"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Escultor. Interesado polo cubismo en París, en 1915 regresou a Bos Aires, onde expuxo Chica bajando la calle Florida (1924), que o converteu no líder da vangarda escultórica arxentina. Fixo o primeiro relevo abstracto de América do Sur, titulado Puesta de sol (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou petencente a Siberia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Siberia.
-
-
PERSOEIRO
Raíña de Xerusalén (1186-1190), filla de Amalrico I de Xerusalén e nai do futuro Balduíno IV de Xerusalén (1185). Obtivo a Coroa de Xerusalén ao casar, en segundas nupcias, con Guido I de Xerusalén (180).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Son sibilante que acompaña á respiración en certas afeccións bronquiais.
-
-
Que fai un asubío.
-
Aplícase á articulación en que o son fricativo ou africado se acompaña dunha especie de asubío característico, máis agudo ou máis grave, segundo sexa máis ou menos angosto o canal vocálico. O sistema galego de sibilantes deriva das sibilantes medievais que contaban con seis elementos:
/Z/ (gente) - /ʃ / (baixo)
/dz/(razón) - /ts/ (paço)
/zª/(rosa) - /sª/ (passo)
Este subsistema arcaico localízase aínda na Baixa Limia ourensá e en Hermisende. Neste sistema prodúcense dous cambios significativos xa en época medieval dando paso ao chamado subsistema de transición. Por un lado a simplificación dos fonemas africados predorsodento-alveolares, xordo e sonoro, coa perda do elemento oclusivo inicial, transformándose en fonemas fricativos predorsodento-alveolares xordo e sonoro (cambio compartido co portugués):
/dz/ > /z9/ (rason)
/ts/ > /s9/ (paso)
E por outro lado a neutralización entre as sibilantes...
-
-
PERSOEIRO
Historiador da arte. Doutor en Xeografía e Historia, é profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Comité Español de Historia del Arte, da Comisión da Cidade e o Camiño de Santiago, e da Comisión de Patrimonio Histórico do Consello da Cultura Galega, foi director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, director xeral de Patrimonio Histórico, Artístico e Arqueolóxico (1982-1983) e profesor da Academia de Bellas Artes de Roma (1976-1977).Comisario de exposicións, colaborador en diversas publicacións e asesor da Enciclopedia Galega Universal, escribiu, entre outras obras, La miniatura medieval en Galicia, Pintura medieval: la miniatura (1981) e Las pinturas de Sijena (1993). É membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. É licenciado en Filosofía e Letras polas universidades de Santiago de Compostela, Granada e Columbia. Guionista e actor, participou nas películas Hot Channels (1971) e P.O.W (1973), durante a súa estancia en Nova York (1966-1974). De volta a Lugo, traballou en Radio Popular (De Cero al Infinito, Sin Espacio ni Tiempo), e Radio Lugo (Viento del Norte, 1979-1980, Premio Ondas 1980). A partir de 1999 pasou a Telelugo, onde presentou Soy de Aldea (2000), Programa Siglo XXI (2002-2003) e Cantos de Sirena (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sheng de China, situado na rexión do Suroeste (488.000 km2; 83.290. 000 h [est 1993]). A súa capital é Chengdu. É o sheng máis poboado do país. Conta con importantes reservas de carbón, gas natural, manganeso, petróleo e ferro. É a zona máis industrializada de China, e posúe industria téxtil de algodón, mecánica de precisión, de material ferroviario, cementeira, de coiro e calzado, siderúrxica e azucreira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de operacións militares da Segunda Guerra Mundial mediante as que os aliados ocuparon a illa de Sicilia (10 de xullo-17 de agosto de 1943). Despois dun intenso bombardeo e de conquistar tres illas próximas, as forzas angloestadounidenses comandadas polos xenerais Eisenhower e Alexander desembarcaron no S e o SL de Sicilia. A campaña rematou coa ocupación de Messina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de danza, vogal ou instrumental, probablemente de orixe popular siciliana, de movemento moi moderado a 6/8 ou 12/8, que se cultiva en Italia e nos países xermánicos. Adoita empregar un modo menor e baséase no ritmo iámbico. Floreceu na primeira metade do s XVIII, e está vinculada á pastoral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
División estratigráfica do Cuaternario mariño mediterráneo, con categoría de piso, que se corresponde a un ciclo eustático completo.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Sicilia, aos seus habitantes ou a súa lingua.
-
Natural ou habitante de Sicilia.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo siciliano.
-
Individuo do pobo siciliano.
-
Pobo indoeuropeo procedente das costas de Grecia que colonizou a illa de Sicilia. Aínda que se supón que esta terra xa estaba habitada desde o Pleistoceno, segundo os antigos, os sículos e os sicanos déronlle unha certa organización e un certo desenvolvemento ata a colonización grega. Hai moi pouca información sobre a súa civilización, á parte dalgúns restos de santuarios preto de Palagonia e de Hiblea.
