"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Provincia de Arxentina, situada na rexión Litoral (133.007 km2; 3.000.701 h [2001]). A súa capital é Santa Fe. É unha importante zona gandeira con industrias do papel, químicas e cárnicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta aragonés. Ligado á corte de Afonso IV o Magnánimo, ademais dunha longa serie de poemas amorosos, fixo numerosas composicións sobre a estancia do rei en Italia, que constitúen un interesante diario poético da expedición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forza de policía e tribunal existente en Castela (1476-1498). Froito da transformación das irmandades das cidades castelás nunha institución centralizada, creada polos Reis Católicos nas cortes de Madrigal (1476), encargouse de vixiar os camiños e o campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Pacios (O Incio) e Loureiro (Sarria). O seu cumio acada os 807 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Amadeo I, co vizcondado previo de San Rosendo, a Camilo Feijoo de Sotomayor e Cejo (Ourense 1816-1893), coronel de infantaría e comendador da orde de Carlos III. O II marqués de Santa Ilduara foi o seu neto Urbano Feijoo de Sotomayor e Feijoo de Sotomayor (?-Madrid 1959) que ao morrer sen sucesión, herdou os seus dereitos a súa irmá Elena Feijoo de Sotomayor e Feijoo de Sotomayor , III marquesa de Santa Ilduara (?-Madrid 1967), sucedida pola súa filla Elena Lourdes Casaleiz e Feijoo de Sotomayor , IV marquesa de Santa Ilduara e IV vizcondesa de San Rosendo, e marquesa de Dávila polo seu matrimonio. Trae por armas escudo partido: primeiro, de goles, espada de prata, punta enriba, gornecida de ouro, e acostada en seis besantes de ouro; segundo, de prata, tres faixas con dúas ordes axadrezadas de ouro e goles separados cada un por un cinguideiro de sable. Ao timbre, coroa marquesal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome tradicional da actual cidade de Malabo, capital de Guinea Ecuatorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Carballido (Lugo). O seu cumio acada os 510 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de santa Locaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Ulla que nace na parroquia do Eixo (Santiago de Compostela) e desemboca na de Reis (Teo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Xallas que nace na parroquia de Olveira e desemboca na de Olveiroa, ambas as dúas no concello de Dumbría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular das Pequenas Antillas, situado ao S de Martinica e ao NL de San Vicente e as Granadinas (616 km2; 158.000 h [estim 2001]). A súa capital é Castries (17.803 h [2000]).
    Xeografía
    É unha illa volcánica e montañosa (monte Gimie, 950 m de altitude), con costas recortadas e cubertas de bosque. O dominio climático é tropical marítimo. A súa economía baséase no sector primario con cultivos de bananas, copra, manga, cacao e outras, complementados co gando ovino e cabrún. A actividade pesqueira é suficiente. A industria resíntese da falta de minerais, e as principais son as alimentarias, do papel, a téxtil e os produtos eléctricos. A illa goza dunha boa rede de estradas, o porto principal é Castries e o aeroporto internacional, Hewanorra. Importa, de EE UU, bens de consumo e maquinaria, e exporta, a Reino Unido, bananas e calzado. A balanza de servizos é favorable grazas ao turismo.
    Sociedade e goberno

    Diversidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Saiáns, capital do concello de Moraña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado ao SL da illa de Gran Canaria (47.652 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Illes Balears, situado na illa de Mallorca (7.800 h [2001]). As principais actividades económicas son a construción e o turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (9.064 h [2001]). Os cultivos son principalmente de secaño. A proximidade coa cidade de Igualada favoreceu o desenvolvemento industrial do sector téxtil, alimentario e de pequenos talleres metalúrxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (5.042 h [2001]). A actividade económica máis importante é a industria. As industrias alimentarias derivaron cara á elaboración de viño e cava e de pensos compostos. Conta tamén con industrias da rama metalúrxica e química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Rio Grande do Sul, Brasil, situada no val do río Jacuí (193.294 h [1991]). É un centro comercial, con talleres ferroviarios e industria de conservas cárnicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arzúa baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO