"Sil" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 565.
-
PERSOEIRO
Teólogo. Adversario da supremacía do papado, escribiu o tratado Defensor pacis, onde defendeu a autonomía e independencia do poder político fronte ás pretensións do papado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor, autor e director teatral. En 1946 debutou no teatro profesional na compañía de Alejandro Ulloa, e pouco despois no cine co filme Mariona Rebull (1947). En 1977 foi nomeado director do Centro Dramático Nacional, e a mediados da década de 1980 fundou a Compañía Nacional de Teatro Clásico. Foi director do Instituto de las Artes Escénicas y la Música (INAEM) do Ministerio de Cultura (1989-1990). Dirixiu obras de autores clásicos e modernos, das que destacan Marat-Sade (1968), Tartufo (1978) e El Misántropo (1997), e tamén de produción propia, como Yo me bajo en la próxima...y usted? (1982) e Tan lejos, tan cerca (1998). Recibiu o Premio Nacional de Interpretación (1960), o Premio Nacional de Teatro (1974), a Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes (1991) e o galardón de honra dos premios Max de teatro (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
marsellés.
-
-
Relativo ou pertencente á antiga colonia helena de Massilia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da antiga Massilia.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Masa composta de branco de España e aceite de liñaza, que empregan os pintores e os carpinteiros para tapar furados e raiados e os vidreiros para suxeitar os vidros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino de Massalia.
-
PERSOEIRO
Escritor e xeógrafo. Escribiu Población general de España (1645) e o que parece unha copia manuscrita ampliada da segunda edición titulada Descripción de ciudades y villas de Galicia, onde amosa o territorio galego e as súas principais cidades e vilas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Princesa de Éboli, segunda princesa de Melito e segunda duquesa de Francavilla, filla de Diego Hurtado de Mendoza. Casou con Rui Gomes de Silva, primeiro duque de Pastrana e príncipe de Éboli. Dama de compañía de Isabel de Francia, encabezou, xunto con Antonio Pérez, o partido ebolista, que propugnaba unha saída negociada da rebelión flamenga e defendía unha solución federalista que respectase os privilexios de cada reino. Parece ser que tiveron negociacións secretas cos rebeldes flamengos, descubertas por Juan de Escobedo, ao que fixeron asasinar (1578). Filipe II afastouna da corte en 1579.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo portugués. A súa obra sitúase nunha época intermedia entre o naturalismo e o neorromanticismo, aínda que cultivou desde o drama histórico, como en Os Castros (1898) e O sonho da India (1898), ata a crítica social baixo a influencia de Ibsen, como en O Regente (1898) e Almas doentes (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido non coñecido en estado libre, e que é un dos ácidos dos que derivan formalmente os silicatos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina aérea propulsada que está destinada a percorrer unha traxectoria para alcanzar un branco determinado. A súa propulsión pode ser por foguete, por reactor aerobio ou por un sistema mixto. Os mísiles poden ser balísticos ou ben, polo xeral, ir provistos dun sistema de dirección, para o que se empregan dous sistemas: o telecontrol, case en desuso, e o autocontrol, que pode ser pasivo (detección de radiacións emitidas polo branco), activo (sinais de radar emitidos polo mesmo mísil) e semiactivo (sinais emitidos desde unha estación externa ao mísil). Para nomear os mísiles emprégase un acrónimo de tres ou catro letras, iniciais de termos ingleses, segundo o punto de lanzamento e a localización do obxectivo, S para superficie tanto terrestre como naval, A para aire, SL para lanzamento submarino e U para obxectivo submarino; outras letras indican o alcance (IC intercontinental, MR medio e SR curto); e a última letra do acrónimo sempre é M, de mísil. Os mísiles antimísil son denominados...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina aérea propulsada que está destinada a percorrer unha traxectoria para alcanzar un branco determinado. A súa propulsión pode ser por foguete, por reactor aerobio ou por un sistema mixto. Os mísiles poden ser balísticos ou ben, polo xeral, ir provistos dun sistema de dirección, para o que se empregan dous sistemas: o telecontrol, case en desuso, e o autocontrol, que pode ser pasivo (detección de radiacións emitidas polo branco), activo (sinais de radar emitidos polo mesmo mísil) e semiactivo (sinais emitidos desde unha estación externa ao mísil). Para nomear os mísiles emprégase un acrónimo de tres ou catro letras, iniciais de termos ingleses, segundo o punto de lanzamento e a localización do obxectivo, S para superficie tanto terrestre como naval, A para aire, SL para lanzamento submarino e U para obxectivo submarino; outras letras indican o alcance (IC intercontinental, MR medio e SR curto); e a última letra do acrónimo sempre é M, de mísil. Os mísiles antimísil son denominados...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica relativa á construción e uso dos mísiles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos mísiles.
-
-
Relativo ou pertencente aos monosílabos.
-
Lingua que presenta un sistema léxico integrado principalmente por monosílabos.
-
erso dunha soa sílaba que non ten máis ritmo ca o que lle dá a combinación métrica en que se integra.
-
-
-
Calidade de monosilábico.
-
Carácter dun escrito ou dunha lingua na que non se utilizan máis ca monosílabos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á palabra que presenta unha soa sílaba.
-
PERSOEIRO
Compositor ucraíno. Estudou con Glière en Moscova. Autor de obras para orquestra de estética realista, como Fonderi d’acier (A fundición de aceiro, 1926), compuxo tamén sinfonías, unha comedia musical, a cantata patriótica Minino et Pozharski, o poema sinfónico Ukraine, e música de cámara e vocal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz teatral e cinematográfica. O seu traballo na versión cinematográfica da obra homónima de Mercé Redoreda La plaça del diamant (1982, Premi de Cinematografía da Generalitat de Catalunya á mellor actriz, 1983) abriulle as portas do cine. Sen abandonar o teatro, participou nos filmes Els papers d’Aspern (1991), Alas de mariposa (1991, Goya á mellor actriz, 1992), La pasión turca (1994, Premio Sant Jordi, 1995), Secretos del corazón (1997) e Aunque tú no lo sepas (2000). Tamén dirixiu a curtametraxe documental Lalia (1999, Premio Goya ao mellor documental, 2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor austríaco. Dedicou gran parte da súa obra a analizar a crise espiritual de comezos do s XX. Iniciouse coa novela Die Verwirrungen des Zöglings Törless (Aconfusión do interno Törless, 1906). Tamén é autor de Die Vereinigungen (As asociacións, 1911) e da monumental obra incabada Der Mann ohne Eigenschaften (O home sen calidades, 1930-1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Alxeria (17.852 km2; 805.519 h [1998]). A súa capital é M’Sila (82.877 h [1987]).