"endo" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 257.

  • Órgano conxuntivo fibroso constituído por tecido conxuntivo que une os músculos aos ósos. É de cor branca nacarada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da vaíña dun tendón ou do propio tendón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • tendosinovite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biblista e teólogo alemán. En Santa Catarina do Sinaí descubriu o Codex Sinaiticus do s IV, que editou en 1862, xunto con outros códices da Biblia e dos apócrifos. Publicou sete edicións críticas do Novo Testamento grego (1841-1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dá medo ou inspira terror.

    2. Que é moi grande ou extraordinario.

    3. Que fai ou di cousas que causan sorpresa.

    4. Que non para quieto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director teatral. Formado con Albert Boadella, Roberto Cordovani, Manuel Lourenzo e Roberto Salgueiro, dirixe a Escola Municipal de Teatro e a Mostra de Teatro de Cee. Participou como actor en montaxes de diversas compañías, como Talía Teatro, Aula de Teatro da Universidade de Santiago (1990-1996) e o Centro Dramático Galego. Dirixiu os espéctaculos Auto, en Berrobambán; Flores de papel, en Traslús Teatro; e Supermáis, Soños dun sedutor, O crime de aldea vella, TWC, Dakota, Pedro e o capitán, Aquí non paga ninguén e O rei aborrecido, en Talía Teatro. Ademais escribiu e estreou as pezas Menos lobos e Eu así non xogo, representadas por Talía Teatro. Recibiu o Premio María Casares 2004 ao mellor actor por Bicos con lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. En 1918 publicou o seu primeiro libro de poemas, Los heraldos negros, de influencia modernista, ao que seguiron o vangardista Trilce (1922), a novela El Tungsteno (1931) e o póstumo Los poemas humanos (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, profesor e director teatral. Formado no Institut del Teatre de Barcelona, participou nos espectáculos Romería ás Covas do Demo (1969) e Macbeth (1975), con Teatro Circo; e dirixiu A boda de Esganarello (1981) e Para que queredes un poeta vivo (1984), da Escola Dramática Galega, da que foi cofundador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, VIII condestable de Castela, II duque de Frías (1512), IV conde de Haro e cabaleiro do Toisón de Ouro. Durante o conflito das Comunidades de Castela, formou parte do Consello de Rexencia e levou á aristocracia a secundar a causa real. Venceu os comuneiros en Villalar e os franceses en Logroño e Hondarribia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio francés erixido en 1515, sobre o condado de Vendôme a favor de Carlos de Borbón-Vendôme . O seu fillo e sucesor foi Antonio I de Navarra polo seu matrimonio con Xoana III de Navarra e posteriormente foi herdado polos descendentes destes, o futuro Enrique IV de Francia , quen lle cedeu en 1598 o ducado ao seu fillo, César de Borbón-Vendôme . Foi sucedido polo seu fillo Luís de Borbón-Vendôme , e este tamén polo seu fillo Luís Xosé de Borbón-Vendôme , e á súa morte (1712) o ducado reverteu á coroa. En 1872 foi recuperado por Manuel de Orléans (morto en 1931), bisneto de Luís Filipe I de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Técnico de son e iluminación. Coñecido como Paco de Pink, con Teatro Antroido participou no espectáculo Romance dos figos de ouro (1983). Foi xefe do equipo técnico do Centro Dramático Galego e director técnico da peza teatral O incerto señor don Hamlet. Ademais colaborou nalgún dos espectáculos de Teatro Artello e do ballet Rey de Viana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado, empresario e político. En Ourense foi membro da Confederación de Empresarios e tenente de alcalde. Foi deputado no Parlamento galego por Alianza Popular (1981-1985) e por Coalición Popular (1985-1989) e conselleiro de Turismo, Xuventude e Deportes (1981-1985) e de Presidencia (1985-1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e helenista alemán. Publicou traballos sobre a traxedia, a historia da filoloxía, a historia crítica dos textos e a métrica, a historia da lingua e a relixión gregas. Destacan os seus estudos sobre Homero (Homerische Untersuchungen, 1884; Ilias und Homer, 1916) e Safo (Sappho und Simonides, 1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figuriña feminina de pedra calcaria atopada en 1909 nun dos xacementos paleolíticos da vila de Willendorf, na Baixa Austria, asociada con industrias líticas auriñacenses ou gravetenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suplemento de humor semanal editado por La Voz de Galicia desde 2000. Dirixido polo humorista e caricaturista Siro, contou coa colaboración dos principais ilustradores e humoristas gráficos galegos. Recibiu o Premio Galicia de Comunicación (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua irania do phylum indoeuropeo en que está escrito o Avesta.

    VER O DETALLE DO TERMO