"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • REXIÓNS

    Rexión e estado federado de Myanmar (155.801 km2; 4.416.000 h [estim 1994]). A súa capital é Taunggyi. Ocupa a rexión de altiplanos sucados polo Salween e os seus afluentes. A poboación pertence maioritariamente ao grupo shan. Ten cultivos de arroz, algodón e durmideiras para a produción de opio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sheng de China (153.300 km2; 90.790.000 h [2000]). A súa capital é Jinan. Está formada pola península de Shandong e as terras chás que envolven o curso baixo do Huang He. O N e o O son chás mentres que o S e o L son montañosos, están divididos pola chaira de Weifang; no centro está a montaña sagrada de Taishan. O clima é temperado na costa e semicontinental no interior. Produce trigo, millo, algodón e cáñamo, e na costa froitas. Jinan, Qingdao, cidade portuaria, e Weifang son os principais centros industriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península de China que penetra no Mar Amarelo diante da península de Liaodong ao N, formando entre ambas o Bo Hai. Cultivan trigo, patacas e tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertenente á dinastía shang.

    2. Membro dunha dinastía chinesa, chamada tamén yin, que reinou, segundo a cronoloxía tradicional chinesa, do 1766 a C ao 1123 a C. Tiña como capital a Ngan-yang, ao N da actual provincia de Henan. Os shang reinaron sobre unha confederación de cidades estado cunha tripla estrutura social formada polo rei, os funcionarios e o pobo. A pesar de que a fonte principal de riqueza era a agricultura, a sociedade foi suficientemente rica para soportar unha estrutura social diversificada. Foron substituídos pola dinastía chon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Municipalidade dependente directamente do goberno central, no sheng de Jiangsu, China (6.186 km2; 16.740.000 h [2000]). Situada no esteiro do Iang-Tsé, é un dos portos e centros comerciais máis grandes de Oriente e a cidade máis grande de China. Desenvolvida baixo a influencia occidental e o réxime de concesións internacionais, tivo unha rápida expansión demográfica e económica. Ten refinarías de petróleo e industria moi diversificada. No s XI converteuse nun centro comercial do imperio dos Song. O seu desenvolvemento iniciouse coa ocupación británica durante a Primeira Guerra do Opio (1841). Co Tratado de Nanjing (1842), abriuse ao comercio internacional e instaláronse nela as concesións estranxeiras, agrupadas máis tarde nunha internacional, arredor da que se formaron barrios chineses. En 1920 creouse o Partido Comunista Chinés, e en 1927, ocupada polas tropas de Chiang Kai-shek, sufriu unha gran represión. En 1932, e novamente en 1937, foi ocupada polos xaponeses,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Henan, China, situada ao SL de Kaifeng, na rexión Centro-Sur (164.880 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Jiangxi, China, situada ao S do lago Poyang Hu, ao lado do río Hsin Chiang (132.455 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico hindú. Formado na tradición Guru-Shishya, destacou como intérprete de sitar. Foi o fundador da orquestra nacional hindú e da Kinnara School of Music de Bombai, e compuxo bandas sonoras como a de Gandhi (1982), de R. Attenborough.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome inglés do río Ant Sionna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Foi o creador da moderna teoría da información. Estudou a aplicación da álxebra de Boole á conmutación dos circuítos eléctricos e propuxo a teoría da comunicación, onde establece os teoremas básicos desta. A súa obra principal é Mathematican Theory of Communication (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Guangdong, China, situada na rexión Centro--Sur (578.630 h [1990]). É un porto de pesca e centro comercial na costa do mar da China Meridional, na desembocadura do Han Giang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sheng de China, na rexión do Norte, situado na conca inferior do Huang He (156.000 km2; 32.970.000 h [2000]). A capital é Taiyuan. É un altiplano fértil cuberto de loess onde se cultiva millo, trigo, tabaco, algodón e froitas. A actividade económica concéntrase no val de Fen He, afluente do Huang He, onde se atopa Taiyuan, gran centro mineiro e industrial. As maiores reservas de carbón do país están en Taiyuan, Pinting, Lincheng e Datong.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Guangdong, China, situada á beira do río Pei Chiang, na confluencia dos ríos Wu Shui e Chen Shui (350.043 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Hunan, China, na rexión Centro-Sur (247.227 h [1990]). Está situada á beira do río Zi Shui, ao NO de Hengyang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formado na Royal Academy of London, da que foi elixido membro en 1987. Recibiu influencias dos revivals góticos, dos edificios barrocos ingleses de influencia palatina e das construcións tradicionais do país. Creou un prototipo de edificio administrativo e un de vivendas: a Old Swan House, en Chelsea (1876), e a súa propia casa (1985). A urbanización de Bedford Park, ao O de Londres (1877-1880), converteuse no modelo dos suburbios ingleses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Jowzjān, Afganistán, situada no centro do país (20.000 h [estim 1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre e político. Herdou do seu pai o título de conde de Lansdowne e entrou a formar parte da Cámara dos Lores (1762). Foi membro do goberno tory de Greenville (1763) e do whig de Rockingham (1782), a quen sucedeu como primeiro ministro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade industrial estadounidense creada como filial (1922), para consolidar os intereses da Royal Dutch-Shell en EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político chinés. Coñecido como Mao Dun, foi ministro de Cultura Popular (1949-1965) e director da revista Zhonggu Wenxue. Perdeu todos os seus cargos coa Revolución Cultural, e foi rehabilitado en 1977. A súa obra máis coñecida é A eclipse, en tres volumes, onde fala dos problemas formulados pola revolución na sociedade chinesa desde unha perspectiva revolucionaria.

    VER O DETALLE DO TERMO