"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto alemán. Foi alumno de B. Neumann, e rematou o Paulinuskirche, en Tréveris (1734-1754). Fixo, en estilo rococó, o castelo de Engeram-Rheim, preto de Koblenz (1758-1762) e a residencia do elector en Tréveris (1761).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gaiteira, neta de Xosé Seivane Rivas. Estudou solfexo, piano e ballet clásico. Durante a década de 1990 colaborou en diversos concertos con Milladoiro, ata que iniciou a súa carreira en solitario. Na súa música combina sons e instrumentos populares con outros máis modernos, con arranxos innovadores. Da súa discografía destacan Susana Seivane (1999), Alma de buxo (2001) e Mares de tempo (2004). Recibiu o Premio Lucense del Año (2000) e foi finalista dos Indie Awards.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artesán de gaitas. Aprendeu a tocar o clarinete e a gaita de pequeno e en 1939 montou o seu primeiro obradoiro de gaitas coa axuda do seu pai, para establecerse en Ribeira de Piquín. As súas gaitas destacan pola coidada afinación do ronco respecto do punteiro, que consegue bos resultados coa dixitación pechada, así como polos coidadosos detalles manuais. En 1994 trasladou o seu obradoiro a Cambre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Pígara, Guitiriz 30.9.1954) Escultor. Licenciado en Belas Artes pola Universidad de Sevilla, realizou traballos de restauración en diversas cidades españolas e na catedral de Santo Domingo. Traballou a madeira, a pedra, o metal ou o cánabo en obras dotadas dun expresionismo de carácter abstracto. Realizou, entre outras obras, Acción permanente, Andadura azul, Canto femenino (2004), Geometrías interiores (2004) e Dos caminos (2004). Ten obra en diversas coleccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Foi redactor e guionista da TVG, e coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Membro da Fundación Castelao e do equipo de redacción de A trabe de ouro, colaborou en diversos medios. Publicou, entre outras obras, Compostela, camiño de encontro (1994) e Anxel Casal (1995), e, con outros autores, Álvaro Cunqueiro 1911-1981. Unha fotobiografía (1981), A memoria de Santiago: álbum de postais (2000) e Para ler a Castelao (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, deseñador e poeta surrealista portugués. Relacionado co grupo Os Surrealistas, participou nas exposicións que este movemento realizou en 1949 e 1950. Caracterízase pola influencia da poética de Bretón ou Dalí (obxectos dotados de cualidades animadas) ademais do primitivismo africano (a imaxinaría africana da morte).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Laza, no concello homónimo. O seu cumio acada os 820 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da costa atlántica situada ao O da Marola, na parroquia de Dexo (Oleiros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que nace no límite dos concellos de Cedeira e Cariño e desemboca pola beira dereita da ría de Ortigueira, na parroquia de Landoi (Cariño).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Licenciado en ciencias biolóxicas, foi secretario da comarca da Coruña e secretario confederal de Emprego e Industria e en 2001 foi elixido secretario confederal da Confederación Intersindical Galega (CIG), cargo   para o que foi reelixido en 2005.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo estadounidense. Crítico e ensaísta, foi director de fotografía no California Institute of the Arts (1991). Interesado na capacidade narrativa e no elemento teatral do documental como xénero fotográfico, a súa técnica evolucionou desde a performance ata as reportaxes cunha forte carga de denuncia. Os seus proxectos centráronse en feitos puntuais que dotou dun sentido global, como as series sobre as manifestacións antiglobalización de Seattle (1999) ou tras o afundimento do Prestige nas costas galegas (2001). Publicou Fish Story (1990) e Loaves and Fishes (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Malaisia (7.960 km2; 4.188.876 h [2000]). A súa capital é Shah Alam (319.612 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distribuidora cinematográfica fundada por Albino Francesch en 1920 que abrangueu todo o territorio galego e mantivo de xeito regular as súas actividades durante o período franquista. Posuíu tres salas de cine e foi a única firma galega que durante eses anos importou películas de forma ocasional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Experto en finanzas públicas, foi partidario dunha metodoloxía dedutiva. Publicou Progressive Taxation in Theory and Practice (1894) e Essays in Economics (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de coloración, específica para as cetosas, que ten lugar por medio dun reactivo en base de resorcina e ácido clorhídrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico italiano. Estudou os alcaloides, as solucións coloidais, a caseína e as ptomaínas, como a putrescina e a cadaverina, producidos pola putrefacción cadavérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Profesor na Universidade de Montréal, puxo de manifesto en diversas obras as características comúns da resposta orgánica ás agresións do ambiente, síndrome coñecida co nome de estrés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Albania (252 km) que nace na conxunción do Devoll co Isum. Desemboca no Adriático, ao NO de Fier.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Período de sete días naturais que comeza en luns e acaba en domingo. Segundo o cómputo antigo e cristián vai de domingo a sábado. Unidade de calendario difusa en todos os países de influencia xudeocristiá e islámica, ligada orixinariamente ás fases da lúa, foi introducida para dividir o ciclo mensual e para establecer dunha maneira precisa a recorrencia periódica dos ritos relixiosos, dos mercados e doutros acontecementos. Descoñecida en Exipto e en Roma, naceu entre os caldeos. O día 15 denominábase xabattu (día de lúa chea ou día de repouso), que está na orixe do šabbath dos hebreos. Estes estableceron o ciclo semanal continuo, que non era interrompido nin polo comezo do ano nin polo do mes. Os nomes dos días de orixe astrolóxica proveñen do calendario caldeo. Os hebreos, os musulmáns e tamén o calendario litúrxico numeran os días do 1 ao 7 e reservan soamente para os festivos respectivos o seu nome propio: sábado, domingo (dies dominica, día do Señor) e, entre...

      2. entre semana

        En calquera día da semana que non é nin o primeiro nin o último.

    1. Espazo de tempo que comprende sete días.

      1. Última semana de coresma que se inicia co Domingo de Ramos e finaliza co Triduo Pascual. Caracterízase pola commemoración solemne da morte e resurrección de Xesús. Os actos relixiosos tiveron, ademais do seu sentido litúrxico, un marcado carácter popular e folclórico. Comezaban propiamente o Martes Santo. No Xoves Santo, a mañá estaba destinada ás cerimonias da catedral, como a bendición dos santos óleos e reconciliación dos pecadores, e a preparar os pasos e misterios ou imaxes para facer as procesións. A partir das dez da mañá as campás deixaban de tocar ata a mesma hora do Sábado de Gloria. Á tarde celebrábase o oficio de tebras, durante o que se ían apagando os cirios de tebras. Acabada a función relixiosa encendíase o monumento, ao que cada casa prestaba un cirio e flores. Ao atardecer facíase a primeira das grandes procesións, cos pasos ou misterios, armados, asistencia de corporacións e grandes despregamentos externos. O Venres Santo era un día de dó absoluto, cheo de prácticas e...

      2. Libro litúrxico que contén os oficios propios da Semana Santa.

    2. Semana laboral que comeza o luns e acaba o sábado ao mediodía.

    3. Ciclo de conferencias que reuniron os principais teóricos do obrerismo católico en España. As primeiras celebráronse entre 1906 e 1912, impulsadas especialmente por Antoni Vicent, en Madrid (1906), València (1907), Sevilla (1908), Santiago de Compostela (1-7 de xullo de 1909), Barcelona (1910) e Iruña (1912). Mentres que a primeira se ocupou sobre todo de cuestións doutrinais, as restantes insistiron na discusión dos problemas sociais no campo, coa excepción da de Barcelona, que se preocupou da situación do obreiro industrial. Durante a Segunda República, Severino Aznar conseguiu a celebración dunhas novas semanas en Madrid (1933), en Zaragoza (1934) e noutras cidades.

    VER O DETALLE DO TERMO