa duración; a correlación de timbre, que afecta á localización acústica dos fonemas vocálicos; a correlación de cantidade, por oposición de duración longa e duración breve; a correlación de nasalidade, fundamentada na ausencia ou na presenza de resonancias nasais; a correlación vocal ou de sonoridade, por oposición de sons con vibracións vocais ou sen estas vibracións; a correlación tónica, mediante a oposición de fonemas tónicos e fonemas átonos segundo a distribución da intensidade acústica, que permiten diferenciar, por exemplo,...
-
correlación gramatical
Interrelación que se dá entre dous ou máis elementos dunha oración: a existencia dun condiciona a do outro, e os dous denomínanse correlativos. Así, na expresión Tan pronto ri como chora, as formas tan pronto e como son correlativas, de xeito que unha supón a outra.
-
-
Figura retórica de repetición que consiste na correspondencia sintáctica ou semántica entre os membros de dous ou máis conxuntos de elementos dispostos de maneira similar. Dámaso Alonso distinguiu a correlación reiterativa, na que os distintos conxuntos de elementos que integran o texto teñen o mesmo contido conceptual; a correlación progresiva, na que existe un avance no contido dos conxuntos; e a correlación recolectiva, que implica unha recompilación final dos elementos dispersos no texto.
-
Relación equivalente entre os estratos, que pode ser litostratigráfica, baseada na composición petrográfica e na posición estratigráfica dunha unidade, e biostratigráfica, baseada na existencia de fósiles correlativos.
-
-
-
de correlacionar.
-
Aplícase ao fenómeno estatístico que consiste en que as series de observacións que o conforman presentan un coeficiente de correlación coas doutro.
-
Integrante dunha correlación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a unha correlación.
-
-
Poñer en relación dúas ou máis cousas.
-
Establecer a correlación que existe entre dúas series estatísticas.
-
-
-
Que ten correlación con outra ou outras cousas.
-
Que se sucede de forma inmediata, especialmente referido a número.
-
Aplícase ao termo que indica unha relación de dependencia entre dous membros. Así ou é correlativo de ou en O mestre dille sempre: ou calas ou te castigo.
-
Parella de fonemas que se atopan nunha relación de oposición bilateral, proporcional e privativa.
-