"Iros" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 271.

  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Cernado (Manzaneda) e Forcadas (Chandrexa de Queixa). O seu cumio acada os 1.724 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en México a partir de 1959. Cesou en 1968 (nº 4). Subtitulada “Revista do Padroado de Cultura Galega do México”, foi editada por un grupo de galegos exiliados comprometidos co Padroado. De saída irregular (1962, 1965 e 1968) tivo como directores sucesivos a Luís Soto, Carlos Velo, Florencio Delgado Gurriarán e Xosé Caridad Mateos. Incluíu artigos de diversas materias, poesías, contos, debuxos e ensaios de carácter económico, político ou social. Cunha ideoloxía moi aberta, que englobaba o conxunto das tendencias do mundo cultural no exilio, contou cun deseño artístico coordinado por Arturo Souto en que confluíron destacados nomes do momento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal electrónico (http://www.vieiros.com) creado en Santiago de Compostela en 1996 coa pretensión de funcionar como un portal de actualidade feito en galego. Dirixido por Anxo Quintela (2003-2005) e María Yáñez (desde 2005), mantén 15 delegacións locais que informan diariamente das novidades de toda Galicia, ademais de incluír entrevistas e outras informacións monográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Visantoña (Mesía). A planta achégase ao formato en forma de L e presenta na fachada unha torre ameada. Conserva unha solaina con balaústres barrocos. No interior da parte alta da muralla discorre un paseo con balcóns ao exterior. No muro ábrese un portón que conserva un escudo que alude aos Soutomaior e Pimentel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección producida por un virus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén veleno.

    2. Que cheira mal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Illotes situados na Ría de Arousa, pertencentes ao concello da Illa de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xirostato cuxo centro de gravidade permanece inmóbil respecto da rotación. Inventado por J. B. L. Foucault en 1852, emprégase como compás, e é a base dos pilotos automáticos de avións, foguetes e embarcacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido que xira arredor dun eixe libre cun movemento animado que se emprega para estabilizar a dirección que ten lugar nese eixe debida á inercia.

    VER O DETALLE DO TERMO