"López" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 371.

  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Licenciado en Teoloxía na Universidad Pontificia de Comillas (1950), ordenouse sacerdote ese ano e foi nomeado vicechanceler do bispo en 1952. Secretario xeral do Bispado de Lugo desde 1981, é cóengo arquiveiro e encargado do Museo Diocesano-Catedralicio de Lugo. Das súas obras destacan Historias Lucenses (1975) e Nosa Señora do Faro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Promotor da reforma educativa en Galicia, pertenceu ao colectivo Cravo Fondo. As súas composicións poéticas reflicten unha introspección reflexiva sobre o propio devir, estruturadas segundo os parámetros dos contos fantásticos de estilo clásico. Á súa novela iniciática Pulsando la ciudad atormentada (1975), séguelle Tránsito (1984), a súa primeira obra en galego, onde amosa vivencias estudiantís na cidade compostelá. Posteriormente, tirou do prelo Contos nocturnos (1985), os libros poéticos Emaín (1985), Rosa clandestina (Premio Leiadoura 1989) e Areas de fondo (1992) e as novelas O capitán Lobo Negro (Premio da crítica Española 1996) e Os ollos do sentinela (1997). Como ensaísta publicou a triloxía formada por Práctica sentimental (1997), Dialéctica Sentimental (1997) e Animal Sentimental (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e procurador dos tribunais. Membro dos colectivos Cravo fondo e De amor e desamor, parte da súa obra poética está recollida en diversas antoloxías, como Antología de la poesía gallega última (1991). Das súas obras destacan Víspera do día (1979), Alba de auga sonámbula (1983), Agosto (1989), Anel de mel (1993), Campo de Marte (1999), No corazón de Galicia: viaxe polas terras de Chantada e A Ulloa (2001) e Historias del Campo de Marte (2002). Recibiu o Premio Nacional de Poesía (1972), o Premio Celso Emilio Ferreiro (1979) e o Premio de la Crítica Española (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cartógrafo. Estudiou cartografía e técnica de gravado en París. Da súa produción destacan Atlas geográfico de la América Septentrional (1758) e Atlas geográfico de España (1810).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Maxistrado e político. Foi membro da Audiencia de Cáceres (1833) e deputado por Pontevedra e Tui (1837-1852). Membro do Partido Moderado, foi senador vitalicio e membro do Tribunal Supremo desde 1857. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Intérprete, inicialmente de papeis cómicos ou traxicómicos en Novio a la vista (1957), El pisito (1959) o El cochecito (1960), posteriormente deu vida a personaxes máis complexos cos filmes Pippermint frappé (1967), Mi querida señorita (1971), La prima Angélica (1974), La colmena (1982), Esquilache (1989), El largo invierno (1991), Fisterra (1998) e La gran familia... 30 años después (1999). Recibiu a Medalla de Oro de las Bellas Artes, oito Premios Goya e o Premio Nacional de Teatro (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da arte. Especializouse en arte galega e na obra de Goya. Foi membro da Comisión de Expertos da Bienal de Pontevedra (1982) e comisario de diversas exposicións como Compostela na arte galega (1993), Compostelana Historia: Redescubrimento-rexurdimento (1999) e O espello do mar na arte galega dos ss XIX e XX (2003). Entre as súas obras destacan El Arte del Finisterre gallego (1978), Goya: El programa neoplatónico de las pinturas de la Quinta del Sordo (1981), Los Caprichos de Goya y su significado (1982) e Alfredo Brañas e os artistas (2000). É membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1977) e licenciado en 1988 en Ciencias Económicas pola Universidade de África do Sur. No eido da política, foi militante do Partido Popular Galego da Federación de Partidos Demócrata-Cristianos de España (1976), do Partido Galeguista (1978), de Alianza Popular (1983) e membro fundador do Partido Popular Español en Bélxica (1989), do que foi presidente (1998-2001). Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, ten unha ampla traxectoria profesional en materia pesqueira. Entre 1972 e 1978, realizou tarefas de investigación en oceanografía, ecoloxía e bioloxía mariña no Instituto de Investigacións Pesqueiras de Vigo. Ese último ano, ocupou o cargo de secretario técnico da Sociedade Cooperativa de Armadores de Buques de Pesca do Porto de Vigo, entidade da que, en 1982, foi nomeado director-xerente. En 1987 ingresou na Función Pública Europea na Dirección Xeral de Pesca e na Dirección de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Considerado o iniciador da literatura poética contemporánea mexicana, renovou a linguaxe con temáticas novas en que mesturou experiencias do home e o nacionalismo. A súa produción sitúase dentro das correntes posmodernistas, posto que coa súa procura da linguaxe anticipa o ultraísmo e a súa poesía ten dous temas fundamentais, a vida provinciana e o amor. Publicou La sangre devota (1916), Zozobra (1919) e, postumamente, El son del corazón (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Delegado de El Progreso en Sarria e correspondente da axencia EFE en Lugo desde 1970, traballou nunha emisora local (1961-1964) e foi redactor en Radio Cadena e RNE. Director e fundador da Asociación de Periodistas y Estudiosos del Camino de Santiago (APCSA), é cronista oficial de Portomarín. Publicou Sarria, capitalidad del Camino Francés en Tierras de Lugo (1984), Del viejo al nuevo Portomarín (1985), Paradela y su Concello (1990), en colaboración, El Camino Francés en Galicia (1992) e O Cebreiro (2003). Recibiu o Premio Belén de Begonte, o Premio Meigas e Trasgos de Sarria e o Premio Xacobeo 93.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadador. Obtivo catro veces o campionato de Europa e un título mundial en 200 m costas en 1991 en Perth, e outro en 1994, en 100 m costas, en Roma. Gañou a medalla de ouro na especialidade de 200 m costas nos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992 e recibiu a Gran Cruz del Mérito Deportivo (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e compositor. En Madrid estudiou órgano con Anselmo Serna, clave con Genoveva Gálvez e composición con Francisco Guerrero. Integrouse no grupo Rigel (Departamento de Investigación para as Músicas Complexas) que el organizara. Estreou no Auditorio do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid Yen (Contrapunctus) (1988), para frauta, óboe e piano, e Sigot (1989), para 3 percusionistas, tuba e recitador. Tamén compuxo Suite Vollard e Apolésmata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Decorou en 1520 a sala do colexio de Fonseca en Santiago de Compostela, baixo a dirección do mestre Fadrique. Nela predominou a estética renacentista, con frisos de azulexos esmaltados a imitación da decoración romana con follaxe e arabescos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Elixido deputado en 1834, defendeu a ideoloxía progresista. Foi ministro da Gobernación (1836), alcalde de Madrid (1843) e accedeu á presidencia do goberno trala caída de Espartero (1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militante anarcosindicalista. Traballadora na fábrica de estampación La Artística, integrouse no Sindicato de Litógrafos e formou parte do grupo Vanguardia Femenina (FAI) e da Fronte Popular da sección herculina da organización Mujeres Libres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. Foi celeireiro na Coruña ata a exclaustración xeral de 1835. Deixou o convento para levar a cabo un destacado labor apostólico e foi capelán da confraría das Ánimas. Escribiu Colección de Sermones, inédita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras e cantería portugués. Traballou, a partir de 1570, na capela maior da igrexa de Santa María a Maior de Pontevedra e no claustro do mosteiro de Poio. Realizou en Santiago de Compostela o mausoleo do arcebispo Blanco, rematou os engadidos da fachada do Hospital Real e encargouse de deseñar sete capelas da igrexa de San Martiño Pinario (1593) e dous corpos da fachada principal (1597). En 1600 de-señou o muro do convento de San Paio de Antealtares cara á praza da Quintana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadador. Comezou como nadador no Club Natació Sant Andreu e pasou posteriormente ao Club Natació Montjuïc. Gañou a medalla de bronce nos 200 m braza nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988) e foi cuarto nos de Barcelona (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Emigrou a Arxentina e instalouse no estado de Ohio (EE UU). Pertencente á segunda xeración de posguerra, a súa poesía afástase das liñas cultas do s XX. Destacan as súas obras Poesías dun labrego emigrante (1979) e A miña estrela (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e compositor. Foi membro da banda de músicos do rexemento de artillería e director da Banda Municipal de Santiago de Compostela e do Orfeón Gallego de Bos Aires. Destaca a súa obra Na Ruada.

    VER O DETALLE DO TERMO