"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Valadouro baixo a advocación de santa Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Erudito enciclopedista, propuxo unha reforma educativa e diversas medidas sanitarias, como a vacinación antivarilosa. Escribiu Diálogos del nuevo Luciano (1777), onde atacou a corrupción dos costumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Liberal e deputado por Albarracín en diversas ocasións, foi ministro de Gobernación (1854-1855). Mostrouse partidario de O’Donnell e foi presidente do Tribunal de Cuentas (1858) e gobernador do Banco de España. En 1869 volveu ao Congreso de los Diputados, onde se mostrou partidario de Amadeo de Savoia. Durante o Restauración encabezou o grupo liberal centralista. Presidiu o Senado (1871-1872) e en 1876 foi nomeado senador vitalicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Noceda (O Incio). O seu cumio acada os 574 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmógrafo. Expedicionario das costas suramericanas, traballou na confección de mapas na Casa de Contratación de Sevilla, onde foi mestre de astronomía e cosmografía. Escribiu El libro de las longitudes (1551) e Islario general del mundo (1560).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar boliviano. Oficial mestizo do exército colonial, uniuse aos independentistas e en 1826 presidiu o goberno peruano. Destituíu a S. Bolívar e acadou a presidencia de Bolivia (1829). En 1836 derrotou os peruanos e impuxo a Confederación Peruano-Boliviana. Vencido por unha alianza de Perú, Arxentina e Chile (1839), foi desterrado a Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castelo situado na illa de Santa Cruz en Oleiros. Mandouno construír no s XVI Diego das Mariñas como apoio na defensa da cidade da Coruña dos castelos de Santo Antón e Santo Amaro. Foi declarado BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Bueu. Fundouno no s XVII Fernando de la Rúa. Ten planta irregular, cun formato que se achega á planta en L, con baixo e piso. A parte máis antiga é rectangular e conserva as ameas e as gárgolas nas esquinas. Conserva tres muros, un que percorre a propiedade, outro a capela e un terceiro que permite o acceso ao patio e desde este á vivenda a través dun portal arquitrabado, decorado con imaxes de músicos. Nunha das fachadas conserva un escudo que alude aos Rúa, Novoa, Pimentel e España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia situada na ría da Coruña, na parroquia de Liáns (Oleiros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Manín (Lobios). O seu cumio acada os 1.107 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Toques baixo a advocación de santa Eufemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Santa Eufemia do Monte (Toques). O seu cumio acada os 728 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa con dirección NL-SO situado no concello de Lobios. As súas altitudes varían entre os 900 e 1.107 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (1.973 h [2001]). As explotacións gandeiras dedícanse ao gando porcino e bovino. Desenvolvéronse os sectores industriais relacionados coas actividades primarias e algunhas pequenas industrias téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (4.950 h [2001]). A agricultura e a cría de gando bovino para a produción de leite son as actividades básicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da illa de Eivissa, Illes Balears, situado na parte oriental da illa (19.808 h [2001]). A principal actividade é a comercial e o turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao O da capital provincial e regado polo Genil (12.824 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría. Fundárono os Reis Católicos en 1491, en recordo do sitio de Granada levado a cabo polo exército de Castela e Aragón. Tamén foi escenario das capitulacións da primeira viaxe de Cristovo Colón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Novo México, EE UU (62.203 h [2000]), situada ao O de Las Vegas, nunha rexión agrícola e mineira de prata, carbón e cinc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Santa Fe, Arxentina, situada na rexión Litoral (489.505 h [2001]). Está situada na beira dereita do río Salado, preto da súa unión co Paraná. É un porto fluvial con industrias de coiro, téxtiles e fariñeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO