"Ove" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 360.

  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias da Arnoia, Cartelle e Castrelo do Miño, nos concellos homónimos. O seu cumio acada os 712 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento anónimo italiano da prosa popular do s XIII, coñecido tamén como Libro del bel parlar gentile ou Cento novelle antiche. De orixe florentina, segundo parece pola topografía, e de ambiente burgués, consta de cen contos escritos entre 1281 e 1300 por un autor de cultura media. A súa finalidade non é ético-relixiosa, e máis ben está concibido como un manual de uso. Conservado en oito códices, o máis utilizado é o de Boloña, que foi editado por Gualteruzzi en 1525.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monterroso baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Monterroso. Ten planta en forma de L e a capela está situada a un lado do patio, que conforma o peche en forma de U. Destaca a solaina do primeiro andar, sobre piares que sosteñen o tellado. Conserva o hórreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monterroso. Datada nos ss XII-XIII con reformas do s XVIII, conserva a estrutura románica. Consta de nave rectangular con ábsida tamén rectangular e os muros son de cachotaría e cantaría de granito con cuberta a dúas e catro augas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de arquitectos expresionistas alemáns que, a finais da Primeira Guerra Mundial, se organizaron coa intención de reconstruír Alemaña despois do desastre. Vinculados activamente ao proceso revolucionario alemán de 1918 e seguindo o exemplo soviético de 1917, intentaron facer unha arquitectura ao servizo do pobo. O fundador foi B. Taut, seguido por H. Poelzig, P. Behrens e H. Scharoun. W. Gropius, F. Ll. Wright e Mies van der Rohe, antes de formular o racionalismo arquitectónico rigoroso, estiveron tamén vinculados ao grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Undécimo mes do ano de 30 días, que inician as festas de Todos os Santos e dos Defuntos. No antigo calendario romano era o noveno dos meses, do que lle provén o nome, aínda que tamén se chama mes de Santos, das Ánimas, das Almas e de san Martiño. Os refráns referentes a novembro aluden á sementeira e ás choivas que lle fan boa sazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de pregarias ou de actos relixiosos que se fan durante nove días.

      2. Libro que contén as oracións que se fan nestes nove días.

    1. Intervalo musical que abrangue nove graos da escala diatónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Libro de novenas.

    2. Funeral do noveno día despois da morte de alguén.

    3. Período de nove días que se emprega para rezar pola memoria dun defunto.

    4. Novena que se predicaba o mes de novembro, a cargo da confraría das ánimas do purgatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa o lugar número nove nunha serie.

    2. Que corresponde a cada unha das nove partes iguais en que se divide un todo.

    3. Cada unha das nove partes en que se divide un todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nove veces dez.

    2. Que ocupa o lugar número noventa nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a nonaxésimo.

    3. Representación gráfica deste número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 90 e na romana por XC.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. En 1747 compuxo o seu primeiro espectáculo para a Opéra Comique. Foi primeiro bailarín e mestre de baile nos principais teatros de Francia, Alemaña, Gran Bretaña, Austria e Italia. Publicou Lettres sur la danse et sur les ballets (1760).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, bañado por diversos regueiros que aflúen ao Guadarrama (1.597 h [2001]). A base económica é agrícola e gandeira, con industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade da mocidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suplemento publicado na Guarda e Vigo a partir de 1939. Apareceu baixo o subtítulo “Suplemento de vacaciones del Colegio del Apóstol Santiago”, publicado en conxunto coa revista trimestral O Noso Lar, editada polos Padres Xesuítas. Algúns dos seus números publicáronse en Mondariz, onde os relixiosos residiron tras a súa volta de Portugal, onde se refuxiaran durante a Segunda República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe de pequeno tamaño -rara vez supera os 15 cm de longo-, que presenta o corpo alongado en forma de tubo, cuberto de grandes escamas, agás a cabeza, e ollos luminosos. Ten unha cor acastañada, sendo máis clara pola parte inferior. OBS: Tamén se denomina olloverde escamoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Coñecido como O Gaiteiro do Fragoso, foi membro da Banda de Música Municipal da cidade de Vigo (desde 1946), profesor de gaita do Conservatorio Profesional de Música de Vigo (1971-1983) e da Agrupación Breogán de Moaña (1987-2004). Foi o autor do método de ensino Leccións de gaita (1978), e escribiu un total de 223 composicións para este instrumento. Recibiu a Gaita de Ouro do Ateneo Ferrolán (2001) e o Premio da Crítica de Galicia no apartado musical (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribadeo baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro conde de Galicia. Membro da familia dos Osorio, mantivo o condado xunto co seu fillo Rodrigo Ovéquiz ata 1090, cando foi outorgado por Afonso VI a Reimundo de Borgoña e Urraca. Encabezaron unha revolta señorial contra o Rei Afonso VI.

    VER O DETALLE DO TERMO