"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Tenista. Profesional desde 1985, foi número un do tenis feminino mundial entre febreiro e xuño de 1995, e mantívose entre as 10 primeiras entre 1989 e 2001. Foi campioa de Roland Garros en 1989, 1994 e 1998, e do US Open en 1994. Membro do equipo español da Copa Federación (1986-1998, 2000-2002), gañou o torneo en 1991, 1992, 1994, 1995 e 1998. Participou nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, en Barcelona 1992 -medalla de bronce individual e a medalla de prata en dobres con C. Martínez-, en Atlanta 1996 - medalla de prata individual e a de bronce en dobres con C. Martínez-, e en Sydney 2000. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de los Deportes (1998) e a Gran Cruz de la Orden del Mérito Deportivo (2001). Retirouse en 2002.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenista. Foi o primeiro español clasificado entre os dez primeiros da ATP (7º en 1990) e acadou o número 1 en dobres en 1989. Gañou 15 títulos individuais e, formando parella con Sergio Casal, 44 títulos de dobres. Foi campión de Roland Garros en dobres (1988 e 1990) e dobres mixtos (1987), e do US Open en dobres (1988) e dobres mixtos (1987). Retirouse en 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Traballou na recuperación do asturiano. En 1985 fundou o Partíu Asturianista (PAS), polo que foi deputado no Parlamento asturiano. Das súas obras destacan Camín de Señardaes, Antoloxía poética (1980), Poemas de Xixón (1981), Cuentos de llingua afilada (1984), La muerte amiya de nueche (1984), El Pelayu (1985), Lluna Llena (1990),...Y de llastientes picos (1999), Los dioses derrotaus (2000), As de corazon y es (2001), Refraneru asturianu (2002) e Litora cantabrica (2004). É membro numerario da Academia de la Llingua Asturiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. Formouse no Conservatorio Óscar Esplá de Alacant con Lily Berchmann e perfeccionou a súa voz en Madrid con José Mª Pérez Busquier, Ana Mª Olaria e I. Penagos. Cun rexistro adecuado para os papeis dramáticos verdianos, especializouse ademais en obras de Mozart, Wagner e Strauss. Debutou no Teatro Principal de Palma de Mallorca (1994) con Nabuco.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz e cantante. Coñecida como Catuxa, actuou na compañía teatral de Ángela Barba en Lisboa, e por iniciativa de José Mendiola dedicouse ao mundo da canción. Posteriormente, actuou tamén en Setúbal, Porto e A Coruña, onde se disolveu a compañía. En 1689 regresou a Portugal coa compañía de Fernández Román e a partir de 1700 actuou en València, Granada, Madrid, Alcalá de Henares e Toledo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo. Influído por Ibsen e polos novelistas rusos, das súas obras destacan La Gringa (1904) e Barranca abajo (1905), de tema rural; e En familia (1905) e Los muertos (1905), de tema urbano.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e filósofo. Coñecido como o Escéptico, pertenceu a unha familia de ascendencia xudía. Formouse en Bordeos, Roma e Montepellier, onde acadou o grao de doutor en medicina (1574). Foi catedrático de Filosofía na facultade de Artes de Toulousse. Precursor da dúbida metódica cartesiana, en clara oposición ao escolasticismo, consideraba que en realidade todo está tan enlazado e é tan complexo que se fai imposible acadar ningu-nha certeza. Desta dúbida non fai unha tese senón un estímulo para continuar indefinidamente a investigación. Das súas obras destacan Carmen de Cometa anii MDLXXVII (1578), Quod nihil scitur (1581) e a obra póstuma Opera Medica (hisiuncti sunt Tratactus quidam Philosophiqui non insubtiles) (1636).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e contista colombiano. É autor de Cada vida en su ojo (1967), Las causas supremas (1969, Premio Nacional de Novela de Colombia), Las maniobras (1969), La orilla ausente (1972), recompilación de contos; Los desheredados (1973), Sin nada entre las manos (1976), Se acabó la casa (1978), Tejemaneje (1979) e Entre ruinas (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e historiador. Licenciado en Dereito e en Xeografía e Historia, foi subdirector e secretario xeral e xefe da Obra Social Socio-Cultural da Caixa de Aforros de Santiago de Compostela, subdirector da Fundación Caixa Galicia, presidente do Centro de Iniciativas e Turismo de Arousa e do Club de Mar de Vilagarcía e membro fundador de Radio Vilagarcía. Presidente da Fundación Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulloa, escribiu La traslación del Apóstol Santiago: historia, tradiciones y leyendas: la ruta jacobea del Mar de Arosa y Río Ulla (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Medievalista. Foi catedrático de Historia de España nas universidades de Barcelona (1918), València, Valladolid e Madrid (1925). Membro de Acción Republicana, foi deputado durante a Segunda República e ministro de Estado (1933). Exiliado en Bos Aires (1940), presidiu o goberno da República no exilio (1962-1970). Fundou e dirixiu o Instituto de Historia de España, onde creou os Cuadernos de Historia de España (1944) e en 1957 publicou España. Un enigma histórico, onde combateu as teses de Américo Castro. Regresou definitivamente a España en 1983. Da súa abundante produción destacan Investigaciones sobre historiografía hispana medieval (1967), Miscelánea de estudios históricos (1970), Investigaciones y documentos sobre las instituciones hispanas (1970), Estudios visigodos (1971) e Viejos y nuevos estudios sobre las instituciones medievales españolas (1976). Foi académico da Real Academia de la Historia e correspodente da Real...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Participou en coñecidas series de televisión, como La Regenta (1995). Despois do seu debut no filme Redondela (1986), de P. Costa, interpretou diversos papeis en Remando al viento (1987), El pájaro de la felicidad (1993), Un paseo por las nubes (1995), Yerma (1998), Volavérunt (1999), pola que recibiu a Concha de Plata no Festival de Cine de Donostia; e Un homme, un vrai (2003). Foi presidenta da Academia Española de las Artes y las Ciencias Cinematográficas (1998-2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Clemente VIII.
