"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de moluscos gastorópodos que teñen a cuncha alongada (de 5 a 10 cm), estreita e aguda, con numerosas voltas en espiral. Habitan en todos os mares, no fondo da area ou do fango.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar en Uclés (Cuenca), o 30 de maio de 1108, entre as tropas dos almorábides e as de Afonso VI, que sufriron unha gran derrota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar en Uclés (Cuenca) o 13 de xaneiro de 1809. No curso da Guerra da Independencia, enfrontou as tropas francesas do mariscal Victor e o exército español do centro, comandado polo duque de El Infantado, que sufriu unha gran derrota.
-
RIOS
Río da vertente atlántica que a través de 132 km de lonxitude en que drena unha conca de 2.804 km2, percorre as comarcas da Ulloa, Deza, Terra de Melide, Arzúa, Santiago, Tabeirós-Terra de Montes, O Sar e Caldas. Nace na parroquia de Ansar, no concello de Taboada, e cunha dirección N-SO chega ata o límite entre Coence (Palas de Rei), Pedraza (Monterroso) e Vilapoupre (Antas de Ulla). Alí conflúe con varios ríos que baixan da serra de Ligonde, polo N, dos montes de Vacaloura, polo L, e da serra do Farelo, polo S, e o seu curso vira en dirección L-O. Con esta nova orientación delimita sucesivamente os concellos de Palas de Rei, Santiso, Arzúa, Touro, Boqueixón, Vedra, Teo, Padrón e Dodro, na súa beira setentrional, cos de Antas de Ulla, Agolada, Vila de Cuces, Silleda, A Estrada, Pontecesures e Valga, na beira meridional. Desemboca na ría de Arousa, entre as parroquias de Isorna (Rianxo) e Oeste (Catoira). O maior encoro que hai no seu curso é o de Portodemouros. A súa rede fluvial...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino, de recente introdución, que procede do nome do río Ulla. A súa orixe é descoñecida, pero seguramente é prerromana.
-
GALICIA
Comarca natural situada no centro-oeste da Comunidade Autónoma de Galicia. Está constituída polas parroquias dos concellos de Boqueixón, A Estrada, Teo e Vedra, aínda que outras como a padronesa de Carcacía, ou incluso algunha de Silleda e Vila de Cruces se poderían considerar tamén como integrantes da mesma. O elemento físico que lle dá entidade a comarca é o val do río Ulla.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Ulla ao seu paso pola Ponte Ulla (Vedra) e Arnois (A Estrada). Construída en pedra no antigo camiño de Santiago de Compostela a Ourense, presenta tres vans conformados por arcos de medio punto e rasante horizontal.
-
-
Relativo ou pertencente ao río Ulla e ás comarcas da súa contorna ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da ribeira do río Ulla ou das comarcas da súa contorna.
-
-
GALICIA
Comarca natural e histórica da Comunidade Autónoma de Galicia, que inclúe as parroquias da veiga dos ríos Ulla e Sar, nos concellos de Padrón, Pontecesures, Dodro e Valga. Aloxada na Depresión Meridiana e drenada por estes dous ríos, a unidade natural propiciou unha integración comarcal a escala social e económica, reforzada polo trazado das grandes vías de comunicación que conectan as aglomeracións urbanas do litoral setentrional e meridional de Galicia. A comarcalización establecida pola administración autonómica na década de 1990 cinguiuse á delimitación provincial preexistente, diluíndo a súa personalidade nas comarcas do Sar, ao N, e Caldas, ao S.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político. Ministro de Comercio (1957-1965), presidiu o período de estabilización económica e os intentos de adaptar a economía da España de Franco ás esixencias da CEE, ante a que foi embaixador (1965-1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
infravermello.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Bizkaia, Euskadi, situado ao O da aglomeración urbana de Bilbao (8.684 h [2001]). Destaca a gandaría bovina e as industrias metalúrxicas e de materiais para a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Teruel, Aragón, situado na cara noroccidental de Sierra de San Justo (3.178 h [2001]). Destaca a explotación de lignito.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista francés. Fundador, xunto con René Daumal, da revista surrealista Le Grand Jeu, foi membro activo da Resistencia, o que se reflectiu na súa primeira obra, Drôle de jeu (1945). Tamén escribiu La loi (1957, Prix Goncourt) e La truite (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Partidario do blanquismo, participou na Comuna de París e tivo que exiliarse ata 1880. Elixido deputado (1893-1915), encabezou a facción blanquista ata a unificación socialista (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico francés. Foi director do Jardin des Plantes de París. Estudou a clasificación do reino vexetal e describiu detalladamente a función reprodutora dos estames e do pole. Publicou traballos sobre a estrutura das flores e sobre a vexetación da rexión parisina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Liana con raíces adventicias, follas elípticas e carnosas, flores de cor amarela verdosa e froitos en cápsula longa. É orixinaria das zonas tropicais de México.
-
Froito desa planta, que posúe interese culinario e medicinal.
-
-
Substancia aromática que se obtén deste froito e que se emprega en confeitaría.
-
-
PERSOEIRO
Guionista e realizador cinematográfico. En 1961 obtivo o título en dirección na Escuela Oficial de Cine de Madrid, onde foi profesor. Logo de varias curtametraxes dirixiu Miguelín (1964), un filme infantil co que obtivo o Gran Premio do xurado no Festival de Cine para a Xuventude de Cannes. Non volveu á longametraxe e dedicouse á dirección de curtametraxes e á escrita de guións ata que en 1977 decidiu dedicarse só ao seu traballo como guionista. Escribiu guións para Antonio Mercero, como a adaptación de La guerra de papá (1977) ou o guión orixinal de Espérame en el cielo (1987), así como os das series televisivas Verano Azul, Turno de oficio e Farmacia de Guardia; e para José Luis Garci, con quen iniciou a súa colaboración con El crack (1980), e realizou case que todos os guións e adaptacións dos filmes do director, como Ninette (2005).
VER O DETALLE DO TERMO