"USA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 381.

  • Empresa curtidora situada en Padrón. Ten a súa orixe nunha fábrica de curtidos establecida en 1875 no pazo da Matanza, fundada polos seus propietarios, a familia Novo y Sierra. Despois da Guerra Civil Española fusionouse co empresario catalán Ignacio Zaragoza Salvado e formou a sociedade Zaragoza-Novo y Sierra (Zaise), ata que en 1952 foi vendida a I. Zaragoza, tomando o nome de Pieles, Curtidos y Lanas SA (Picusa). Comezou entón un período de expansión e modernización tecnolóxica. En 1980 adquiriuna a sociedade RUMASA e en 1983, coa expropiación da mesma, quedou en mans do Estado ata que en 1985 foi adxudicada a Juan Javier Zaragoza e Ricardo Vila Camasovilas que a mantiveron ata que en 1995 entrou en suspensión de pagos. Desde 1997 pertence ao Grupo Cortizo e tomou a denominación actual. A súa produción anual, 3,6 millóns de pés2, está destinada ao calzado e a marroquinaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Grupo de illas situado ao SO das antigas Balears. Comprende as illas de Eivissa (Pitiusa Maior, denominada tamén a illa Pitiusa), Formentera (Pitiusa Menor), e unha multitude de illas pequenas. Responde a unha necesidade de diferenciación histórica e xeográfica de Eivissa e Formentera respecto a Mallorca e a Menorca, as antigas Balears grande e pequena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de pousar.

    2. Descanso que se fai durante o traballo.

    3. Casa de campo que se utiliza para o descanso.

    4. Lugar onde se pousa unha carga para descansar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Limia que nace na parroquia de Couso de Salas e desemboca na de Barxés, no concello de Muíños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que trae como armas, en campo de azul, unha casa de sable, con perfís de prata, e acompañada de dúas cadeas de ouro, postas en orla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre, cooperativista e galeguista. Sometido a depuración, o seu expediente como estudante normalista tivo unha penalización de dous anos con imposibilidade de incorporarse á docencia. En 1948, por invitación de Antonio Fernández López, iniciou en Barreiros (Sarria) unha escola unitaria rural, a Escola Agrícola da Granxa de Barreiros, que, seguindo a metodoloxía didáctica de O. Decroly e outras orientacións propias da escola nova europea, serviría de modelo para outras experiencias de escola rural aberta e integrada no medio campesiño que se levaron a cabo en diversas parroquias de Galicia e, sobre todo, na provincia de Lugo durante os anos cincuenta e sesenta, por impulso de Antonio Fernández López.
    Na fin dos anos sesenta reintegrouse de novo ao ensino público, e incorporouse ao grupo de Pedagoxía Freinet en Galicia. Entre 1964 e 1969, dirixiu a empresa Agropecuaria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Comezou a súa formación artística en 1944 con Antonio Fernández. En 1950 recibiu unha pensión da Deputación de Pontevedra e do Concello de Tomiño e asistiu como alumno libre a clases de debuxo no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Ao ano seguinte ingresou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando e realizou a súa primeira mostra en Pontevedra. Estudou os distintos estilos e escolas artísticas españolas e europeas ao longo de diversas viaxes e en 1955 recibiu unha pensión para asistir a El Paular (Segovia), onde cultivou a paisaxe. Neste mesmo ano concedéronlle o Premio de Estado Carmen del Río da Academia de San Fernando. Rematou os seus estudos en 1956 e tras realizar novas viaxes regresou a Galicia en 1959. Durante a súa residencia en Ourense a partir de 1962 vinculouse aos Artistiñas de Vicente Risco, cos que realizou diversas mostras e participou na decoración do Hotel Mindanao de Madrid e dalgúns Paradores de Turismo de España (1966). Ao redor de 1967-1968 cofundou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Redactor de A Nosa Terra (1977-1979), La Voz de Galicia (1979-1993) e director de Antena 3 Radio en Santiago de Compostela (1990-1993), foi profesor de comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela desde 1996. Publicou Guía del Camino de Santiago (1982), El camino de Santiago (1992), El sistema radiofónico gallego (1995) e A imaxe sonora na radio en Galicia (2001). Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010. 

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Casa onde se hospeda xente pagando unha cantidade de cartos.

    2. Feito de hospedar a alguén.

    3. Cantidade de herba, cereal ou toxo que queda no chan antes de enfeixalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baleira baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boqueixón baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación de santa Catarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sobrado baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Barbanza que nace e desemboca na parroquia de Cures (Boiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Pousada (Boqueixón). Ten planta cuadrangular e a edificación orixinal do s XVI sufriu numerosas reformas. Vinculado aos Castro, conserva a porta adornada con puntas de diamante en xambas e lintel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Chantada. Ten forma horizontal e conta cun patio con galería nos tres corpos de estrutura irregular. No interior destaca a cociña-lareira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Oleiros. Ten planta rectangular e un primeiro corpo de tres andares e o resto da edificación de dous. Conta cun balcón de madeira sobre ménsulas de pedra substituíndo a primitiva galería. Na fachada leste presenta un escudo no centro. Destaca a porta de entrada con escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que rexenta unha pousada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Luaces (Pol). Construída en cachotaría, presenta planta en forma de L cun saínte onde se sitúa a capela. Ten patín corrido e cuberto, con balaústre e pilares de madeira, no ángulo interno. Destacan os dous escudos da fachada principal e o da capela.

    VER O DETALLE DO TERMO