"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. En 1936 colaborou en Home Life, e desde 1960 na axencia Magnum. Ademais das súas viaxes por todo o mundo, na súa obra reflicte os costumes e as paisaxes do Xapón. Destacan as súas mostras Document of the Heavy Snowfall (1945) e Hiroshi Hamaya: 50 Years of Phtography.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de India (44.212 km2; 21.082.989 h [estim 2001]). A súa capital é Chandīgarh.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do changwat de Songkhla, Tailandia, situada a uns 20 km ao SO de Songkhla, preto da fronteira con Malaisia (185.557 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político peruano. Exiliado en México (1923-1930 e 1954-1956), fundou a Alianza Popular Revolucionaria Americana (APRA) en 1924. Un golpe de estado militar impediulle ocupar a presidencia que gañara nas eleccións de 1962. Coa vitoria do APRA nas eleccións de 1978 converteuse en presidente da Asemblea Constituínte. Escribiu Por la emancipación de la América Latina (1927) e Treinta años de aprismo (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa, coñecida como Marucha. Licenciada en Filoloxía, desde 1964 participou en diversos proxectos de animación cinematográfica e historia da fotografía. Inspiradora e fundadora da Fototeca de Cuba, expuxo a súa obra na Latina City Gallery de Nova York (1988) e na V Fotobienal de Vigo (1992). En outubro de 2001 recibiu unha homenaxe póstuma no II Salón Nacional de Fotografía de La Habana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador hispanoárabe. É autor do Muqtabis, colección de textos historiográficos, e da crónica al-Matīn, conservada parcialmente na Daẖira de ibn Bassām e considerada a primeira obra histórica andalusí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Hunan, China, á beira do río Siang (487.148 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Toquio, na illa de Honshū, Xapón, situada 25 km ao L da capital (135.065 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago de Vesterålen, Noruega, situada ao NL das illas Lofoten (2.198 km2; 31.098 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas perennes, da familia das cariofiláceas, de follas opostas e carnosas, flores actinomorfas e froito en cápsula. En Galicia está presente nas praias a especie H. peploides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista húngaro. Restableceu o réxime monárquico e ocupou a rexencia (1920-1944). Durante a Segunda Guerra Mundial practicou un dobre xogo entre os aliados e o Reich que o levou a ser encarcerado polos alemáns. Rematado o conflito, os aliados forzaron o seu exilio a Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chinés. Membro do secretariado central das xuventudes do Partido Comunista (1933), dirixiunas a partir de 1952, pero houbo de abandonar o cargo en 1966 trala súa oposición á Revolución Cultural. Reapareceu en 1972 á sombra de Deng Xiaoping e converteuse en secretario xeral do Politburó (1978-1980) e secretario xeral do partido (1980 e 1982-1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político húngaro. Ao servizo do Emperador Sexismundo I, derrotou os turcos nas batallas de Semendria (1441) e de Sibiu (1442) e foi o gobernador de Hungría durante a rexencia de Ladislau VI (1446-1453).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das liliáceas, que presentan bulbo, flores tubulares ou campanuladas agrupadas en acios e froito en cápsula. En Galicia esta presente nas zonas do interior a especie H. non-stripta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das solanáceas, de follas simples e alternas, flores infundibuliformes quinquelobuladas e froito en cápsula que se inclúe no cáliz acrescente. Son plantas oficinais que medran en terrapléns ou preto de muros. A especie H. albus atópase fundamentalmente na rexión mediterránea e H. niger medra en case toda Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e talmudista hebreo. Escribiu poesías e un comentario talmúdico en árabe (Kitāb al-Siray), conservado fragmentariamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Talmudista e rabino. Escribiu o primeiro compendio sistemático do Talmud.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Foi o autor da al-Muqtabis, unha colección de textos historiográficos, e do al-Matīn ou crónica dos seus tempos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ‘Abd Allāh ibn ‘Iyā ḋ .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Aichi situada na illa de Honshū, Xapón (270.828 h [1997]). Forma parte da área industrial de Nagoya.

    VER O DETALLE DO TERMO