"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga provincia de Francia que foi máis unha unidade política ca xeográfica. As súas fronteiras coinciden aproximadamente coas do actual departamento do Maine e Loira. O territorio de Anjou estaba poboado polos celtas anxevinos no momento da ocupación romana. No s IX apareceu o condado de Anjou en loita contra os normandos. Entre os seus primeiros condes sobresaíu Jofre Plantagenet, que casou con Matilde de Inglaterra. O fillo de ambos, Enrique II Plantagenet, Rei de Inglaterra, uniu Anjou á coroa inglesa e, deste xeito, o condado pasou a formar parte dun vasto imperio que comprendía Inglaterra, Normandía, Bretaña, Aquitania e Gascuña. En 1203 foi confiscado e unido á coroa francesa á que non habería pertencer de forma definitiva ata 1481, durante o reinado de Luís XI de Francia. As guerras de relixión que tiveron lugar en Francia entre os anos 1560 e 1590 devastaron practicamente Anjou. En 1793 converteuse no escenario da contrarrevolución da Vendée. Anjou constituíu ata a Revolución...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido en 870 a Ingelger (morto no 888), fundador da primeira dinastía anxevina, da que saíron os Plantagenet que reinaron en Inglaterra. O conde Foulques V foi Rei de Xerusalén (1131), o seu fillo Godofredo V casou con Matilde, filla do Rei inglés, e foron pais de Enrique II de Inglaterra. En 1203 o Rei de Francia confiscoulles Anjou aos ingleses anexionándoo á súa coroa. Luís VIII de Francia deixoullo en testamento ao seu fillo Carlos, fundador da segunda dinastía anxevina, quen, en 1246, adquiriu o condado de Provenza ao casar coa condesa Beatriz e ocupou o reino de Nápoles e Sicilia (1266). A súa política italiana enfrontouno coa coroa de Aragón porque Pedro o Grande aspiraba a herdar Sicilia a través dos dereitos da súa muller Constanza. Como consecuencia das alianzas matrimoniais, xurdiron desta segunda dinastía de Anjou as ramas dos reis de Nápoles e condes de Provenza, extinguida en 1382; a dos reis de Hungría e Polonia, fundada por Carlos Martel;...
-
DUCADOS
Título dado por Xoán II de Francia en 1384 sobre o antigo condado de Anjou ao seu fillo Luís, Rei de Nápoles (1382-1384) e fundador da terceira dinastía anxevina. O ducado foi propiedade dos reis de Nápoles ata 1480, cando á morte de Renato II pasou definitivamente á coroa de Francia baixo o reinado de Luís XI (1481). A partir dese momento, case sempre levaron ese título, de xeito honorífico, os membros da casa real francesa: Francisco Hércules, duque de Alençon e fillo de Enrique II de Francia, Enrique III de Francia, Filipe V de España e, entre outros, Luís XVIII de Francia. Logo da morte do conde de Chambord (1883), algúns dos pretendentes carlistas españois atribuíronse ese título. Dende 1946, o infante Xaime, fillo de Afonso XIII de España, fixo valer os seus dereitos sobre o ducado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ndzouani.
-
CIDADES
Cidade da República Democrática Popular de Corea (186.000 h [estim 1987]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Shaanxi, na China, ao sur das montañas Tsinling (142.170 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero fósil da familia dos homínidos procedente do Mioceno medio de Turquía. Resulta difícil establecer as relacións evolutivas deste xénero, sen embargo, é probable que represente unha pola lateral da tribo Ponginae, polo que tería a súa orixe na dispersión dos Griphopithecus hai 14 M a por Eurasia procedentes de África. A única especie definida neste xénero é o A. meteai.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operador cinematográfico dinamarqués do primeiro terzo do s XX, un dos máis recoñecidos polo seu labor no período do cine mudo. Foi o técnico predilecto de Augusto Blom (Atlantis, 1932) e colaborou con Benjamin Christensen en Hëksan (A bruxería a través do tempo, 1922)
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palabra que significa ‘vida’, representada por unha cruz con varias asas, xeroglífico que aparece moi a miúdo nas mans dos deuses.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán Manuel Novegil González-Anleo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espazo a carón da lareira onde se coloca a leña para ir botando ao lume.
-
RIOS
Río da Terra Chá, afluente do Miño pola dereita. Nace na parroquia de Goán, concello de Abadín, a 480 m de altitude da confluencia de varios ríos e regos, o Abadín, o Rego Grande e o Rego Picheira. Todos estes baixan do engarzamento da Serra da Carba coa Serra do Xistral, artellando (no caso do Abadín) unha rede fluvial que se nutre dos ríos Labrada, Espiñaredo, Gontán e moitos outros regos. Dende Gontán, o Anllo segue unha dirección N-S polas parroquias de Baroncelle e Moncelos, pasa ao concello de Cospeito pola parroquia de Goa, continuando por Roás e Momán. Adéntrase logo pola parroquia de Triaba no concello de Castro de Rei, onde vira para adoptar NL-SO e volver ao concello de Cospeito pola parroquia de Xermar, onde serve de deslinde municipal entre Cospeito e Castro de Rei (parroquias de Xermar e Triaba, respectivamente) ata a súa captura polo Miño no lugar do Muíño do Toural a 395 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
-
RIOS
Río que drena a comarca de Bergantiños, ao longo dun percorrido de 54,4 km en sentido L-O, artellando unha conca de 516 km2 de superficie. Ten as súas fontes no lugar da Pedra do Coto, a 410 m de altitude, na parroquia de Meirama do concello de Cerceda, na vertente NO dos Montes do Xalo. A seguir adéntrase uns 350 m polo concello de Culleredo e pasa ao de Laracha pola parroquia de Soandre onde recibe a auga do Río Grande. Segue polas parroquias de Erboedo, Coiro e Vilaño, onde captura o río Acheiro. Pasa ao termo de Carballo polas parroquias de Berdillo, Bértoa, Carballo e Sísamo onde, seguindo por Cances, serve de límite co municipio de Coristanco. Adéntrase logo neste concello pola parroquia de Verdes, que o leva a facer límite co municipio de Ponteceso polas parroquias de Corcoesto (Coristanco) e Xornes (Ponteceso), deixando Cospeito para facer linde entre Cabana de Bergantiños e Ponteceso polo Esto e Cesullas (da banda de Cabana), e Langueirón e Anllóns (da banda de Ponteceso)....
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteceso baixo a advocación de san Filipe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio natural, declarado refuxio de caza, localizado na zona interna da ría de Corme e Laxe. Trátase dun complexo litoral formado por un esteiro parcialmente pechado por unha barra areosa, un sistema dunar e un conxunto de marismas, carrizais e xunqueiras. Destaca o interese ornitolóxico da área xa que nela aniña a píldora papuda e, ademais, constitúe un punto importante para a invernada ou o paso de limícolos, anátidos ou garzas. No outono, cando sopran ventos persistentes de compoñente O, poden presentarse aves de procedencia neártica divagantes, sobre todo limícolas, de orixe paleártica oriental ou neártica.
-
IGREXAS
Igrexa do concello de Ponteceso que conserva algúns restos románicos, sobre todo nos canzorros do beiril da ábsida e nunha porta lateral. O resto da construción é de época moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Humus non túrbido, composto sobre todo de excrementos de animais acuáticos, no que a materia orgánica aparece mesturada intimamente con material arxiloso.
-
Tipo de solo que consta dun horizonte superior de humus de tipo anmoor e un horizonte inferior xeado. Corresponde a lugares moi húmidos, a miúdo anegados.
-