"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

    1. Necrópole de Apis, en Exipto. O máis célebre é o que se atopa no depósito arqueolóxico de Ṣaqqāra, escavado por A. Mariette (1850-1851). Comprende fundamentalmente a necrópole do bravo Apis, emanación de Ptah. A partir da institucionalización de Serapis como un deus do estado ptolemaico, foi coñecido co nome de serapeum (óåñáðåίïí). A necrópole consta dunhas pequenas catacumbas, en uso desde 1275 a C ata 644 a C, e dunhas grandes catacumbas, empregadas de 613 a C ata 30 a C. Comprende tamén diversas tumbas de Apis illadas que van do reinado de Amenofis III (1417-1379 a C) ao de Ramsés II (1304-1237 a C); tumbas civís de diferentes épocas, das que destaca unha da dinastía V, onde se descubriu o Escriba sentado, e unha serie de edificios en moi mal estado.

    2. Templo de Serapis en Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das orquidáceas, con talos de entre 25-50 cm, flores con sépalos ovais ou lanceolados e dous pétalos que aparecen sobre unha bráctea do mesmo tamaño ca a flor e forman parte dunha inflorescencia en espiga. En Galicia aparecen as especies S. cordigera e S. lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Thmuis, no delta do Nilo (339-360). Amigo de santo Atanasio, antes de recibir o episcopado foi monxe no deserto. Escribiu un tratado contra os maniqueos e un Eucoloxio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que deriva do grego Serapios e este de Sérapis ou Sárapis, deus grego procedente dunha divindade exipcia anterior que significaba ‘sol’. Este nome pervive en Galicia como apelido nas formas Sarrapio e Serrapio, aínda que para algúns autores pode que derive do substantivo común sarrio. Presenta a variante Serrapio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deus supremo do Exipto ptolemaico, froito da identificación de Osiris-Apis, co deus Serapis de Sinope, adorado polos gregos. Esta identificación satisfacía as necesidades relixiosas de Ptolemeo I Soter (304-283 a C), que necesitaba un deus nacional para unir a poboación autóctona ou exipcia e a grega. Tiña trazos exipcios, de Osiris e Apis, e gregos, de Zeus, Dionisos e Asclepio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á seroterapia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento que consiste na administración de soros para restablecer o equilibrio hidroeléctrico ou para conferir inmunidade pasiva (seroinmunidade).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Quireza na parroquia homónima (Cerdedo). Trátase dunha ponte do s XIX realizada en cantaría cun só van de medio punto e estribos con muros inclinados. Atópase no camiño de Serrapio a Cerceda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Carpinteiro de profesión, presidiu o Sindicato de Carpinteros La Emancipación e pertenceu a directivas do Centro Germinal. Entre 1905 e 1908 foi un dos integrantes do Comité Federal da Federación de Sociedades Obreras de la Región Española, radicado na Coruña e foi secretario e responsable do seu Boletín. Ese mesmo ano foi un dos fundadores do grupo anarquista Solidaridad Internacional. Durante a Segunda República achegouse ao republicanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar interior de Xapón, situado entre as illas de Honshū, Shikoku e Kyūshū. Comunícase co Pacífico polos estreitos de Kii e de Bungo, e co mar de Xapón polo de Shimonoseki.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atractivo físico e sexual dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e ensaísta xudeu. Dirixiu a revista Poetry (1950-1956) e cultivou a crítica (In Defence of Ignorance, 1960). Da súa obra poética destacan Poems (1935), Person, Place and Thing (1942), Poems of a Jew (1958) e White-Haired Lover (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. Foi director do Harvard College Observatory ata 1952. Destaca por determinar e calibrar (1916--1917) a lei período-luminosidade das variables cefeidas a partir da súa observación dentro dos cúmulos globulares, co que demostrou a súa enorme distancia e, así, as grandes dimensións do Universo. Determinou a dirección do centro da Galaxia (cara á constelación de Saxitario) e calculou a distancia. A comezos da década de1920 realizou, con Slipher e Hubble, as primeiras medidas de desprazamento das liñas espectrais cara ao vermello, que serviron máis tarde para demostrar a expansión do Universo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Mahārā ṣ h ṭ ra, India, situada ao SL de Bombai (604.215 h [1991]) Ten industrias téxtiles de algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias, da familia das siderocapsáceas, que está integrado por bacilos curtos recubertos por unha cápsula de sales de ferro e magnesio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás siderocapsáceas.

    2. Bacteria da familia das siderocapsáceas.

    3. Familia de bacterias móbiles por flaxelación polar, Gram-negativas e sen espórulas con forma de bacilo curto. Son bacterias acuáticas, abundantes en augas ricas en ferro e magnesio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Lyon 430? - Clermont-Ferrand, Auvernia 488?) Bispo e escritor galorromano. Os seus escritos, 24 poemas en hexámetros, dísticos elexíacos e hendecasílabos, e 147 cartas, son a única fonte para a historia do período en que viviu. A súa festividade celébrase o 23 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Khêt de Camboxa (10.299 km2; 696.164 h [1998]). A súa capital é Siem Reap (10.281 h [1962]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sifonápteros.

    2. Insecto da orde dos sifonápteros.

    3. Orde de insectos holometábolos, da subclase dos pterigotos, que inclúe especies de tamaño pequeno, ápteras, corpo comprimido lateralmente e patas adaptadas ao salto. Son tipicamente ectoparasitos e hematófagos. Denomínanse xeralmente pulgas e son transmisores de importantes enfermidades.

    VER O DETALLE DO TERMO