"Arán" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 317.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Uttar Pradēsh, India (373.904 h [1991]). A súa economía baséase nas construcións mecánicas e nas industrias papeleiras, do tabaco e azucreiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente deportivo e diplomático. Seleccionador nacional de hockey a patíns, foi presidente da federación española deste deporte e do Comité Olímpico Español (1967-1970). Membro do Comité Olímpico Internacional desde 1966, foi o seu vicepresidente (1974-1978) e presidente (1980-2001), durante cuxo mandato Barcelona foi elixida (1986) para organizar os Xogos Olímpicos de 1992. Presidiu a Deputación de Barcelona (1973-1977) e foi embaixador na Unión Soviética (1977-1980). Foi presidente da Caixa de Pensions (1987-1999), que baixo o seu mandato pasou a ser a Caixa d’Estalvis i Pensions de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desenvolvemento dunha vogal no interior dun grupo formado por unha consoante e unha soante, con transformación conseguinte da soante en consoante. Era un termo que empregaban os antigos gramáticos hindús. Por exemplo, o latín CERTUS (en grego êñéôόò), da raíz êñôïó-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa misteriosa e inaccesible que aparece e desaparece nas augas de Canarias. Para algúns está situada a corenta leguas de La Palma en dirección O, e ao NL de Hierro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de San Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vedra baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vedra baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Profesional desde 1985, foi número un do tenis feminino mundial entre febreiro e xuño de 1995, e mantívose entre as 10 primeiras entre 1989 e 2001. Foi campioa de Roland Garros en 1989, 1994 e 1998, e do US Open en 1994. Membro do equipo español da Copa Federación (1986-1998, 2000-2002), gañou o torneo en 1991, 1992, 1994, 1995 e 1998. Participou nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, en Barcelona 1992 -medalla de bronce individual e a medalla de prata en dobres con C. Martínez-, en Atlanta 1996 - medalla de prata individual e a de bronce en dobres con C. Martínez-, e en Sydney 2000. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de los Deportes (1998) e a Gran Cruz de la Orden del Mérito Deportivo (2001). Retirouse en 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Antas de Ulla. Foi construída en estilo románico no s XII e reconstruída a finais do s XVI. Ten planta rectangular. A ábsida é cadrada e comunícase cunha pequena sancristía dun lado e coa capela-panteón dos condes de Torre Penela. O arco triunfal, de medio punto dobrado, descansa sobre dúas columnas. En 1650 construíuse a capela-panteón de planta hexagonal, cuberta con bóveda de casetóns. No interior destacan as esculturas funerarias dos primeiros condes e dos seus inmediatos sucesores (1719). Conserva brasóns no interior e no exterior do edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rrethi de Albania (1.097 km2; 53.730 h [estim 1993]). A súa capital é Sarandë (16.400 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Susan Abigail Tomalin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abegondo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da República de Mordovia, Rusia, situada na ribeira esquerda do Insar (319.000 h [estim 1997]). Ten industrias electrotécnicas, metalúrxicas, mecánicas e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Xava Central, Indonesia, situada na costa N, na desembocadura do Kali Baru (1.366.500 h [1996]). Destacan as industrias navais, mecánicas, téxtiles e do tabaco e calzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diaño que, segundo a crenza, produce raquitismo e deformidade nos nenos.

    2. Raquitismo ou deformación que sofren algunhas persoas, principalmente nenos, debido á actividade dun diaño ou trasno maligno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Lampung, situada na illa de Sumatra, Indonesia (284.275 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área estatística de Nova Zelanda, situada na illa do Norte (7.876 km2; 102.858 h [2001]). A súa capital é New Plymouth (49.079 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO