"COI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 307.

  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. Coñecido pola súa habilidade literaria, realizou unha Summa de sermóns (1250), unha recompilación de 406 composicións compostas ao longo de varios anos, que se converteu na primeira colleita deste tipo realizada por un dominicano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político francés. Coñecido como Charles François Dumouriez, traballou na diplomacia secreta de Luís XV e Luís XVI. En 1792 foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores e convenceu a Luís XVI da necesidade de loitar contra Austria. Pouco despois foi obrigado a dimitir e incorporouse ao exército do norte ata converterse nun dos seus xefes. Coas vitorias de Valmy e de Jemmapes conquistou os Países Baixos austríacos e Bélxica foi anexionada a Francia. En 1793 iniciou a conquista das Provincias Unidas, pero foi derrotado en Neerwinden. Relevado do seu cargo, pasou ao inimigo. Tentou reiteradamente establecer a monarquía en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Traballou de decorador nos hôtels Lambert e de La Vrillière. Foi un dos fundadores da Académie Royale de Peinture et de Sculpture.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Crítico da economía neoclásica, dotou dun enfoque institucionalista á realidade económica. Elaborou a teoría dos polos de desenvolvemento como instrumento da política económica. Escribiu La valeur (1943), Le capitalisme (1948), L’economie du XX siècle (1961) e Pour une philosophie du nouveau développement (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e farmacéutico francés. Descubriu con Payen a diastase (amilase), e puxo en evidencia o envelenamento por fósforo. Tamén descubriu un método de obtención do metano a partir de ácido acético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Proveniente dunha coñecida e prestixiosa familia dedicada á música, compuxo, ademais de música relixiosa, óperas cómicas como Blaise le savetier (1759) e Sancho Pança dans son ile (1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e aeronauta francés. Profesor en Reims, estudou os gases. Co marqués de Arlandes realizou o primeiro voo en globo libre tripulado, en 1783. En 1785 intentou atravesar o Pas-de-Calais, pero o aparato sufriu un accidente e os tripulantes morreron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao pinacoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma cristalina simple da clase holoédrica pinacoidal, á que pertence o sistema triclínico e que só ten un centro de simetría. A existencia do centro de simetría esixe que cada forma estea constituída por dúas caras opostas e paralelas, que se chaman pinacoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás escamas dos peixes osteíctios. En realidade, son pequenos dentes, sostidos por unha lámina ósea basal, que atravesan a epiderme, e que se compoñen de esmalte, marfil e polpa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Coñecido como Prévost d’Exiles, foi novizo dos xesuítas e monxe beneditino, ata que abandonou o mosteiro. Coñécese, sobre todo, pola Histoire du chevalier Desgrieux et de Manon Lescaut, incluída dentro das Mémoires et aventures d’un homme de qualité (1728-1731), e tamén escribiu Histoire d’une grecque moderne (1741) e Mémoires d’un honnête homme (1745).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á forma larval, desprovista de vesícula caudal, propia dalgúns platihelmintos da clase dos cestodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista francés. Representante da fisiocracia, defendeu que a riqueza das nacións estaba na agricultura. O seu traballo máis importante é o Tableau économique (1758), en que introduciu por primeira vez a idea de circulación, da que fixo diferentes versións. Foi un antecedente para a doutrina económico-política liberal, e sentou os principios do capitalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés, fillo e discípulo de Pierre Quesnel , pintor de Xaime V de Escocia e de María I Stuart. Foi retratista da corte escocesa (Mary Ann Waltham, 1572) e en París obtivo un gran éxito como retratista na corte de Enrique III de Francia (Madamme de Chaverny, 1573?). Excelente debuxante (Enrique III (1575?), fixo para Enrique IV un plano de París para ser gravado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora francesa. Coñecida como Françoise Sagan, deuse a coñecer sobre todo pola novela Bonjour tristesse (1954). Do resto da súa destacan algunhas pezas teatrais e as novelas De guerre lasse (1985), Un sang d´aquarelle (1987), La soga (1989), Les fauxfuyants (1991), Répliques (1992), Evasion (1993) e Un Chagrin de Passage (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e médico francés. Educouse no mosteiro franciscano de Fontenay-le-Comte e cos beneditinos de Maillezais, para abandonar a vida monástica en 1527. Estudou medicina en Montpellier e exerceu en Lyon, onde publicou Horribles et épouvantables faits et prouesses du très renommé Pantagruel (1523). Acompañou ao bispo Jean du Bellay a Italia, e á volta publicou o segundo volume, Vie inestimable du grand Gargantua, père de Pantagruel (1534). Doutorouse en Montpellier (1537) e logo emprendeu unha vida aventureira. A súa obra traduce dun xeito festivo as ideas fundamentais do pensamento humanista, destacando unha condena drástica do ascetismo e da superstición, e un sentimento de confianza na natureza humana e no progreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico-químico francés. Estudou as solucións diluídas, sobre as que deu a coñecer a lei do seu nome. Perfeccionou a ebulioscopia e a crioscopia. Estudou a forza electromotriz das pilas galvánicas, a calor de reacción e a compresibilidade das solucións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Deputado en 1791, achegouse aos xirondinos e foi condenado a morte. En teatro acadou un grande éxito con Les Templiers (1805), aínda que destacou especialmente polo seu Choix des poésies originales des Troubadours (1816-1821), coa que contribuíu a restituír á lingua de Oc a súa dignidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oz que manifesta admiración, enfado ou sorpresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta cómico. Admirador de Molière, escribiu diversas narracións de viaxes e numerosas comedias, das que destacan Le joueur (1696) e Le légataire universel (1708).

    VER O DETALLE DO TERMO