"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo que vive ou se nutre de materiais orgánicos en descomposición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo que prefire os ambientes ricos en materia orgánica morta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao saprófito.
-
-
Estado dos organismos que viven coma saprófitos.
-
Forma de nutrición dos organismos que viven como saprófitos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao animal, vexetal ou microorganismo que vive e se nutre de animais ou plantas mortas, e de todo tipo de restos orgánicos en descomposición ou descompostos, nos que atopa o alimento carbonado. Se ten clorofila e pode chegar a prescindir desta materia orgánica denomínase saprófito facultativo ou hemisaprófito, e no caso contrario, saprófito obrigado ou holosaprófito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa nacida en 1965 da fusión de Galpisa coa multinacional americana ConAgra Foods. Desde 2004 pertence a The Carlyle Group e en 2005 adquiriu Nutasa Nutrição Animal e Produtos para a Pecuaria, SA. Ten a súa sede en San Pedro de Nós (Oleiros) e conta con diversas plantas de produción en España e Portugal. Dedícase á produción de pensos compostos para animais de produción e de alimentos para animais de compañía e á comercialización de produtos agropecuarios a través da central de compras MERCAMPO. Ten unha cifra de vendas de máis de 230 millóns de euros.
-
-
Relativo ou pertencente aos saprolegniais.
-
Fungo da orde dos saprolegniais.
-
Orde de fungos mastigomicotes, da clase dos oomicetos, integrada por fungos acuáticos, parasitos ou saprófitos, de micelio desenvolvido, con reprodución asexual por zoósperas, con dous flaxelos desiguais e con reprodución sexual por oogamia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de solo rico en compostos orgánicos (plancto en descomposición), formado en augas profundas (xeralmente lagos moi eutróficos), en situación de pouca concentración de osíxeno. Considérase a substancia nai do petróleo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao medio natural con características de sapropel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos organismos capaces de corromper a materia orgánica e producir nela a descomposición.
-
CIDADES
Cidade da República Federal dos Udmurtos, en Rusia (111.000 h [estim 1992]). É un porto ás marxes do río Kama.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de canteiros do s XVIII orixinaria de Santiago de Loureiro (Cotobade). Destacaron especialmente os irmáns Lourenzo e Pedro Sarrapio , que realizaron diferentes obras de cantaría e arquitectura na catedral de Tui, das que destacan a reedificación dunha torre e o arranxo da capela de San Telmo. Tamén destacou Manuel Antonio Sarrapio , mestre de obras na igrexa de San Xoán de Amorín (1780).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de San Luis. Foi ministro da Gobernación (1847-1851) con Narváez e introduciu diversas reformas como a mellora das escolas primarias, a regulamentación interior do seu ministerio ou a reorganización da policía. Presidiu o Consello de Ministros (1853-1854) ata ser derrocado pola Vicalvarada.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Gobernador dunha provincia do Imperio Persa dotado de amplos poderes políticos, administrativos e militares.
-
Rei de Oriente.
-
-
Persoa que ten autoridade e abusa do seu poder.
-
-
-
Dignidade de sátrapa.
-
Circunscrición territorial administrada por un sátrapa.
-
-
PERSOEIRO
Economista. Definiu a economía política como unha simple exposición da forma de como se crean, se distribúen e se consumen as riquezas. O empresario compra os servizos produtivos (terra, traballo e capital) e distribúe entre eles o valor dos produtos, que xa non dependen só do traballo, senón tamén da utilidade. Formulou unha lei dos mercados. Publicou Traité d’économie politique (1803).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento literario e artístico vixente entre 1860 e o fin de século en Milán e Turín. Os scapigliati -E. Praga, Arrigo Boito, C. Arrighi, C. Dossi, G. Faldella e I. U. Tarchetti-, cultibaban un realismo que incorporaba a linguaxe cotiá, e ironizaban sobre a hipocrisía da vida burguesa.
-
PERSOEIRO
Astrónomo italiano. Foi director do observatorio de Brera, en Milán. Estudou as variacións do aspecto e da luminosidade da cabeza do cometa Pons-Brooks (1833) e demostrou que a órbita dos meteoritos do enxame das Perseidas coincidía coa órbita do cometa observado en 1826. Foron moi importantes as súas observacións do planeta Marte, do que a partir de 1877, difundiu a existencia de canles, descubertas por A. Secchi.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
encefalopatía esponxiforme bovina.
-
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Logo de percorrer toda a Península Ibérica, emigrou a Nueva España en1533 e estableceuse en Puebla de Labrador. Construía carros e carretas e foi domador de cabalos e nos últimos anos da súa vida tomou o hábito franciscano. O Papa Pío VI beatificouno en 1789. É patrón dos transportistas e condutores de vehículos.
VER O DETALLE DO TERMO