"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • PERSOEIRO

    Cantante. Coñecido como Bola de Nieve, na década de 1930 trasladouse a México, onde comezou a súa carreira internacional que o levou a diversos países de América e Europa. Destacaron as súas intepretacións de temas coñecidos como “La vie en rose” ou “La flor de la canela”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario mexicano. De nome Doroteo Arango, en 1910 apoiou a Madero contra Porfirio Díaz. Iniciou a revolta agrarista en 1913 no norte de México e aceptou o Plan de Guadalupe despois de que Victoriano Carranza se unise aos insurrectos. A súa alianza con Pascual Orozco e Emiliano Zapata permitiulle ocupar Ciudad de México. O goberno venceuno varias veces despois de que rompese a súa unión con Carranza e terminou por refuxiarse no norte onde continuou coa súa carreira de bandoleiro. Despois da caída de Carranza (1920), deixou as actividades guerrilleiras e retirouse a unha facenda ata o seu asasinato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiveiro, bibliotecario, anticuario e historiador. Formouse na Escuela Superior de Diplomática de Madrid e doutorouse en Dereito na Universidad Central de Madrid. Foi xuíz municipal e síndico de Mondoñedo e traballou en diversas bibliotecas. Colaborou en diferentes xornais e revistas como El Arte en España, La Ilustración Gallega y Asturiana e Galicia Diplomática e escribiu, entre outras obras, La catedral de Mondoñedo (1865), Los foros de Galicia en la Edad Media (1877), Los pertigueros de la Iglesia de Santiago (1883), Catálogo de los objetos de Galicia (1892) e La catedral de Santiago (1909). Foi socio fundador da Sociedad Geográfica de Madrid, correspondente da Real Academia Galega, da Real Academia de la Historia, da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e socio de mérito da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Recibiu, entre outros galardóns, a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado en La Tierra Llana (2.093 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado ao NO da provincia de León, Castela e León, na comarca de Laciana (12.459 h [2001]). A súa economía baséase na minaría e no sector servizos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Gipuzkoa, Euskadi, situado ao S de Donostia, bañado polo río Oria (5.672 h [2001]). A súa economía baséase no gando bovino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Participou na Revolución de 1854 e loitou contra os carlistas. Foi separado do exército polas súas ideas republicanas (1877), posteriormente readmitido, despois pasou á reserva (1883). De acordo con Ruiz Zorrilla, sublevouse en Madrid en favor da república (1886), pero, fracasada a insurrección e abandonado polos seus soldados, foi feito prisioneiro e condenado a morte. Indultado, deportárono a Fernando Poo e despois a Melilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Toledo, Castela-A Mancha, bañado polo río Riánsares, afluente do Tajo (8.805 h [2001]). Ten industrias dos sectores do moble e da confección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Cantabria, situado no val do Pisueña (1.755 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado no val do Guadalquivir (11.021 h [2001]). A súa agricultura baséase nos cereais e nos legumes. O gando é porcino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, situado ao N da Cruz de Hierro (1.553 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Carintia, Austria (57.746 h [2001]). Está situada na beira do río Drava, afluente do Danubio, nos Alpes de Villach. Ten industria alimentaria, madeireira e química. É unha estación de deportes de inverno e balneario. Durante a Idade Media foi un foco comercial moi importante entre Venecia e Viena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado en La Alcarria de Chinchón, ao L do Tajo (2.945 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura. Posúe augas mineromedicinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado na comarca do Bierzo, onde conflúen os ríos Burbia e Cua, afluentes do Sil (2.223 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado ao NO da capital provincial e bañado polo río Brullés (1.924 h [2001]). A súa economía baséase no cultivo de cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cantabria, situado ao S de Santander e ao O da serra de La Gándara (3.323 h [2001]).   Ten minas de ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cultivou a poesía modernista, a prosa e o teatro. Destaca en prosa La copa del rey de Thule (1900) e a obra de teatro El alcázar de las perlas (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo que o Rei Fernando II o Católico e o seu xenro Filipe I o Fermoso firmaron o 27 de xuño de 1506 en Villafáfila (Zamora), polo que Fernado lle deixaba o goberno de Castela a Filipe, despois da morte da Raíña Isabel I a Católica. Ese mesmo ano Filipe morreu e tivo que volver como rexente o Rei Fernando II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lino Xosé Martínez Villa­fínez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Nafarroa, bañado polo río Aragón, afluente do Ebro (2.547 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO