"RM" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 2589.

  • PERSOEIRO

    Matemático. Fixo investigacións en teoría de conxuntos, e deu a coñecer o axioma que leva o seu nome, feito que xerou grandes controversias, porque non foi aceptado por todos os matemáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor estadounidense. Coñecido como Bob Dylan, é un dos cantantes que máis influíron na música moderna. A súa produción discográfica deu orixe á denominada pop-music, aínda que co tempo se inclinou polo rock-folk e pola súa participación nos movementos de dereitos civís. Dos seus traballos cómpre destacar Bringing it all Back Home (1965), Highway 61 Revisited (1965) e Blonde on Blonde (1966), que influíron no movemento beat; ademais de Nashville Skyline (1969), en que incorporou elementos da música country; Blood on the Tracks (1975), Time Out of Mind (1997) e Love and Theft (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Das súas pezas musicais destacan o ballet Kontraste (1953), a ópera Die Soldaten (1958-1960) e Photoptosis (1969), para grande orquestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estucador e arquitecto alemán. Como estucador traballou en Füssen (1698) e Landsberg (1716). Como arquitecto construíu a Liebfrauenkirche de Günzburg (1736-1941) e a igrexa de Wies (1745-54), considerada a súa obra mestra, unha combinación de estruturas arquitectónicas con decoracións da tradición artesá do rococó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Telegrama enviado polo ministro alemán de Asuntos Estranxeiros Arthur Zimmermann (1864-1940) ao embaixador alemán en México, o 19 de xaneiro de 1917, no que se propuña unha alianza xermano-mexicana e ofrecía a aceptación alemá a unha futura ocupación mexicana de Novo México, Texas e Arizona. Foi interceptado polos británicos e comunicado ao presidente estadounidense Wilson. Este incidente diplomático deteriorou as relacións de EE UU con Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Austria e raíña de Hungría e Bohemia. Casou en 1911 co arquiduque Carlos, que en 1916 se converteu no Emperador Carlos I de Austria. Viviu no exilio en Lekeitio (1922-1929), Bélxica, América do Norte, Luxemburgo e Suíza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • espermatozoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista e director de orquestra. Ampliou os seus estudos na Juilliards School con I. Galiaman. En 1969 debutou na Filharmónica de Nova York e iniciou a súa carreira como concertista internacional. Dirixiu conxuntos de cámara e grandes orquestras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, II marqués de Valero e I duque de Arión (1725). Foi vicerrei de Sardeña (1704-1706) ao servizo de Filipe V, a favor do que loitou durante a Guerra de Sucesión. Acabada esta, foi recompensado co cargo de vicerrei de Nova España (1716-1722). Volvendo á Península Ibérica, foi presidente do Consello de Indias.

    VER O DETALLE DO TERMO