"Gad" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 472.

  • Que ou quen fustriga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das doce tribos israelitas. O seu nome deriva do seu epónimo, fillo de Xacobe e de Zelfa. O seu territorio estendíase desde o Arnon ata o Yabboq (Transxordania), con Rabbat Ammon como centro principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Karnātaka, India, situada ao L de Hubli (133.918 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Centrou os seus estudios nos métodos das ciencias humanas e buscou harmonizar a verdade e a historia. Das súas obras destacan Wahrheit und Methode (Verdade e método, 1960), Dialogue and Dialectic (1980) e Plato’s dialectical ethics: phenomenological interpretations relating to the Philebus (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferramenta agrícola empregada para segar, que está formada por unha folla longa e curva, rematada en punta, e un mango tamén longo co que se vai manexando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe ou corte que se dá cunha gadaña ou cun gadaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segar coa gadaña ou co gadaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que sega coa gadaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ferramenta agrícola semellante á gadaña, pero coa folla máis pequena e ancha, empregada habitualmente para cortar o toxo e a maleza.

    2. Apeiro de labranza de folla curva, grosa e forte que se emprega para rozar.

    3. Ferramenta de mango longo e dous gallos de ferro, empregada para arrincar o esterco.

    4. Aparello de marisqueo empregado na rastreadura de ameixas desde unha embarcación. Está formado por unha especie de rastro con dentes de ferro terminados en curva, duns 80 cm de lonxitude, amarrados entre si sobre unha platina, da que parte un mango de madeira longo; á súa vez, os dentes están recubertos por unha rede ou tea metálica moi fina para reter os mariscos que se desenterran ao arrastralo polo fondo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga poboación de Palestina, ao SL do lago de Tiberíades e ao L do Xordán. Conquistada por Antíoco III o Grande no 218 a C e posteriormente por Alexandre Janneo a comezos do s I a C. Liberada por Pompeio no 63 a C, a partir do 30 a C formou parte do reino de Herodes o Grande. Posteriormente integrouse como cidade libre na Decápolis (6 d C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou La Madonna dei filosofi (1931), Il castello di Udine (1934), Meraviglie de Italia (1939), Anni (1943), Adalgisa (1943), Novelle dal Ducato in fiamme (1953), Accoppiamenti giudiziosi (1963), Quel pasticiaccio brutto di via Merulana (1957), La cognizione del dolore (1963) e Novella seconda (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político libio. En 1969 dirixiu o golpe de estado que derrocou a monarquía de Idrīs I, tralo que se converteu en comandante en xefe das Forzas Armadas e en presidente do Consello de Mando Revolucionario, que proclamou a República. Clausurou as bases militares estadounidenses e británicas, nacionalizou as concesións estranxeiras de petróleo e tentou a unidade política de Libia con outros países árabes, ao tempo que se opuxo a toda negociación con Israel. En 1976 proclamou a República Popular Árabe Libia, na que gobernou cun programa ideolóxico no que se mesturaban o socialismo, o nacionalismo árabe e o islamismo. A mediados dos oitenta foi considerado polos occidentais como principal promotor do terrorismo internacional. A negativa a extraditar dous presuntos terroristas acusados dun atentado aéreo en 1988, custoulle un duro embargo que se mantivo ata 1999, data na que iniciou unha política de conciliación con Occidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de pintores florentinos activos nos ss XIII e XIV. Gaddo Gaddi (1250?-1327?) coñecido como Gaddo di Zanobi, traballou, entre outros, os mosaicos de Santa Maria Maggiore de Roma. O seu fillo Taddeo Gaddi (1300?-1366?) foi un dos colaboradores de Giotto. Entre as súas obras destacan os frescos da Storie de Maria na capela Baroncelli e da Ultima cea no refectorio da Santa Croce de Florencia. Tratou o espazo de acordo coas premisas compositivas de Giotto, á vez que mantivo tamén un predominio do debuxo, unha gama limitada de cor e unha preocupación polos problemas da perspectiva. O seu fillo Agnolo Gaddi (?-1396) foi o representante da escola florentina da segunda metade do s XIV. Formouse no taller do seu pai e recibiu a influencia de Giotto e de Nardo de Cione. Das súas obras destacan a decoración do presbiterio e os frescos da capela Castellani da Santa Croce de Florencia (1380?), os frescos da capela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome da cidade de Cádiz durante a dominación romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Esteve Ródenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos gádidos.

    2. Peixe da familia dos gádidos.

    3. Familia de actinopterixios da orde dos gadiformes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos gadiformes.

    2. Peixe da orde dos gadiformes.

    3. Orde de peixes actinopterixios de corpo alongado, escamas cicloides e aletas de raios brandos (tres dorsais e dúas anais, ou ben dúas dorsais e unha anal). A miúdo teñen dous filamentos que colgan da mandíbula. Inclúe sobre todo formas de augas profundas, de alta mar e de hábitos depredadores, agrupadas en dúas familias e en vinte e tres especies dunha grande importancia económica, entre as que destacan o bacallau e a pescada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome fenicio da cidade de Cádiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cádiz ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Cádiz.

    VER O DETALLE DO TERMO