"CIC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 293.

  • Composto que deriva do benceno en que dúas posicións para- do anel van unidas mediante unha cadea carbonada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa máis externa do cilindro central do talo e da raíz, que está orixinada polo desmóxeno e constituída por células parenquimáticas pouco diferenciadas. Ten importancia na ramificación e no crecemento secundario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de São Paulo, Brasil, situada na ribeira do río Tietê (300.714 h [1995]). É o centro da principal rexión produtora de cana de azucre do estado, onde tamén se cultiva algodón, arroz, café e outros produtos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos peixes ou á piscicultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica a piscicultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría e desenvolvemento de peixes co fin de comercializalos ou de empregalos en repoboamentos. Practícase sobre todo con especies de auga doce, aínda que tamén ten lugar con especies mariñas (gádidos e peixes planos) en marismas, rías e pantanos salobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pneumococos ou á pneumococcia.

    2. Que está producido por pneumococos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que consta de varios ciclos.

    2. Aplícase ás moléculas ou aos ións cuxa estrutura ten dous ou máis aneis.

    3. Que presenta máis de cinco verticilos florais.

    4. Sistema formado por correntes de frecuencia diferente que se superpoñen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos dous produtos de degradación do metabolismo da prostaglandina doperóxida PGH2, xunto co tromboxano TXA2. Foi descuberta en 1976. Ten acción de antiagregante plaquetario e vasodilatador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encadeamento das tres reaccións nucleares de fusión que, de maneira semellante ao ciclo de Bethe, poden ter lugar de xeito natural nunha estrela, onde se forma helio a partir de hidróxeno e onde se mide unha certa cantidade de enerxía, que é de 26,72 MeV por cada ciclo. OBS: Tamén se denomina de ciclo de Critchfield.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición ou calidade de pudoroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mil ciclos ou oscilacións nun fenómeno oscilatorio. O kc/s emprégase como unidade de frecuencia, chamado máis habitualmente quilohertz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que habita sobre ou entre as raíces das plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso cíclico que segue o fluído motor dunha máquina térmica real, como una máquina de vapor. As diferentes partes de que consta son basicamente as mesmas que as do ciclo de Carnot, pero na de compresión adiabática, en que recibe traballo do exterior, non ten a temperatura do punto quente do ciclo, senón que esta lle vén fornecida pola fonte quente (caldeira).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Someter a un proceso de reciclaxe.

    2. Someter a alguén a un proceso de posta ao día pola adquisición e ampliación de coñecementos .

    3. Poñerse ao día alguén pola adquisición e ampliación de coñecementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reciclar ou reciclarse.

    2. Proceso de transformación dun material para permitir a súa reutilización. Distínguense dúas maneiras principais de reciclaxe: a reciclaxe directa, que consiste nunha transformación estrutural destinada a converter o vello material en novo e darlle o mesmo uso ca o orixinal; e a reciclaxe indirecta, que consiste no aproveitamento do material xa usado para producir outras formas de materia ou ben de enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciclo mixto entre o ciclo de Otto e o ciclo Diesel en que, despois da fase de compresión adiabática, vén, coma no ciclo de Otto, unha fase de combustión a volume constante e, despois, coma no ciclo Diesel, unha fase de combustión a presión constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido dicarboxílico saturado que se obtén por destilación seca do aceite de rícino, en presenza de álcali. Emprégase na fabricación de plastificados, resinas alquídicas, fluídos hidráulicos e na industria téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao silicio.

    2. Que contén silicio.

    3. Conxunto de ácidos, como o ortosilícico ou o metasilícico que non se coñecen en estado libre, e dos que derivan formalmente os silicatos.

    VER O DETALLE DO TERMO