"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ramirás baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de santa Eufemia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena illa da ría de Muros e Noia situada fronte á praia de Sorribo, na parroquia de Abelleira (Muros).
-
PUNTA
Punta do litoral atlántico situada entre as de Rasa e O Seixo Branco, na parroquia de Dexo (Oleiros).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga fortaleza situada na Coruña. A súa construción iniciouse en 1587 nun illote na entrada da ría, onde estaba a ermida de Santo Antón. Foi imprescindible para protexer á cidade do ataque de Francis Drake (1589), aínda que estaba sen rematar. As obras foron definitivamente impulsadas por Filipe II, despois de que o seu pai, Carlos I, instalara na cidade a Casa de Contratación de Especias. Con planta irregular, murallas ameadas de cantaría e torres de vixilancia, o conxunto finalizouse en 1776 coa construción da casa do Gobernador e a casa do Botero. No s XX, cando perdeu a súa finalidade estratéxica uniuse á terra por medio dun dique. Foi tamén prisión militar. En 1960 foi cedido ao concello polo Ministerio do Exército e desde 1964 converteuse en sede do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, que se inaugurou como tal en 1968.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Morgadáns (Gondomar). O seu cumio acada os 592 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Randín (Calvos de Randín). O seu cumio acada os 841 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no SL da parroquia de Xuvencos (O Saviñao). O seu cumio acada os 687 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia do litoral atlántico situada entre as puntas de Penacastelo e Palmeira, na parroquia de Céltigos (Ortigueira).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Pequena illa situada na enseada de San Simón, ao fondo da ría de Vigo, que pertence á parroquia de Cesantes (Redondela). Está unida por unha ponte á illa de San Simón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Louredo (Mos). Orixinario do s XVI, reformouse no s XVIII. Ten planta rectangular e dúas alturas, con muros de cachotaría e acceso ameado. Conserva unha capela (XVI) e o muíño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Seixo ao seu paso por Cerdedo. De cantaría, ten dous vans con rasante alombada. Debe o seu nome a que facilita o acceso á capela de Santo Antonio.
-
MONTES
Monte situado na parroquia do Castro de Laza (Laza). O seu cumio acada os 500 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Entrimo, no concello homónimo. O seu cumio acada os 748 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia das Maceiras (Dozón). O seu cumio acada os 732 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de República Dominicana e de Distrito Nacional (1.817.754 h [2002]). Está situada na costa meridional da illa, preto da desembocadura do Ozama. Foi a primeira cidade fundada polos europeos -fundouna Bertomeu Colón en 1496- no continente americano e o punto de partida da colonización española nas Antillas. Próspera ata finais do s XVI, o seu posterior período de decadencia durou ata o inicio do réxime ditatorial de R. Trujillo. Os ataques de F. Drake (1586) e a ocupación de Haití polos franceses (1697) retardou a súa recuperación, aínda que a produción azucreira e a reconstrución realizada baixo a ditadura de Trujillo (1930-1938 e 1948-1952) favoreceron o crecemento na segunda metade do s XX. Entre 1936 e 1961 denominouse Ciudad Trujillo. Do seu patrimonio destaca a catedral gótica (s XVI), con elementos renacentistas, as igrexas de Santo Domingo e San Francisco e a casa do Almirate (s XVI). A cidade colonial foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de La Rioja drenado polos ríos Zamaca e Oja, afluentes do Ebro (5.622 h [2001]). É un centro comarcal con pequenas industrias que foi fundado por santo Domingo de la Calzada (1044) e converteuse en estación obrigada nas peregrinacións a Santiago de Compostela. Do seu patrimonio cultural destacan os restos das murallas medievais; a ponte -mandada construír por Afonso VI-; a catedral (s XII), en cuxo interior destaca o cadeirado do coro (s XVI); e o retablo do altar maior e o convento de San Francisco, reconstruído no s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abadía beneditina situada 50 km ao SL de Burgos. De estilo románico, foi fundada polo conde Fernán González (919). A igrexa, consagrada en 1088, foi refeita (s XVIII) por Ventura Rodríguez. O claustro (ss XI-XII) foi famoso polos baixorrelevos dos ángulos e pola colección animalística dos capiteis. Das obras de ourivaría que se conservan destacan un cáliz mozárabe de prata dourada (s XI) e o frontal románico de cobre.