"Pérez" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 270.

  • GALICIA

    Xornalista. Doutor (1993) en Ciencias da Información pola Universitat Autónoma de Barcelona, traballou en La Región, La Voz de Galicia e Antena 3 Radio. Docente na Autónoma de Barcelona e na Universidade de Santiago de Compostela, foi director do departamento de Ciencias da Comunicación. Publicou A linguaxe radiofónica (1993), Falsos e información na televisión (1996), Os informativos na radio (1996), Prensa y nuevas tecnologías (1998), A comunicación na era dixital (1999), Informativos radiofónicos (2003) e El tratamiento informativo del lenguaje audiovisual (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Baixo a súa iniciativa creouse o Banco de La Coruña (1917), do que foi o seu presidente ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento notarial, datado en 1259, que probablemente teña a súa orixe en Ribadavia. É un dos primeiros textos non literarios escritos en romance galego dentro das fronteiras actuais de Galicia. É posible que se trate dun rascuño anterior a unha versión definitiva (en latín ou xa en romance) ou, quizais, un traslado parcial dun orixinal que talvez solicitou o mosteiro de Oseira. O documento evidencia a falta de fixación gráfica e a carencia dunha scripta consolidada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Ademais de conseguir o Campionato de España en diversas ocasións, proclamouse campión do Mundo en pista cuberta en 800 m, en París (1985), e campión de Europa da mesma especialidade en Budapest (1983). Recibiu a medalla de prata da Real Orden del Mérito Deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico, compositor e director de orquestra. Estudou no seminario de Santiago de Compostela, onde se iniciou na música e se ordenou sacerdote (1966). Continuou os estudos de solfexo e piano con Ángel Brage e licenciouse en Canto Gregoriano na Escuela Superior de Música Sagrada de Madrid. Posteriormente, estudou no Conservatorio de Roma, onde estreou obras, como Canto azteca, Grandes som os desertos e Um dia de festa na aldeia. En 1977 dirixiu o Conservatorio Elemental de Santiago de Compostela. En 1978 fundou a Orquesta de Santiago e o Grupo de Vento da Orquesta de Santiago. Foi membro fundador da Sociedade Filharmónica de Santiago. Na década de 1990 accedeu á dirección da Xoven Orquestra de Galicia, coa que recuperou gran parte do repertorio de compositores galegos como Andrés Gaos ou Melchor López. Publicou en colaboración con Carlos Villanueva diversos libros, como Vilancicos galegos da catedral de Santiago (1980) e Polifonía Sacra galega (1982)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da arte. Doutorouse coa tese Las fundaciones de Clairvaux en la Galicia medieval. Filiación directa: el siglo XII (1981). Director do Museo de Pontevedra desde 1986, especializouse no estudo da arte medieval. Comisario de numerosas exposicións e colaborador de diversas publicacións, das súas obras destacan El monasterio de Armenteira (1977), La arquitectura cisterciense en Galicia (1982), Les Fondaments de l’architecture de l’ordre de Citeaux (1982) e Castelao e as cruces de pedra (1999). Ademais coordinou Imaxes da arte en Galicia (1991), Do tardogótico ao manierismo (1995) e Desde el cielo a Pontevedra (2003). Membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, pertence a diversas academias e sociedades artísticas e históricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Foi presidente do Círculo das Artes e do Consello de Área de Lugo de Caixa Galicia, vicepresidente do Consello de Administración e presidente da Comisión de Control de Caixa Galicia. Foi deputado por Lugo na IV, V e parte da VI lexislatura, polo Partido Popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. De formación autodidacta, cultivou tamén o gravado e a escultura. Realizou paisaxes en que inscribiu diversos obxectos. A súa obra evolucionou desde unha pintura reivindicativa cara á abstracción, apoiada nunha base culturalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Vigo 1956) Ceramista. Graduado en artes aplicadas pola Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela (1980), ampliou estudos, entre outros, no Euro­pean Ceramics Work Centre de Holanda. Profesor de cerámica en divesos centros, no seu traballo emprega principalmente a terra combinada con outros materiais como o cristal, o metal, a madeira ou o formigón. As súas obras, aínda que deixen ver un mundo abstracto, están en relación directa coa realidade. Destacan Comulga si puedes (1989-1990), Cuadernavia (1993), Nomancontro (1995-1997) e, desde 1999, a serie Viricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e historiador. Foi soldado voluntario ata que decidiu abandonar o corpo en 1850. Introduciuse nos círculos literarios provincialistas a través das súas colaboracións sobre historia galega na prensa, como en El Recreo Compostelano (1842-1843), Crónica de Occidente, El Diario e Revista Galaica. Foi director de El Clamor de Galicia (1854-1856). Influído por Walter Scott, a súa obra agrúpase en 50 volumes e divídese en novelas históricas, cabaleirescas, sociais ou costumistas, como El caballero verde (1844), Los hidalgos de Monforte (1851), en que conta o enfrontamento entre o conde de Lemos e os irmandiños, mandados polo mariscal Pardo de Cela; Magdalena (1861) e El cazador de fantasmas (1877). Tamén escribiu Los reyes suevos de Galicia (1860), La baronesa de Frije (1874) e Historia de Galicia (1865-1873), unha obra dividida en sete tomos, onde amosa a súa faceta como historiador...

    VER O DETALLE DO TERMO