-
GALICIA
Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e, pensionado pola Deputación da Coruña, na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Especial de Paisaxe do I Concurso Provincial de Pintura da Deputación da Coruña en 1962, con Vista de Betanzos, e a terceira medalla en 1963 con Ciudad de las grúas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Zona arqueolóxica do estado de Madhya Pradesh, Unión India, que comprende mil anos de arte budista. Destacan os restos das cidades de Besnagar e Jarespur, dos conventos de Bhodspur e Andher, os templos escavados na rocha de Udghiri, e tres stupa dos ss II e I a C.
-
PERSOEIRO
Filólogo. Desde 1979 foi catedrático de Valenciano na Universitat de València e colaborou no Atlas Lingüístico de la Península Ibérica e no Dicionari catalá-valencià-balear. Das súas obras destaca La llengua dels valencians (1931), Gramàtica valenciana (1950) e Aproximació a la història de la llengua catalá (vol 1, 1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor, director e guionista. Pasou os seus primeiros anos de vida en Galicia, pero coa morte do seu pai e o inicio da Guerra Civil marchou a Uruguay, onde, aos dezasete anos, ingresou no Conservatorio de Arte Dramático. Debutou da man de Margarita Xirgú e o seu primeiro papel en España foi coa compañía de José Tamayo. Ten unha extensa traxectoria como actor en cine e teatro, aínda que o seu papel máis popular foi o protagonizado na serie de TVE Curro Jiménez. Das numerosas longametraxes en que traballou destacan Montoyas y Tarantos (1989), Cachito (1996), La Comunidad (2000), El oro de Moscú (2002) e 800 balas (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1063-1094) e de Navarra (Sancho V; 1076-1094), fillo e sucesor de Ramiro I. Despois de conquistar as ribeiras do Cinca, ocupou Arguedas (1084) e polo curso do Gállego achegouse a Zaragoza. As conquistas (1083-1084) e o establecemento da posición de Montaragón (1088) sinalaron o inicio dunha ofensiva contra Huesca que rematou o seu fillo Pedro I de Aragón (1096). Loitou na Guerra dos Tres Sanchos ao lado do seu curmán Sancho IV de Navarra contra Sancho II de Castela, que foi derrotado en Viana (1067). Ao morrer asasinado Sancho IV de Navarra (1076), incorporou o reino aos seus dominios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Castela (995-1017), fillo e sucesor do conde García I. Aproveitou o comezo da decadencia cordobesa e chegou ata Córdoba (1009), e axudou a entronizar a Zawi ibn Zirī. A cambio da súa axuda recibiu importantes fortalezas na liña do Douro. Fortalecida a súa posición, conseguiu o recoñecemento da independencia de Castela respecto a León (1014).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Mallorca (1311-1324), fillo de Xaime II de Mallorca. En 1302, ao ingresar o seu irmán Xaime na orde franciscana, xurou como herdeiro do trono de Mallorca. Ao ano seguinte rendeu homenaxe en Barcelona ao seu curmán Xaime II de Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Pamplona (905-925), fundador da dinastía Ximena, fillo do magnate vascón García Ximénez e de Dadilda de Pallars. Convertido en líder de todos os vascóns orientais, conseguiu eliminar a dinastía Énnega e ampliou as fronteiras do reino desde Aragón ata Monjardín (905). Aliado co Rei Ordoño II, derrotou as tropas cordobesas de ‘Abd al-Ra ḥ mān III e ocupou Arnedo e Calahorra (918). Derrotado polos sarracenos en Valdejunquera (920), retomou a conquista de La Rioja, ocupou Nájera e recuperou o castelo de Viguera (923).
VER O DETALLE DO TERMO