"Ain" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 537.

  • PERSOEIRO

    Historiador. Educado polos solitarios nas pequenas escolas de Port-Royal, colaborou en moitos escritos dalgúns dos seus mestres. Destacan as obras Histoire des empereurs et des autres princes qui ont regné durant les six premiers siècles de l’Eglise (1691-1738) e Mémoires pour servir à l’histoire ecclésiastique des six premiers siècles (1693 - 1712).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (s VII) Bispo de Saintes (590-640). Acolleu o bispo de Aleth, cando fuxía de Bretaña. A súa festividade celébrase o 19 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e dramaturgo francés. Da súa produción destacan as obras satíricas Crispin rival de son Maître (1707) e Turcaret ou le financier (1709), as novelas Le diable boiteux (1707), Histoire de Guzman d’Alfarache (1732) e outras inspiradas en temas da tradición picaresca castelá coas que fai unha descrición minuciosa da sociedade francesa, e acada a perfección do realismo novelesco; e Gil Blas de Santillane (1715-1735), a súa novela máis famosa, de marco castelán pero temática francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cristalina cun grupo amina que funde a 68-69°C, insoluble en auga e soluble en alcohol e éter. Emprégase en medicina como anestésico local e para o tratamento das arritmias ventriculares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa de pouco valor ou importancia con que xogan os nenos pequenos.

    2. parvada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor finlandés. Participou na guerra contra a URSS, tal e como se reflicte de forma crítica na súa primeira novela Tutematon sotilas (Soldados descoñecidos, 1954). Ademais de cultivar o ensaio, orientou a súa obra cara a unha descrición realista da sociedade finlandesa, chea de dialectalismos, como na triloxía Täälla Pohjantähden alla (Aquí, baixo a estrela polar, 1959-1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embutido que se elabora enchendo unha tripa longa e delgada con carne magra de porco picada e adubada con pementa e outras especias. Consérvase crúa e déixase secar durante certo tempo, aínda que nalgúns lugares se conserva en aceite ou pingo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Claude Gellée.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e capital da parte flamenga da provincia de Brabante, Bélxica (88.581 h [2001]). Situada na beira do Dijle, ten unha rica industria e é centro dunha próspera zona agrícola. Foi capital do Ducado de Brabante desde mediados do s XII ata finais do s XIV, cando pasou a selo Bruxelas. Dispoñía dun mercado cun gran movemento de exportación, favorecido por unha óptima situación no camiño Bruxas-Colonia e, en 1378, os seus artesáns tiveron que intervir no goberno ducal. No s XVI, ao minguar a súa importancia económica, a universidade, fundada en 1425, converteuse nun centro prestixioso de cultura humanística. Suprimida en 1797, foi reorganizada como universidade católica en 1835. En 1968 as reivindicacións flamengas conseguiron a transferencia no sector valón da parte francófona, e desde 1970 a universidade consta de dúas entidades independentes. Destacan os edificios do concello, as igrexas góticas de Sint Jakob e Sinte Gertrud, a igrexa barroca de Sint Michiel, o Beguinatge (Groot Begijnhof)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Shirley MacLean Beauty.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor belga. Recibiu a influencia do cubismo e o futurismo (1923) e particularmente de G. De Chirico. Formou o grupo surrealista belga e en París (1927), en contacto co surrealismo francés, alcanzou a plenitude pitórica. A través dunha técnica realista e académica e dun formato monumental produciu efectos perturbadores e inquietantes coas imaxes inconscientes. Destacan as súas obras Le mariage de minuit (1926), L’usage de la parole (1928), La clef des songes (1930) e La colère des dieux (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés, marqués de Brézé. Embaixador de Suecia (1631) e mariscal de Francia (1634), participou no sitio de La Rochelle (1628), de Piemonte (1629-1630), en Alemaña e en Países Baixos (1635).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Alemaña, un dos afluentes máis importantes do Rin. Nace na vertente SO da Selva de Franconia e discorre en dirección L-O entre os terreos sedimentarios de Alemaña central. Desemboca en Maguncia, despois de 524 km de percorrido, pola dereita do Rin. Está canalizado a maior parte do seu curso e é unha importante vía de comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crisol provisto dunha tapadeira coa marxe dentada e que se axusta ben ás paredes e ao interior do recipiente, polo que se lle pode engadir líquidos facilmente, verténdoos sobre a tapadeira sen ter que sacala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano. De orixe galega, profesou no convento compostelán de San Domingos de Bonaval para despois ser electo como colexial no colexio de San Gregorio de Valladolid, do que tamén foi reitor (1522). Foi prior dos conventos de Palacios de Valduerna e Zamora, e predicador xeral da súa orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do nome persoal do latín tardío Mainardus, forma latinizada do xermánico Maginhard, formado por magin, variante do antigo alto alemán magan ‘forza, poder’, e -hard ‘duro, forte’. Aparece nos documentos altomedievais coas variantes: Maginardus, Mainardus, Meginardus e Meinardus. A súa difusión débese a san Mainardo (s XI), bispo de Urbino, celebrado o 14 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do antropónimo Mainardo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo onde se sementa o millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao terreo que é bo e fértil para o millo.

    2. Que recolle moita abundancia de millo.

    3. Aplícase ao pan elaborado cunha mestura de fariña de millo e centeo, con maior cantidade da de millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Couso (A Estrada). Con planta rectangular e dous andares, erixiuse dentro dun recinto amurallado, con dúas portas de acceso, unha con arco de medio punto e outra con arco apuntado. Pertenceu ao conde de Ximonde. Conserva o escudo con data de 1530, aínda que a construción é anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO