"AVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 908.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de corda percutida moi utilizado dende o s XV ata o s XVIII. Derivado do monocordio, o son prodúcese pola percusión dunhas placas metálicas, denominadas tanxentes, sobre as cordas situadas no interior dunha caixa rectangular e dispostas perpendicularmente ao teclado que acciona as tanxentes. O número de cordas é xeralmente inferior a dez e cada unha delas produce máis dunha nota, segundo o punto onde se toca. A causa da súa sonoridade, moi suave, destinouse exclusivamente ao estudo e ás audicións privadas, pero apreciouse polas súas posibilidades expresivas, superiores ás do clavecín e ás do órgano. No s XVII o número das teclas chegou ás 45. No s XVIII construíronse os chamados independentes, cunha corda para cada tecla, e cara a finais deste século o piano desprazouno definitivamente. Carl Philipp Emanuel Bach, eloxiou as súas calidades no tratado Versuch über die wabre Art das Clavier zu spielen (Ensaio sobre a verdadeira maneira de tocar o clave,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que toca o clavicordio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos dous ósos longos, en forma de S alongado, situados na parte superior e anterior do tórax, entre o esterno e a omoplata, cos que se articulan. Cada clavícula presenta dúas caras, dúas arestas e dous extremos; nelas insírense os músculos deltoide, trapecio, esternocleidomastoideo, subclavio, pectoral maior e esternocleidohioideo. Forman parte da cintura escapular de moitos vertebrados.
-
-
Que ten clavículas.
-
Aplícase á peza ou figura, xeralmente a cruz, cos extremos rematados en forma de ollo de cravo antigo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á clavícula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de clava ou de maza.
-
PERSOEIRO
Escritor e crítico. Fundou en Madrid o diario El Pensador (1762-1767), en defensa das ideas enciclopedistas, e iniciou a campaña de ataque coa que conseguiu a prohibición dos autos sacramentais (1765). Traduciu a obra Histoire Naturelle (Historia natural), de Buffon.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate lendario de Ramiro I de Asturias contra ‘Abd al-Ra ḥ mān III celebrado no ano 859 en La Rioja. A lenda narra o enfrontamento que xurdiu pola reclamación de ‘Abd al-Ra ḥ mān a Ramiro I do pagamento das 100 doncelas prometido por Mauregato. Ramiro negouse e, deste xeito, iniciouse a guerra. Derrotados os cristiáns no primeiro enfrontamento, esa noite Ramiro soñou que o Apóstolo Santiago o incitaba a que presentase batalla ao día seguinte e afirmou que se presentaría nun cabalo branco e cunha bandeira da mesma cor para axudalo. O éxito da campaña fixo que, dende aquela, os exércitos cristiáns entrasen en combate berrando “Santiago y cierra España”. A lenda naceu confundindo esta suposta batalla coa de Albelda.
-
PERSOEIRO
Poeta. Licenciado en Dereito e codirector do Teatro Español Universitario, colaborou na prensa (La Noche, Alba, La Voz de Galicia, El ideal gallego, etc) e cofundou as revistas Atlántida e Prosa y rima. Da súa produción destaca El dolor innumerable (1971), Poemas santiagueses (1971), Poemas del golf o cómo pasar el tiempo (1972), Retratos fieles de la nada (1972), Cuestiones retrospectivas (1974) e Tras esta luz escura (1992). Recibiu o primeiro premio nos Juegos Florales Hispanoamericanos da Coruña (1948) e nos Juegos Minervales Universitarios de Santiago (1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Chubut, na Patagonia, Arxentina (124.104 h [1997]). É un importante centro comercial e nó de transportes. A base da súa economía é a extracción de petróleo (a quinta parte da produción do país) e as industrias derivadas, principalmente refinerías e químicas. Da cidade parten gasodutos e oleodutos en dirección a Bos Aires.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de cóncavo.
-
Parte ou lugar cóncavo.
-
Espacio entrante nalgunha superficie.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familiar, eclesiástico ou leigo, ou criado ao servizo dun cardeal durante o conclave.
-
PERSOEIRO
Pintor belga. Discípulo de Pieter Boel, especializouse na pintura de bodegóns e de escenas de caza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aviso que anula ou modifica outro anterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segunda caravilla que se coloca para evitar que se afrouxe a caravilla principal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segunda vidreira que se pon diante doutra para mellor resgardo da intemperie.
-
PERSOEIRO
Físico e químico estadounidense. Foi director de investigacións da General Electric (1940-1945). En 1908 encontrou un método para darlle ductilidade e dureza ao tungsteno. En 1913 inventou o tubo de Coolidge para a produción de raios X, que consiste nun ánodo de tungsteno onde inciden os electróns procedentes dun cátodo incandescente, acelerados por un campo electrostático.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psiquiatra sudafricano. Creou o termo antipsiquiatría, ao que lle deu unha dimensión política e incluso revolucionaria, que transcendeu os problemas da enfermidade mental. Realizou unha crítica radical da sociedade burguesa. En 1965 fundou xunto con R. D. Laing e A. Esterson a Philadelphia Association, que agrupou diversas comunidades terapéuticas. As súas obras máis importantes son: Reason and violence (Razón e violencia, 1964), con R. D. Laing, Psychiatry and Antipsychiatry (Psiquiatría e antipsiquiatría, 1967), The Death of the Family (A morte da familia, 1971) e The Grammar of Living (A gramática de vivir, 1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Torneo internacional masculino de tenis que constitúe a competición deportiva anual por nacións máis antiga do mundo. Fundouna en 1900 Dwight Filley Davis, estudante en Harvard, como desafío dos xogadores de EE UU aos británicos, considerados os mellores do mundo. Davis proporcionou o trofeo que se puxo en xogo, unha grande ensaladeira que encargou expresamente á xoiería bostoniana Shreve, Crump & Low, feita a partir de 217 onzas de prata e que lle custou 750 dólares. A intención de Davis era que a competición se denominase International Lawn Tennis Challenge Trophy (trofeo do desafío internacional de tenis). A United States National Lawn Tennis Association (federación estadounidense de tenis), invitou ao equipo das Illas Británicas a participar no desafío, que xa era coñecido entre os membros do Longwood Cricket Club de Boston como “Dwight’s pot” (o cacharro de Dwight) e adoptou finalmente o nome de Copa Davis. A competición desenvólvese dende entón...