"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Touro baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome galego de orixe descoñecida e seguramente anterior a época romana. O sufixo -eca é prerromano e a raíz and-, para uns, é vasca e, para outros, céltica. Levou este nome un dos reis suevos de Galicia no s VI. Non hai ningún santo con este nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nobre suevo que destronou no 584 a Eurico, quen sucedera ao seu pai Miro no 583 á fronte do Reino de Galicia. O destronamento de Eurico provocou a súa intervención a prol do lexítimo herdeiro do Rei visigodo Leovixildo. Este, aproveitando a confusión interna, anexionou o Reino de Galicia á Coroa Visigoda no 585 malia os esforzos de Malarico, axiña vencido e preso. Galicia ficou daquela como unha das tres grandes provincias visigodas, xunto á Galia e Hispania, acadando progresiva importancia dentro do Reino Visigodo: os monarcas asociaron os seus herdeiros ao trono como Reis de Galicia e, no 696, Vitiza instalou a capital en Tui, feito que pode estar a indicar o decantamento dos galaicos polo bando vitizano. Son, xa que logo, aliados dos musulmáns que apoiaron a lexitimidade de Vitiza fronte á que se sublevou o nobre Rodrigo (ou Roderico), o que explicaría o respecto ou a falta de interese na invasión musulmá do territorio da Gallaecia e as súas boas relacións cos emires de Córdoba. Mesmo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria da Fonsagrada. Relacionado con esta caste están os Endego. As súas armas levan, en campo de azur, un niño de galiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cambre baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome galego que posteriormente pasou a apelido, función coa que aínda pervive en Portugal. De orixe escura, para uns vén de Anterio (derivado de Anteros, antigo nome dun deus grego do amor pederástico e irmán de Eros), frecuente entre escravos e libertos romanos; e, para outros, de Emeterio (de procedencia grega co significado de ‘materno’). Do xenitivo latino Emeterii podería vir o nome de lugar Meder e, de Sanctum Emeterium, Santander. Como topónimo, Andeiro é unha parroquia de Cambre. Andeiro e Celidonio, dous dos santos máis antigos no culto hispánico (s VI), foron mártires nados na Gallaecia asturicense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe oriúnda das terras de Bergantiños, dende onde saíron ramas que fundaron novas casas en Sofán, Goiáns, Mondoñedo, Ourense e Granada. Desta familia galega, descenden os Andeiro de Portugal que marcharan a servir o Rei Pedro I no século XIV. Xoán de Andeiro obtivo, a cambio do apoio real, tres vilas e o condado de Ourén. Por mor da súa relación coa raíña Leonor (esposa de Fernando de Portugal), o Rei Xoán I, fillo de Pedro I e sucesor de seu irmán Fernando, mandouno matar; con el despareceu o seu condado. As súas armas levan, en campo de goles, unha torre de pedra. Outra variante trae, en campo de goles, un castelo de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Natural da Gallaecia Asturicense e fillo do centurión san Marcelo foi, xunto co seu irmán san Celidonio, decapitado no ano 303 baixo o Imperio de Diocleciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prancha de calquera material que, fixada ao longo da parede ou formando parte dun moble, serve para colocar cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Superficie chaira e horizontal máis elevada ca o chan circundante.

      2. plataforma petrolífera

        Estrutura que se utiliza para a perforación de pozos de petróleo no mar.

      1. Espazo que nas estacións de ferrocarril está situado ao longo dunha vía, a unha altura maior, que serve para facilitar o desprazamento e o embarque e desembarque de persoas, equipaxes e mercadorías.

      2. Parte inmediata á entrada ou saída dalgúns vagóns de tren, tranvías, autobuses, etc, desprovista de asentos.

      3. agón descuberto con laterais de pouca altura.

      4. plataforma xiratoria

        Peza circular que xira no interior dun foso, provista dunha ou de máis vías na súa superficie superior, que se emprega para cambiar de vía ou de sentido unha locomotora, un vagón, etc.

      1. Terreo chairo debido á erosión mariña, tras estar cuberto temporalmente polas augas.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Exerceu na Cátedra de Antropoloxía da Universidade de Comillas (Santander). Nos anos cincuenta foi unha das primeiras voces que, dentro do estamento relixioso, comezou a preguntarse polo limo terrae nun sentido científico. A súa obra Hacia el origen del Hombre (1956) exerceu unha grande influencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Brabante, Valonia, Bélxica, na ribeira do Zenne (87.920 h [1995]). É un suburbio industrial e residencial dentro da gran Bruxelas. Entre os seus edificios relevantes cómpre salientar a catedral gótica do s XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral polaco. Foi prisioneiro dos soviéticos entre 1939 e 1941. En virtude do acordo soviético-polaco foi, durante a Segunda Guerra Mundial, Comandante en Xefe das tropas polacas e combateu contra Rommel no N de África (1942) e en Italia (Cassino, 1943). Escribiu unhas memorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán nacionalizado suízo e un dos fundadores do Grupo 47. Escribiu novelas e narracións de moito éxito, sobre todo a autobiografía Die Kirschen der Freiheit (‘As cereixas da liberdade’) e a novela Sansibar oder der letze Grund (‘Zanzíbar ou o último fundamento’), que constitúe unha crítica do totalitarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, poeta, comediógrafo e contista danés. De familia moi humilde, aos 14 anos trasladouse a Copenhaguen, onde conseguiu espertar o interese dos persoeiros do país. Cultivou narrativa, poesía e teatro. Ademais, escribiu a autobiografía Mit livs eventyr (‘A aventura da miña vida’) en 1855, impresións de viaxes como I Spanien (‘España’) en 1863, e varias series de contos marabillosos Eventyr (‘Aventuras’) entre 1835 e 1872. Ao inspirarse en relatos e lendas nórdicas, os seus contos caracterízanse pola súa imaxinación, humor e sensibilidade que os converteu en clásicos da literatura infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio internacional de literatura infantil en memoria do escritor danés Hans Christian Andersen que, dende o 1956, concede cada dous anos a International Board on Books for Young People.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor noruegués. É autor, entre outras novelas, de I Cancelliraadens dage (‘As xornadas dun conselleiro da chancelería’, 1897), na que narra a crise das clases dirixentes do seu país, e de Mod Kveld (1900), influída polo Romanticismo alemán. A súa prosa, de gran claridade, sitúao coma un dos grandes mestres da literatura noruega moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO