"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Xénero de plantas tropicais, arbustivas ou arbóreas, da familia das lauráceas, que presentan follas simples, alternas e coriáceas e inflorescencias axilares ou terminais. Son explotadas pola súa madeira, que se emprega na construción, e polos aceites esenciais que se extraen das cortizas. Das especies deste xénero destaca O. foetens, que alcanza os 25 m de altura, que se pode atopar en Canarias, e O. rodiaei, árbore de América tropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aíña tubular que se sitúa na base do pecíolo e está formada por dúas estípulas membranosas concrescentes, que aparece nas plantas da familia das poligonáceas e noutras plantas de flores alternas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está provisto de ócrea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. iaxe que entraña perigo e moitas dificultades.

    2. Serie de peripecias, aventuras e desgrazas que dificultan a consecución dun obxectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema grego de vinte e catro cantos, hexamétrico, que se atribúe a Homero (ss IX-VIII a C). Conta, alternando a primeira e a terceira persoa narrativas, as aventuras de Odiseo (Ulises na tradición latina), un dos heroes que asediaran Troia, no seu retorno por mar a Ítaca, a súa terra de partida. A acción transcorre durante os dez anos de peregrinación desde que sae de Troia ata que definitivamente chega ao seu reino. Dividida en tres partes ou elementos, amodo de terceto, a primeira conta a viaxe de Telémaco, fillo de Ulises (Telemaquia); a segunda narra as fantásticas aventuras no regreso do heroe á súa patria (O exilio de Odiseo); e na terceira cóntase como Ulises chega á súa casa e vence os pretendentes da súa muller, Penélope (A toma de Ítaca). Os trazos literarios que o poema reflicte son máis modernos ca os da Ilíada, e ás veces moi próximos aos de Os traballos e os días de Hesíodo e aos dos poemas do ciclo épico que se perderon. A diferenza da Ilíada, na Odisea establécese unha complexa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización dos Estados Americanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxuntivite aguda purulenta causada por un gonococo que pode producir lesións importantes na córnea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción que consiste nunha rubién e nunha inflamación da conxuntiva, observable particularmente nos enfermos tuberculosos e tíficos, cando se lles instilan as toxinas da súa enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alpinista. Guía de montaña, empezou a escalar con 14 anos xunto ao seu irmán en Eguino. A súa primera expedición importante foi ao Kangchutse (1982) con Apellaniz, Barandiarán, Ochoa e Ollakindia, onde alcanzou os 7.200 m. Conseguiu a marca de subir 21 cumios de 8.000 m de altitude sen a axuda de osíxeno (2004), superando a anterior marca de R. Messner. Protagonizou diversas reportaxes do programa de televisión Al filo de lo imposible, de TVE e recibiu a Medalla de Oro al Mérito Deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega con orixe en diversos lugares. Unha rama asentouse en Riobó (Rodeiro). Trae como armas, en campo de azul, cinco medias lúas de prata, coas puntas cara a arriba e entre cada unha delas, unha estrela de ouro. Outra variante trae, en campo de azul, unha media lúa de prata, e en cada ángulo do escudo, unha estrela de ouro. Outros traen, en campo de prata, un castelo de goles; bordo componado de ouro e azul, en cada peza de ouro unha estrela en azul e en cada peza de azul, unha estrela de ouro. Presenta a variante Oxea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Presbítero e escritor ascético. Foi capelán do mosteiro da Visitación en Madrid. Publicou   Complemento a La vida feliz, El reinado de Jesucristo (1890), Tesoros del Corazón de Jesús e La vida feliz (1895), onde trata as virtudes cristiás e os seus vicios opostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor. Militou no Partido Republicano e participou en diversos pronunciamentos e movementos políticos en favor da Primeira República Española. Foi deputado no Congreso de los Diputados (1873-1874) e, ao caer o réxime republicano, foi perseguido e tivo que exiliarse en Portugal. Escribiu Céltigos (1883), El mundo rural. Cuadros de costumbres (1890) e Regalo de la vida (1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (O Barco de Valdeorras 1919 - 8.2.2004) Empresario da hostalaría e alimentación, promotor inmobiliario e filántropo. Deu a coñecer e sufragou a rehabilitación do cadoiro da Pincheira e do Santuario de Nosa Señora das Dores, en Fervenza e a construción da estrada que a comunica coa capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, xurista e xornalista. Militou e desempeñou altos cargos na dirección da Juventud Federalista, rama xuvenil do Partido Republicano Federal. Foi inspirador e redactor do Proxecto de Constitución para o Estado Galaico, así como un gran defensor do federalismo galego. Dirixiu o diario La República (1884-1885) e defendeu a democracia republicana e o federalismo autonomista como forma de estado. Escribiu Los derechos individuales son legislables? e El Parlamentarismo (1884).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso dominicano. Emigrou a México, onde exerceu a docencia e predicou entre os indíxenas. Dedicouse á investigación sobre Galicia e publicou Historia del Apóstol e Historia del glorioso Apóstol Sant-Yago patrón de España, de su venida a ella y de las grandezas de su Iglesia y Orden militar (1615).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores ou arbustos, da familia das oleáceas, que se caracteriza por ter follas perennes, simples, opostas e coriáceas, flores tetrámeras dispostas en panículos ou acios e froito en drupa. A especie máis coñecida é a O. europaea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista trimestral editada en Vigo a partir da primavera de 1994. Subtitulouse “Boletín do departamento de patrimonio histórico e medio ambiente do Concello de Vigo”. Cesou ao redor da primavera de 1995. Dirixido por Rafael Ojea Pérez, contou coa asistencia técnica de Gonzalo López Márquez. Nos seus apartados, sempre cunha perspectiva de respecto ao medio natural, tratou temas relacionados coa arqueoloxía, a etnografía, a mellora ambiental, a natureza urbana, a historia, a inspección ambiental, a biodiversidade e as directivas e normativas europeas. Destacou polo seu rigor científico e a súa capacidade divulgativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiveiro. En 1520 entrou ao servizo do Conde de Lemos como arquiveiro e bibliotecario. Permaneceu dúas décadas na vila de Monforte de Lemos, onde desenvolveu unha actividade investigadora moi relevante, que deixou rexistrada nos espazos en branco dun exemplar do Ptolomeo, de Treschel. Alí escribiu, en tres columnas, o que se considera o primeiro vocabulario galego-castelán, con 156 entradas e algúns sinónimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Comezou como documentalista en televisión, para logo debutar no cine con Días de viejo color (1967). Despois de dirixir o inquietante filme El bosque del lobo (1971), reorientou a súa obra cara a un clasicismo máis puro. Da súa filmografía destacan Tormento (1974), La Corea (1976), Akelarre (1984), El maestro de esgrima (1992, Goya ao mellor guión adaptado, 1993), Morirás en Chafarinas (1994), Más allá del jardín (1996) e Tiempo de tormenta (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás oleáceas.

    2. Planta da familia das oleáceas.

    3. Familia de plantas leñosas, da orde das escrofularias, que presentan follas opostas, simples ou compostas, flores regulares, normalmente tetrámeras, orixinariamente hermafroditas, con dous estames e co xineceo súpero bicarpelar, e de froitos moi diversos. Son propias das rexións tropicais e temperadas.

    VER O DETALLE DO TERMO