-
-
ariedade lingüística italiana do grupo meridional extremo. O E e O tónicos convertéronse en I e U (TELA > tila ‘tea’; SOLE > sule ‘sol’), e o LL latino pasou a ser cacuminal (BELLA > deḋḋa). O seu léxico é produto dunha rerromanización tras o paso dos árabes, e contén hispanismos (criata, ‘criada’) e galicismos (custurieri, ‘xastre’), así como concomitancias co calabrés.
-
Arte desenvolvida en Sicilia. O Paleolítico Superior está ben representado con pinturas rupestres en San Teodoro, Trapani e a illa de Lavanzo, e o Neolítico en Stentinello. Coa chegada dos colonizadores gregos fundáronse numerosas cidades e construíronse os conxuntos monumentais conservados en Siracusa, no chamado val dos templos de Agrigento, en Selinunte, en Segesta ou en Taormina. A partir do s V deixouse sentir a presenza bizantina que, despois da invasión dos árabes e coa chegada dos normandos, culminou coa realización da arte sículo-normanda. De época barroca destacan os palacios de Palermo ou Siracusa.
-
Movemento poético que se desenvolveu durante o s XIII na corte de Federico II e dos seus fillos. O seu nome foille dado por Dante (De vulgari eloquentia), tanto pola orixe de moitos dos seus poetas como pola súa linguaxe, basicamente siciliana. Destacaron Odo della Colonne, Guido delle Colonne, Pietro delle Vigna, Giacomino Pugliese ou Iacopo d’Aquino.
-
-
-
Persoa que, na antiga Grecia, denunciaba ante a autoridade as infraccións da lei.
-
Persoa que difama e delata aos demais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao estilo arquitectónico desenvolvido en Sicilia e Italia meridional durante os ss XII e XIII, constituído por unha profusa variedade de formas artísticas bizantinas, musulmás, lombardas e normandas. En Campania predominan os elementos musulmáns, bóvedas, arcos de ferradura, peraltados e entrecruzados e decoración exuberante, nas catedrais de Caserta Vecchia (ss XII-XIII) e Amalfi (1266-1268, claustro). Baixo o dominio normando, a arquitectura siciliana incorporou esquemas do románico normando, planta basilical con cruceiro moi remarcado e torres monumentais, formas da arte bizantina, cúpulas sobre pendentes, capiteis, temas iconográficos e ornamentación con mosaicos, e técnicas de orixe musulmá, decoración de pavimentos, muros e bóvedas. Destacan San Giovanni degli Eremiti (1132’), Santa Maria dell’Ammiraglio ou La Martorana (1143?), San Cataldo (anterior a 1161) e a Capella Palatina no Palazzo Reale (1140), todos en Palermo, a catedral de Cefalù (s XII), a catedral de Monreale...
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Lyon 430? - Clermont-Ferrand, Auvernia 488?) Bispo e escritor galorromano. Os seus escritos, 24 poemas en hexámetros, dísticos elexíacos e hendecasílabos, e 147 cartas, son a única fonte para a historia do período en que viviu. A súa festividade celébrase o 23 de agosto.
-
PERSOEIRO
Labrego. Coñecido como o Labrador, nunca deixaba de facer os seus rezos e cando paraba para facelos acudían os anxos para continuar o traballo. Casado con santa María da Cabeza, atribúenselle diversos milagres. É patrón dos labregos e de Madrid. Foi canonizado por Gregorio XV en 1622. Represéntase con traxe tradicional dos labregos, con chaqueta e calzón curto; leva un arado tirado por bois ou vacas en actitude de oración. A súa festividade celébrase o 15 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico sueco, fillo de Karl Manne Siegbahn. Doutorouse na Universidade de Estocolmo en 1944. Traballou en espectroscopia, na interacción entre as radiacións electromagnéticas e a materia. En 1981 recibiu, xunto a N. Bloembergen e A.L. Schwalow, o Premio Nobel de Física, pola súa contribución á espectroscopia electrónica de alta resolución.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico sueco. Estudou nas universidades de Lund, Gotinga e Múnic, e foi profesor das de Lund, Uppsala e Estocolmo, e director do Instituto Nobel de Estocolmo. Estudou as características físicas dos raios Röntgen, especialmente a súa refracción e o seu espectro. En 1924 recibiu o Premio Nobel de Física.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Catedrático de Latín e Grego no Instituto de Pontevedra, e de Lóxica e Ética no de Ourense, colaborou con diferentes xornais como La Ilustración Gallega y Asturiana e Galicia, onde deixou constancia da súa afiliación á filosofía krausista. Fundou en 1862 o xornal El Alerta en Pontevedra. Das súas obras destacan El latinismo en el dialecto gallego (1879), Principios de psicología o antropología psíquica, lógica y ética (1882) e Sociología (1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do voivodato de Sląskie, Polonia, situada ao L da rexión industrial de Alta Silesia (76.487 h [2000]). É un centro metalúrxico e de industria mecánica.
VER O DETALLE DO TERMO