"Eza" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 269.

    1. Calidade de vil.

    2. Acción propia dunha persoa vil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de vivo en canto á súa relación coa realidade e a capacidade para representala.

    2. Calidade do que se caracteriza pola súa intensidade ou expresividade.

    3. Habilidade para entender ou obrar con rapidez.

    4. Brillo e esplendor dalgunhas cousas, especialmente das cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filme dirixido e producido por José Luis Garci en 1982. Protagonizado por José Bódalo, Marta Fernández Muro e Antonio Ferrandis, en 1983 obtivo o primeiro Oscar ao mellor filme en lingua estranxeira do cine español.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de xentil.

    2. Acción xentil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Jerez de la Frontera ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Jerez de la Frontera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1387-1396), fillo de Pedro IV e Leonor de Sicilia. Despois do seu matrimonio (1380) con Violante, sobriña de Carlos V de Francia, aumentaron as influencias francesas no seu reino. Pactou unha alianza con Xoán I de Castela pero as relacións enfrontáronse tras a morte do rei castelán (1390). Adoptou unha política favorable á alta nobreza e ás oligarquías cidadás. As dificultades financeiras da coroa agudizáronse nos últimos anos do seu reinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Xobre (A Pobra do Caramiñal). Construíuse en cantaría no s XV, pero ampliouse e mellorouse durante os ss XVI e XVII, polo que presenta algunhas características do estilo gótico e renacentista. Ten dúas alturas e planta rectangular que se organiza arredor dun patio central, cadrado. A fachada principal, do s XVI, remata na esquina dereita cunha torre de catro alturas. A porta conforma un arco de medio punto e sobre ela colocouse un escudo. Ademais da familia Xunqueiras, foron os seus propietarios os Ribadeneira e os Gasset. Foi declarado BIC en 1981.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de xusto.

    2. Correspondencia xusta e exacta de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. O seu irmán Ramón de Zubiaurre Aguirrezábal (Garay, Bizkaia 1882-Madrid 1969) tamén foi pintor. Centráronse en temas populares hispánicos, cun estilo realista e arcaico.

    VER O DETALLE DO TERMO